Biblioteca


Catálogo da Biblioteca 

do Museo da Terra de Melide


Adxuntamos a continuación o catálogo da Biblioteca do Museo en formato Excel.
Os libros están clasificados atendendo ás seguintes categorías:

  • Arqueoloxía (memorias de escavacións, teses doutorais, informes, e literatura arqueolóxica)
  • Arte (pintura, escultura, arquitectura, monumentos e manuais de arte)
  • Biblioteca Histórica (composta por volumes editados antes dos anos ´70)
  • Camiño de Santiago (libros sobre esta temática en exclusiva tanto de arte, como de historia, arqueoloxía, guías, catálogos, estudos...)
  • Catálogos (libros sobre catálogos de exposicións organizadas por Museos de Galicia e España)
  • Etnografía (publicaciós centradas nesta temática, fundamentalmente sobre temas de costumes, usos, ferramentas, útiles,..)
  • Guías (cadernos didácticos e guías de visitas de Museos e institucións)
  • Historia (tanto de Galicia como de temática xeral)
  • Literatura (composta por obras de escritores galegos e autores locais)
  • DVD (colección de vídeos editados por outros Museos, centros de interpretación e Asociacións)
  • Boletíns (produto do intercambio de publicacións con institucións, Museos e centros de interpretación de Galicia, España e Portugal)
  • Revistas (publicacións peiódicas de índole etnográfica, histórica e museística)

Moitos dos volumes que contén a nosa Biblioteca poderían estar agrupados en máis dunha categoría, pero conservouse o método de clasificación que xa existía dende os comezos da mesma, procedendo dende o ano 2012, únicamente o siglado de cada un dos exemplares.


A consulta dos libros debe efectuarse en sala exclusivamente, podendo sair en préstamo algún exemplar só en determinadas condicións que serían negociables co persoal do Museo.



Catálogo Dixital da Biblioteca





  SIMBOLOXÍA, MITOS E RITOS NA TERRA DE MELIDE A BALANZA DO CRUCEIRO DE MELIDE Certamente o Cruceiro de Melide, o decano dos cruceiros gale...