mércores, 13 de xullo de 2022

 XUBILACIÓN DE MARÍA LÓPEZ MIGUÉLEZ: A PRIMEIRA AXENTE DE POLICIA DE MELIDE.


Co gallo da recente xubilación de María despois de 33 anos vestindo o uniforme da Policía Local de Melide, o primeiro que queremos facer é desexarlle unha feliz xubilación e que a nova etapa, que agora comeza, resulte o máis reconfortante posible, de proveito, boa saúde e motivadora.

Mais tamén imos aproveitar este acontecemento coma un pretexto para elaborar unha retrospectiva sobre os inicios de María no corpo municipal, en comparativa, ou máis ben perspectiva, respecto ós albores da incorporación da muller ás Forzas e Corpos de Seguridade, presentes na xeografía galega e, por extensión, no conxunto do Estado. Unha incorporación que cabe definir realmente coma serodia, xa que verdadeiramente se produce dende hai poucas décadas, como imos ver nesta entrada, sendo poucos os exemplos que agroman durante o Réxime, polo que case se pode considerar que se trata dun avance froito da Democracia e, precisamente, foi nos corpos de policía dependentes das administracións municipais nos que podemos atopar as máis temperás e precursoras irrupcións da muller en departamentos de seguridade pública (sendo nos únicos nos que se poden documentar as primeiras promocións de policías, en feminino, antes do ocaso da Ditadura).

Tamén se pode aseverar, sen lugar a dúbidas, que aparte de serodiamente tamén chega “mal e arrastro”, debido a que a sociedade española, ó igual que acontece en todo o relativo a asuntos de pensamento, moral e de adaptación ó cambio, aínda ben entrados en Democracia viña arrastrando prexuízos pretéritos, uns prexuízos encorsetados que fan que a mentalidade vaia moito a rebufo, no referido a cuestións da concepción das cousas e, entre elas, inclúese a cuestión de xénero, posto que aínda situándonos en pleno 2022 podemos ver como o machismo non está erradicado de todo, e moito menos aínda nas décadas dos 70-90, no que as pioneiras nas policías tiñan que escoitar toda caste de improperios, desdéns e ostracismo no profesional. Nese eido dicir que aínda que é totalmente certo que hoxe absolutamente a ninguén se lle fai raro ver a mulleres con uniforme de policía, o certo é que a súa proporción é manifestamente modesta, non hai máis que fixarse nas estatísticas oficiais para decatarse que no total das Policías Locais galegas o porcentaxe feminino apenas chega ó 10% do total dos planteis *.

*Na Memoria de Coordinación de Policías Locais de Galicia do ano 2020 reflíctese que dun total de 2109 prazas ocupadas, 1917 son por homes (90,9%) e somentes 191 o son por mulleres (9,1%). Segundo os datos extraídos da memoria de 2020 (datos non actualizados xa que non se computan as incorporacións das dúas últimas promocións de Policías Locais de Galicia).

 Táboa coas prazas ocupadas por mulleres nas plantillas de Policías Locais de Galicia no ano 2020:


        A Coruña                             Lugo                                                Ourense                                          Pontevedra 

Ames

4

Becerreá

1

Bande

1

Gondomar

2

Arteixo

1

Cervo

1

O Barco

2 (actualmente 3)

O Grove

2

Arzúa

1

Foz

2 (actualmente 3)

O Carballiño

1

Lalín

1

Bergondo

1

Lugo

8

Ourense

8

Marín

2

Boiro

3

Monforte

1

Verín

1

Mos

1

Cabanas

1

Sarria

1

 

Poio

2

Camariñas

1

Viveiro

1

Ponteareas

1

Cambre

2

Xove

1

Pontecesures

1

Carballo

1

 

Pontevedra

15

Cee

1

O Porriño

1

Cerceda

1

Redondela

3

Coristanco

1

Salceda          de Caselas

1

A Coruña

37

Sanxenxo

5

Culleredo

2

Vigo

35

Ferrol

4

Vila de Cruces

1

Melide

1

Vilagarcía      de

Arousa

3

Muros

1

 

Narón

1

Oleiros

2

Ordes 

1 (actualmente 2)

Ortigueira

1

Padrón

1

Ponteceso

1

As Pontes

1

Ribeira

3

Sada

1

Santa

Comba

1

Santiago

10

Total     por provincias

*

86

 

16

 

13

 

75

*O total desta táboa suma 189, polo que non coincide cos datos aportados na estatística (na que apuntan que había 191), que debe ter algún erro á hora de computar o total, debendo faltar dúas que non se incorporaron á suma total.



