O Museo da Terra de Melide componse de sete salas repartidas en tres plantas.
Está dedicado á Historia, Arqueoloxía e Etnografía da Comarca da Terra de Melide
Planta Baixa
Sala 0

A recepción ó Museo e oficina de información patrimonial.
Paneis de fotografías dos monumentos do Camiño de Santiago ó seu paso por Melide.
Sección de Historia de Melide e arte medieval: capiteis, xambas, linteis, sartegos,...
Breve historia documental do Hospital de peregrinos.
Nas escaleiras de acceso ó primeiro andar podemos ver unha mostra fotográfica d pintura mural (s. XVI) das igrexas da Comarca.
Esta sala tamén se utiliza como lugar de exposicións, para todos aqueles que queiran amosar ás súas creacións. Para elo deben poñerse en contacto co persoal do Museo.
1º ANDAR

O 1º andar está dedicado á arqueoloxía. Dividido en dúas salas onde se poden ver os achados casuais froito das labores do campo (sala 1), e os achados de escavacións arqueolóxicas científicamente dirixidas (sala 2). No pasillo que comunica ambas salas hai unha serie de fotografías de xacementos arqueolóxicos da comarca: Mámoas, Dólmens, Castros,... e de escavacións arqueolóxicas.

A sala 1 de arqueoloxía utilízase tamén como sala de audiovisuais, podendo celebrar nela ciclos e conferencias que precisen dun aparato de TV para a súa posta en escena.
Estase emitindo a tempo completo un audoivisual sobre o patrimonio comarcal.
A Sala 2 conta ademais, cunha coleción de moedas e reloxos.
Sala 1

Conta ademais cunha vitrina dedicada á metalurxia da Idade do Bronce e útiles do Paleolítico e Neolítico.
Está tamén é a sala de audiovisuais.
Sala 2

Exponse así mesmo, o tesouro de Gondrei, unha colección de moedas Baixo imperiais (s. IV d.C.), atopadas no Concello de Sobrado dos Monxes.
Temos ademais, nesta sala unha vitrina cunha colección de moedas, billetes e reloxos contemporáneos.
Esta sala é utilizada para presentacións de libros e outros actos culturais.
2º ANDAR

A partir do 2º andar comeza a sección etnográfica. Esta sección está dedicada á mostra de oficios tradicionais na Comarca (zapateiros, zoqueiros, telleiros, reposteiros,...), así como outros traballos cotiás como as labores do campo, o traballo do liño e a lá, a escola e a casa. No pasillo que comunica o 2º co 3º andar hai unha colección fotográfica de bandas de musica e agrupacións folclóricas que tanta importancia tiveron e teñen nestas terras.
Sala 3

Mostra dedicada ó ferreiro coa exposición dunha forxa, barquín e zafra recollidas dunha ferreiría tradicional. Conta tamén con ferramentas e apeiros propios do seu traballo, así como unha mostra dos materias que fabrica: reixas, tixolas, apeiros de labranza,...
Fronte a esta está o zapateiro e o zoqueiro, dous oficios tradicionais de Melide, que conta cos apeiros e ferramentas propias dos talleres tradicionais.
Sala 4
Nesta sala continúa a mostra etnográfica co oficio de carpinterio, co seu banco de traballo, e diversas ferramentas, así como distintos tornos utilizados para o traballo da madeira. Tamén conta cun obradoiro de gaitas.
Exponse tamén unha colección de apeiros do agro e de gandeiría, así como un pequeno taller de telleiro e unha mostra de cestería tradicional. Completan a mostra os útiles de traballo do albardeiro, oficio tradicional e tan importante noutras épocas.
3º ANDAR
O último andar está dedicado ó tecido e confección, á casa e á escola. Dividido tamén en dúas salas conta ademáis cunha mostra de artesanía en madeira de artistas locais así como de pintura.
Sala 5

A mostra complétase cunha pequena representación do xastre e a costureira, así como doutros dous oficios urbanos como eran o barbeiro e o fotógrafo.
|
Sala 6

Polas paredes poden verse as obras de artistas locais, entre o que destacan as tallas do mestre Nilo Cea, que retratan a vida cotiá e o sentimento propio do pobo galego.
Desde o balcón do fondo tense unha magnífica vista do interior da Igrexa parroquial, podendo ver o retablo do s. XVII iluminado.