Adxuntamos a continuación o catálogo da Biblioteca do Museo en formato Excel.
Os libros están clasificados atendendo ás seguintes categorías:
- Arqueoloxía (memorias de escavacións, teses doutorais, informes, e literatura arqueolóxica)
- Arte (pintura, escultura, arquitectura, monumentos e manuais de arte)
- Biblioteca Histórica (composta por volumes editados antes dos anos ´70)
- Camiño de Santiago (libros sobre esta temática en exclusiva tanto de arte, como de historia, arqueoloxía, guías, catálogos, estudos...)
- Catálogos (libros sobre catálogos de exposicións organizadas por Museos de Galicia e España)
- Etnografía (publicaciós centradas nesta temática, fundamentalmente sobre temas de costumes, usos, ferramentas, útiles,..)
- Guías (cadernos didácticos e guías de visitas de Museos e institucións)
- Historia (tanto de Galicia como de temática xeral)
- Literatura (composta por obras de escritores galegos e autores locais)
- DVD (colección de vídeos editados por outros Museos, centros de interpretación e Asociacións)
- Boletíns (produto do intercambio de publicacións con institucións, Museos e centros de interpretación de Galicia, España e Portugal)
- Revistas (publicacións peiódicas de índole etnográfica, histórica e museística)
Moitos dos volumes que contén a nosa Biblioteca poderían estar agrupados en máis dunha categoría, pero conservouse o método de clasificación que xa existía dende os comezos da mesma, procedendo dende o ano 2012, únicamente o siglado de cada un dos exemplares.
A consulta dos libros debe efectuarse en sala exclusivamente, podendo sair en préstamo algún exemplar só en determinadas condicións que serían negociables co persoal do Museo.