Así pois antes de desenvolver este tema, o da incorporación da muller ós diferentes corpos policiais, volvemos ó caso máis inmediato e que temos máis presente, que é o de María López, a da primeira muller que viste o uniforme de Policía Local en Melide, sendo a primeira e única muller que baixo a categoría de “Policía” (recollida na Lei de Coordinación de Policías Locais de Galicia) e con condición de funcionaria houbo na Policía de Melide, posto que pola mesma pasaron de xeito eventual outras tres mulleres, coa condición de Auxiliar de Policía Local (elas foron Silvia Fociños e Merche Ayude, que prestaron servizo intermitente entre os anos 2007 e 2010 e Jihane Jamladi, que exerceu en Melide no verán do 2021).

Cando se realizou este artigo, no mes de abril deste 2022, aínda non foran contratados os auxiliares desta tempada polo que descoñeciamos os reforzos previstos para este exercicio, que se concretaron en tres auxiliares como apoio durante seis meses (de xuño a novembro) e dos que dúas son mulleres.



Foto: Ano 2009, vense de costas ás axentes María López (policía) e Merche Ayude (Auxiliar). Foto extraída da páxina web Formación 112.

 


María incorpórase ó departamento municipal, xunto a outros catro compañeiros, no mes de xullo do ano 1989 (sendo alcalde Manuel Ángel Rei Rodríguez e tenente de alcalde Xosé Domingos Fuciños), en calidade de auxiliar de policía para reforzar ó reducido plantel de policías existente nese momento (Jaime Frade, Gonzalo Louzao e Eduardo Mosteiro), así pois pasouse de contar con tres axentes a oito (tres policías e 5 auxiliares).


 

Foto: Verán de 1989, cadro de axentes da Policía Local, incluíndo ós 5 novos auxiliares. De esquerda a dereita: Fernando Mellid, Fernando Méndez, Juan J. Mosteiro, María López, Tito Segade, Eduardo Mosteiro, Jaime Frade e Gonzalo Louzao. Apréciase na foto, por parte de María, o emprego de bolso e de zapato tipo salón, de verán. Chama a atención ver como os auxiliares levan complementos acordes á estética do momento, con gorras con prato de oito puntas e banda con faixa en cadros brancos, e tamén levan cintos co escudo constitucional de España, e tamén como os policías (os veteranos) aínda non tiñan o uniforme adaptado ó momento ( portan gorra de prato circular, sen banda de cadros, e ata levan cintos co escudo vixente no período da Transición, aprobado no ano 1977). Fotos Manolo.



Dous anos máis tarde, o día 28 de febreiro de 1991 convócanse tres prazas para ampliar a plantilla de policías (funcionarios) para, en vez de con tres axentes, poder contar cun plantel de 6 policías. No arquivo municipal consérvase o texto da convocatoria:

Moción de la Alcaldía. Dadas las circunstancias que concurren tales como ampliación de sercicios en general, debido al incremento paulatino de la urbe y sus dotaciones que necesitan una mayor vigilancia unido al escaso personal de esta clase (Policía Local), solamente tres en plantilla, hace que se proponga su aumento con la creación de plazas de Guardias de Policía Local.

Así pois, a partir da referida convocatoria de prazas, e unha vez celebrada o correspondente proceso de oposición pública, fanse coas prazas tres daqueles 5 auxiliares que se incorporan no verán do 1989. Unha das prazas gañouna María, e as outras dúas Juan J. Mosteiro e R. Fernando Mellid (axentes que permanecen no servizo actualmente). Os tres novos policías aproban a oposición o 22 de xuño de 1991, e dous días máis tarde prodúcese o nomeamento público ).


 

 Foto:Ano 1992. Instalacións da cooperativa Melisanto. Os tres axentes máis novos da Policía Local nese momento, vestindo uniformidade de campaña (R. Fernando Mellid, María López e Juan J. Mosteiro), completaban o plantel, neses anos, os veteranos Jaime Frade, Gonzalo Louzao e Eduardo Mosteiro.



Foto: día 5 de xaneiro de 2017. Vemos ós tres mesmos axentes (da anterior foto) no exterior do Pazo de Congresos de Melide. Nese intre non había máis axentes en plantilla (hoxe, no 2022, volve haber 6, 5 tras a xubilación e María). Foto realizada por Xurxo Broz.

 

Estes tres axentes, no ano 2017, reciben por parte da Xunta de Galicia o “Distintivo de Permanencia da Policía Local de Galicia”, por unha traxectoria ininterrompida de 25 anos de continuidade no corpo, e por non ter ningunha tacha no seu expediente profesional (matizar que nese cómputo non se contemplan os dous anos que exerceron como auxiliares, senón os que detentaron como funcionarios).



Foto: 15 de decembro do 2017: Acto de recepción do Distintivo de Permanencia dos 25 anos de servizo, na sede da AGASP na Estrada. Foto extraída do Facebook do Concello de Melide.




15 de decembro do 2017: Acto de recepción do Distintivo de Permanencia dos 25 anos de servizo, na sede da AGASP na Estrada. Foto extraída do Facebook do Concello de Melide.



