martes, 8 de setembro de 2020

 CASAS DE ESTILO RACIONALISTA EN MELIDE


O Racionalismo, tamén coñecido como ‘Estilo Internacional’ é unha corrente arquitectónica propia do século XX, e vinculada ós ‘ismos’ culturais propios das vangardas de principios de século, como o modernismo, cubismo, surrealismo, dadaísmo... Xurdiu nos anos 20 e prolongouse ata os 60 do citado século, sufrindo diferentes variacións estilísticas ó longo das diferentes décadas, pero sempre mantendo a idea de purismo e limpeza. 

Destaca pola sinxeleza das súas formas, facendo apenas uso de elementos decorativos externos, centrándose no deseño de liñas puras e xeométricas e a utilización de materiais modernos como o ferro ou o cristal pero sempre en liñas rectas e sen ornamentación, a solución para as casas en esquina case sempre foi a de rematalas en curva, creando unha idea de continuidade e espazo que flúe. Unha das principais características é a utilización do formigón como material construtivo, prescindindo da pedra e ladrillos. Trátase por tanto da concepción de ‘estilo moderno’ ou ‘contemporáneo’ aplicado á arquitectura, abandonando a ornamentación e deseño que se veu producindo ata o século XIX.

En Melide temos innumerables exemplos deste estilo arquitectónico, por coincidir coa primeira fase de boom construtivo e de expansión urbanística da vila. As primeiras casas construídas neste estilo responden ó modelo internacional con casas de liñas rectas nas que destacan amplos ventanais xeométricos e balcóns con varandas de ferro de fábrica tamén coas liñas rectas. Co paso das décadas o estilo foise facendo menos elaborado pasando a edificar casas máis sinxelas pero que gardan as liñas xerais, como a falta de ornamentación, a utilización do formigón, os balcóns con varandas de ferro sen ornamentar. É evidente tamén a utilización de molduras en formigón, nos aleiros dos tellados e que se pode considerar o único elemento decorativo, aínda que responde ás pautas propias do estilo: liñas rectas.

A continuación deixamos varios exemplos de casas racionalistas en Melide, aínda que podemos contabilizar máis de 80 edificacións, repartidas por todas as rúas da vila, sen excepción. Non todas foron edificadas no mesmo momento senón que se foron construíndo neste identificable estilo dende os anos 30 ata os 60 do século XX.

Ronda da Coruña

       
       
        
          


Casco Vello

 

   
   


        
        
       
     
      
         
      
   










Avenida de Lugo

      


Rúa do Progreso e Codeseira

      
      
      
      
      
      
      


Avenida da Habana

          

      


Avenida de América


        


Avenida de Galicia














Campo Grande

             


Cantón de San Roque

        
       

Barrio de Don Vicente













Avenida de Toques Friol - O Forte


          
          










Alexandre Bóveda e Ronda de Pontevedra

         
        
       













Artigo elaborado por Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez
Fotos dos autores.

  SIMBOLOXÍA, MITOS E RITOS NA TERRA DE MELIDE A BALANZA DO CRUCEIRO DE MELIDE Certamente o Cruceiro de Melide, o decano dos cruceiros gale...