PETADORES DE PORTAS: OS DEVANCEIROS DOS TIMBRES
Pero tamén podemos ver outros modelos máis ou menos elaborados: dende as máis sinxelas argolas ata os que imitan elementos vexetais ou mesmo animais como lagartos que semellan trepar pola porta ou formas xeométricas propias do modernismo, eclecticismo e racionalismo.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Os petadores, por outra banda, acostumaban poñerse nas casas urbanas non atopándose estes modelos nas vivendas rurais tradicionais agás que se trate de Casas Grandes. Isto pode ser debido a que nos ámbitos máis urbanos as portas das casas acostuman a estar pechadas e para acceder a elas compre “anunciar” a chegada, petando na porta.
A continuación deixamos unha escolma de imaxes de diversos petadores que podemos ver en Melide, atopándose espallados por toda a vila: dende as casas do Cruceiro, pasando polo Casco Vello ata as estradas de Lugo e Agolada, pasando tamén pola rúa do Progreso ata a Codeseira, e tamén amosamos algún do Campo Grande e de Priorada.
Artigo e fotos elaborado por Xurxo Broz Rodríguez e Cristina Vázquez Neira