 15  de decembro do 2017: Acto de recepción do Distintivo de Permanencia dos 25 anos de servizo, na sede da AGASP na Estrada. Foto extraída do Facebook do Concello de Ordes

 

Nos comezos de María, como axente auxiliar, era posible vela (nos meses de verán e en servizos diurnos) vestindo pantalón de pinzas e zapato salón baixo, con acompañamento de bolso sen cruzar, ou con saia ou faldra e co típico zapato feminino de vestir, de tacón medio, acompañado igualmente de bolso. Esta uniformidade, tan pouco apropiada para o servizo en cuestión, pero moi frecuente nas mulleres policías naqueles anos, mesmo nos servizos “de rúa” soía trocarse nos meses máis fríos pola mesma que usaban os compañeiros homes, polo que obviamente a saia deixaba sitio ó pantalón de pinzas e o zapato de medio tacón e o salón ó botín de cana baixa.


 

 

Foto: Primavera ou verán de 1989. María con uniformidade de paseo, con saia, zapato de vestir de tacón e bolso sen cruzar, e no lado esquerdo, no da defensa (porra). Fotos facilitas pola propia axente.

 


 

                                 Foto: Mesmo ano 1989 pero coa versión do uniforme con pantalón e zapato tipo salón.


Xa a comezos dos 90 (ano 91 ou 92) establécese na Policía Local de Melide do mesmo xeito, e por imitación, con moitas outras policías locais galegas (fundamentalmente nas das urbes principais e en concellos relativamente grandes, no tocante ó padrón de habitantes e con planteis de certa consideración) unha segunda uniformidade definida coma “de campaña”, concibida principalmente para os servizos de noite, no que a gorra de prato deixa lugar á boina (soían estar fabricadas pola firma Elosegui de Navarra) e o zapato ou botín á bota militar, na que se mete o pantalón por dentro (que co tempo acaba sendo con corte de campaña, tipo militar, con laterais petos nas pernas, e mesmo se troca a característica cazadora de tela denominada “guerreira” pola cazadora de coiro negra, e a camisa azul celeste por un “sueter” de colo volto de cor negra).

Despois de algo máis de tres décadas na Policía de Melide foron moitísimas as remudas no uniforme oficial, moitas delas “ó gusto” das diferentes plantillas, e somentes dúas “uniformizadas” e comúns a todos os corpos de Policía Local de Galicia, vinculantes e de obrigado cumprimento por decreto de Lei de Coordinación, entre as que figura a do tempo presente. O mesmo aconteceu coa imaxe exterior dos vehículos de patrulla, nos que a administración autonómica tamén regula a imaxe e rotulación exterior, en aras dunha homoxeneidade e busca dunha imaxe corporativa común a todas as Policías Locais existentes na xeografía galega e, dese xeito tamén se decretou en dous momentos diferentes o patrón de rotulación e de distintivos oficiais.


 A presenza da muller na Policía Local de Galicia

Volvendo ó tema da presencia de mulleres policía nos corpos municipais de Galicia sinalar que, como xa se apuntou previamente, tan só hai rexistradas un total de 191 dun total de 2109 axentes en activo (memoria do ano 2020), e que delas son moi poucas as que ostentan a xefatura do corpo en cuestión: das sete cidades principais unicamente en Ourense hai unha muller á fronte do departamento, a intendente (pertencente á escala técnica) María Barrera, as outras poucas que hai na actualidade, o son en concellos pequenos e de plantel moi escaso, Cabanas e Ponteceso (ambos na Coruña) e poida que en Meaño (Pontevedra), que se encadran na escala básica.

Hai poucos anos xubilouse a inspectora principal (escala executiva) Mari Carmen Roca , quen foi durante moitos anos a xefa da Policía Local de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), que se incorpora á Policía no ano 1986, e que no ano 1988 se converte na primeira muller ó mando dun corpo de policía dependente dun consistorio en todo o territorio español. Tamén no Concello de Oleiros (A Coruña) houbo unha muller ó cargo, que se viu obrigada a abandonar o posto por mor dunha lesión, e polo que fomos recollendo tamén houbo axentes que lideraron a Policía nos concellos de Cerceda (A Coruña) e no de O Grove (Pontevedra) e, xa non dimos con máis exemplos.

