18 DE AGOSTO · DÍA INTERNACIONAL DA ARQUEOLOXÍA
Dedicado a todos os
profesionais que, coa súa investigación e o seu traballo, desenterran o noso
pasado para devolvelo á sociedade.
Con chuvia, neve,
frío ou corenta graos ao sol. En condicións difíciles e, nalgúns lugares do
mundo, mesmo en contextos de guerra, persecución ou ameaza. A arqueoloxía é
unha profesión esixente, paciente e moitas veces pouco recoñecida, malia
cumprir unha función esencial: investigar, coñecer, protexer e salvagardar un
patrimonio que pertence a todos.
Este día está dedicado a eses profesionais que, ás veces, aínda teñen que convivir coa incomprensión ou cunha imaxe distorsionada do seu traballo. Porque detrás de cada escavación, de cada prospección, de cada estudo ou de cada peza recuperada hai horas de investigación, documentación e interpretación.
A arqueoloxía
contribúe a facernos máis conscientes de quen somos porque nos permite coñecer
quen fomos. Recupera aquelo que o tempo sepultou e que a memoria humana deixou
de transmitir. Cada fragmento, cada estrutura, cada estrato e cada obxecto
poden converterse nunha páxina máis dese enorme relato colectivo que é a
historia da humanidade.
O 18 de agosto
coincide coa festividade de santa Helena, nai do emperador Constantino o Grande
e tradicionalmente considerada patroa dos arqueólogos. Segundo a tradición
cristiá, Helena viaxou a Terra Santa no século IV na procura dos lugares e das
reliquias relacionados coa paixón e crucifixión de Cristo. Aínda que
evidentemente non podemos falar de arqueoloxía no sentido científico e moderno
do termo, esa procura do pasado a través dos seus vestixios fixo que a
tradición a vinculase simbolicamente coa profesión arqueolóxica.
Pero o 18 de agosto
ten tamén un significado moito máis recente e doloroso.
Nesta mesma data,
no ano 2015, foi asasinado Khaled al-Asaad, arqueólogo sirio e durante décadas
responsable das antigüidades de Palmira. A súa figura converteuse nun símbolo
internacional da defensa do patrimonio cultural fronte á barbarie e á destrución.
Por iso, lembrar a arqueoloxía neste día é tamén lembrar a todas aquelas
persoas que, en diferentes lugares do mundo, protexen o patrimonio mesmo en
circunstancias extremas.
O traballo
arqueolóxico é necesariamente lento e minucioso. Os grandes avances raramente
se producen dun día para outro. Cómpre escavar, documentar, debuxar,
fotografar, clasificar, estudar, comparar, formular hipóteses e, ás veces,
volver empezar. Como sucede noutras disciplinas científicas, unha investigación
pode prolongarse durante anos antes de ofrecer respostas.
Pero cada pequeno
avance amplía o noso coñecemento.
A arqueoloxía
recupera aquelo que xa non podemos preguntar a ninguén. Reconstrúe historias a
partir do que sobreviviu ao paso do tempo e incorpora novas páxinas ao álbum
colectivo do noso pasado, axudándonos a comprender mellor quen somos e de onde
vimos.
Por iso, dende este
Museo, que naceu precisamente arredor dunha colección e dunha vocación
arqueolóxicas, queremos felicitar especialmente a todos os arqueólogos e
arqueólogas que, en pleno mes de agosto, continúan a pé de escavación: co
paletín, co sacho, coa cinta métrica, coa cámara, coa carpeta de debuxo, coas
fichas aínda por cubrir e coa paciencia imprescindible para interpretar cada
indicio.
Aos que traballan
baixo o sol e baixo a chuvia.
Aos que investigan
durante meses o que outros apenas verán durante uns segundos nunha vitrina.
Aos que teñen que explicar unha e outra vez por que é necesario documentar
antes de destruír.
Aos que protexen o patrimonio fronte á ignorancia, ás présas ou aos intereses
económicos.
E tamén aos que, demasiadas veces, teñen que soportar incomprensión, malas
caras ou faltas de respecto simplemente por cumprir coa súa responsabilidade
profesional.
Porque a
arqueoloxía non consiste unicamente en desenterrar cousas antigas. Consiste en
recuperar historias, protexer a memoria e transmitirlla ás xeracións que virán
despois de nós.
E porque o
patrimonio non pertence ao arqueólogo que o escava nin ao museo que o conserva.
Perténcenos a
todos.
Por todos vós,
compañeiros e compañeiras: feliz Día Internacional da Arqueoloxía.
A continuación
deixamos a reflexión que o MAN (Museo Arqueológico Nacional) fixo na súa páxina
de Facebook no ano 2023: "La
Plataforma Estatal de Profesionales de la Arqueología decidió el pasado año
(2022) declarar el 18 de agosto como Día Internacional de la Arqueología, una
fecha que, coincidiría con el día de Santa Elena, patrona de los arqueólogos y
con la que, además, se quiere rendir homenaje al arqueólogo sirio Khaled al
Asaad, director del Sitio Arqueológico y del Museo de Palmira, que fue
asesinado por el grupo terrorista Daesh al no querer relevar ubicación de las
piezas arqueológicas más importantes de su país un día como hoy en 2015.
Desde el Museo Arqueológico Nacional apoyamos a todo el colectivo de
arqueólogos y arqueólogas del país que trabaja a diario por la salvaguarda de
nuestro patrimonio arqueológico, su estudio y difusión.
Son múltiples los ámbitos en los que los especialistas en arqueología
desarrollan su labor: museos, universidades, centros de investigación, empresas
privadas, o centros de gestión estatal, autonómica o local. En todos ellos nos
encontramos con profesionales que enseñan, investigan, gestionan, excavan,
restauran, y difunden los resultados para acercarlo a la ciudadanía y fomentar
la conciencia común en torno a este tipo de patrimonio”.
