venres, 27 de xuño de 2025

 VALORIZACIÓN DO DECANO DOS CRUCEIROS DE GALICIA 

Unha vez co Cruceiro de Melide de volta na casa despois dun período de algo máis de tres meses de ausencia do seu emprazamento, imos continuar amosando particularidades e compartindo novas que teñen que ver con este singular ben do patrimonio cultural.

Na serie “Arelando polo retorno do Cruceiro máis antigo de Galicia”, chegouse ata a entrega décimo terceira. Agora coa nova serie que leva por título “Valorización do decano dos cruceiros de Galicia” imos continuar coa numeración correlativa, iniciando esta nova andaina co número 14 que precisamente cadra coa cronoloxía coa que decote se vinculou ó Cruceiro de Melide, mais a tenor dunha análise máis en profundidade e botando man de metodoloxías de contraste comparativo, que permiten determinar unha concreción de cronoloxía relativa, todo induce a encadralo no século XIII no cal se produce a simbiose entre as fórmulas do Románico coas novas pautas do Gótico.

mércores, 21 de maio de 2025

PERIPLO POLOS MUSEOS COMARCAIS DE GALICIA (3ª entrada): MUSEO ETNOGRÁFICO LISTE DE OSEIRA (O PRIMEIRO MUSEO ETNOGRÁFICO DE GALICIA).


Nesta nova entrada sobre os museos das comarcas galegas imos reparar nun espectacular museo, de titularidade privada, que aínda non tratándose dun museo comarcal como tal (senón dun inmenso compendio de pezas procedentes do conxunto das comarcas galegas) si que se trata dunha das maiores coleccións etnográficas do país.
Na xeografía galega existen interesantes coleccións, moi completas e diversas, que amosan a singularidade etnográfica do pobo galego, algunhas delas espectaculares en canto a contidos como poden ser as do Museo “Casa do patrón”, na parroquia de Doade (Lalín); o compostelán Museo “Sotelo Blanco” que recolle numerosas pezas procedentes da comarca da Terra de Caldelas; os museos eumeses etnográficos “Da Capela” e o “Monte Caxado”, entre outros, dos que xa falaremos no seu momento.

domingo, 29 de decembro de 2024

 O CRUCEIRO DE VOLTA EN MELIDE: VALORACIÓNS A TENOR DA RESTAURACIÓN



Co gallo da restauración do Cruceiro de Melide, parécenos un bo xeito de centrar a relevancia do coidado e valorización do patrimonio, facendo unha disertación a tenor dos traballos de restauración do mesmo, quedando agora por levar a cabo as correspondentes accións de posta en valor.
As valoracións, non as únicas (posto que aínda compre analizar algúns aspectos de asociación entre o elemento e o marco ou contorna contextual), teñen que ver con dúas variables; a primeira e a principal é a da propia intervención nos elementos históricos e artísticos (cruz e varal) e, a segunda, tería que ver cos elementos de nova execución (peana e pavimentación perimetral).

venres, 20 de decembro de 2024

 La magia de los belenes germina en Melide

Por Ana María Pérez Vázquez

                                            


Desde hace tres años se realiza por iniciativa particular la exhibición de un belén en la Iglesia de San Roque durante los días de Navidad. A petición del equipo de técnicos del Museo Terra de Melide se procederá a explicar en detalle cada una de las distintas escenografías que se han expuesto al público y que se están conservando posteriormente con el objetivo de realizar en un futuro una exposición de belenes.

De manera previa, no obstente, sería conveniente hacer algunas puntualizaciones generales sobre el belenismo, pues puede resultar conveniente para explicar a continuación los detalles particulares de las escenografías ya mencionadas.

 

sábado, 9 de novembro de 2024

ARELANDO O RETORNO DO CRUCEIRO MÁIS ANTIGO DE GALICIA


Ao longo de 13 semanas e 98 xornadas, o Museo elaborou unha serie de artigos para publicar en Facebook nos que facíamos fincapé en distintos aspectos do Cruceiro, motivado pola súa retirada para a restauración da que foi obxecto. Nestas xornadas, dende o 24 de xullo en que foi retirado, ata o 31 de outubro en que retornou ao seu lugar, estivemos expectantes, arelantes e sobre todo preocupados polo seu estado, por como ían avanzando os traballos (dos que apenas tiñamos coñecemento) e por cando e en que estado retornaría.

Esta é a crónica deses 98 días sen o Cruceiro.

martes, 15 de outubro de 2024

NA PROCURA DA MARCA “CRUCEIROS GÓTICOS DE GALICIA”: (1ª parte)

Fotografía publicada no "Terra de Melide" do Seminario de Estudos Galegos, ano 1933


Na arelada procura da marca “CRUCEIROS GÓTICOS DE GALICIA/ CRUCES DE PEDRA, presumiblemente anteriores á Contrarreforma, dende o Museo estamos a facer un percorrido por todos e cada un dos cruceiros galegos que se consideran seren producidos nos séculos XIV, XV e comezos do XVI, é dicir en datas previas ás teses contrarreformistas derivadas de Trento.

mércores, 2 de outubro de 2024

PERIPLO POLOS MUSEOS COMARCAIS DE GALICIA (2ª entrada):
MUSEO MUNICIPAL DE PONTEAREAS


A mediados do mes de decembro do 2023 iniciamos un percorrido polos museos de ámbito comarcal espallados pola xeografía de Galicia. Ben é certo que a idea inicial era ir un pouco máis áxiles con estas entregas, pero por circunstancias de programación non resultou posible poder ir agregando contidos a este respecto, mais a intencionalidade é que a cadencia non sexa tan espaciada.
Nesta segunda entrega queremos amosar unha visión do Museo Municipal de Ponteareas que, centrado no eido arqueolóxico e histórico, amosa unha visión do pasado local así como dos restantes concellos das comarcas do Condado (da cal Ponteareas é a súa capital) e das veciñas comarcas da Paradanta e do Baixo Miño, das que hai mostras do seu pasado arqueolóxico.

  VALORIZACIÓN DO DECANO DOS CRUCEIROS DE GALICIA  Unha vez co Cruceiro de Melide de volta na casa despois dun período de algo máis de tres ...