Nos casos de concellos onde hai axentes femininas as ratios porcentuais acostuman a estar moi descompensadas, habendo poucos exemplos de porcentaxes máis ou menos significativas, agás nalgún concello coma no de Vila de Cruces, onde o 100% son mulleres, pero é debido a que unicamente contan cun efectivo, ou no de Arzúa que chegan o 50%, por non seren máis ca dous axentes (a axente mesmo se viu na obriga de prestar o servizo en solitario entre o ano 2015 ata comezos deste 2022) , e así hai paridade numérica. Algo mellor ratio ofrece o concello de Foz (Lugo), onde ocupan 1/3, habendo un total de tres mulleres para un corpo de 9 efectivos; no de Santa Comba (A Coruña) onde non hai moitos anos eran dúas mulleres, nun cadro de cinco axentes (agora so debe quedar unha polo que se desprende da Memoria de coordinación de Policías Locais do ano 2020). Resulta moi curioso o caso dun termo municipal, fora de Galicia, o de Olocau situado na bisbarra do Camp de Túria (Comunidade Valenciá) onde hai tres mulleres no corpo local e ningún home, ou tamén se da a circunstancia que no Concello da Illa de Arousa (Pontevedra) na actualidade cunha plantilla de tres efectivos, sendo dous homes e unha muller, contan na actualidade cun reforzo temporal de dúas auxiliares, contratadas temporalmente, polo que hai máis uniformadas ca uniformados nestes intres (tres mulleres, incluíndo ás dúas auxiliares temporais, e dous homes).

Xa apuntamos que en Melide, grazas á incorporación de María no ano 89, hai ben anos que nos resulta totalmente habitual ver unha axente no servizo, circunstancia que en moitísimas entidades locais aínda non se deu e, ¡xa estamos no ano 2022!. Mais curiosamente en concellos veciños ó noso tamén hai anos que “se estrearon”, polo que poderiamos dicir que na Galicia Central levamos menos retraso. En Arzúa ingresa, en xuño de 1990, Eva Rodríguez, quen no ano 2016 se lle outorga o Distintivo de Permanencia polos 25 anos de servizo; en Lalín, Cecilia González, a quen se lle concede o Distintivo de Permanencia no 2020 e, en Vila de Cruces, Mari Flor Rodríguez tamén leva moitos anos vestindo o uniforme, nese caso en solitario.

En Galicia hai que retrotraerse ó ano 1978 para asistir á incorporación da muller ós corpos de outora denominados “Policía Municipal”, e iso acontece na cidade herculina, cando se convocan cinco prazas para mulleres, aprobando unicamente tres, xa que en 1978 el municipio lanzó una convocatoria de cinco plazas de Policía Local, solo para mujeres. La respuesta fué multitudinaria, pero dos puestos quedaron vacantes...” O alcalde naquel momento, José Manuel Liaño Flores se planteó emular al Ayuntamiento de Madrid, cuyas calles ya eran patrulladas por agentes del género femenino, explica Liaño. “Me pareció necesario hacerlo, además la ley ya lo permitía” (extraído do blog: loretosilvoso.blogspot.com).

 

Foto: Formación de Policías Municipais na Praza de María Pita a principios da década de 1980. Podemos ver a unha muller, que debe ser unha das primeiras. Extraída da páxina web da Asociación Profesional de Policía Local.

 

Foto: Principios da década de 1980. Vemos a unha Policía Municipal regulando o tráfico na Rúa San Andrés esquina coa Rúa Nova, en pleno centro da Coruña. Extraída da páxina web da Asociación Profesional de Policía Local.

 

Foto: Foto do ano 1985. Toma de posesión do cargo dos novos policías locais da Coruña onde podemos ver a nove mulleres. Extraída da páxina web da Asociación Profesional de Policía Local.


No ano 1981 incorpóranse igualmente tres mulleres á Policía da Cidade Olívica. No 1984 entra na Policía do concello compostelá Belén Baños, a primeira axente. O 2 de maio do 1985 entran sete mulleres no corpo da Cidade do Lérez. En decembro do 1986 ingresa Nina Sánchez no corpo de Oleiros, no que acaba detentando a xefatura local, o mesmo que acontece en Vilagarcía de Arousa, coa citada Mari Carmen Roca, quen accede antes á xefatura (1ª xefe de corpo de Policía Local do Estado). E, no ano 1990, entran as tres primeiras mulleres no acuartelamento lucense, sito no antigo cárcere do Partido Xudicial de Lugo ( foi a sede da Policía Local ata o ano 2012).

A aqueles que nos tocou residir na Cidade do Apóstol na década dos 90, por mor dos estudios, resultábanos habitual ver á axente Belén Santos regulando o tráfico na Praza Galicia, ou na arteria que comunica esta coa Porta do Camiño (Fonte de San Antonio e Virxe da Cerca), onde se concentraban varios colexios. Resultaba bastante chamativa pola súa recorrente maquillaxe, polo uso habitual de pendentes e outros compoñentes de adorno persoal, e polo uso de bolso, zapato de tacón e saia nos meses de verán. Naqueles primeiros anos 90 prodúcese o ingreso da segunda muller no corpo, Lourdes Grobas, quen no ano 92 se incorpora á Unidade de Seguridade Cidadá (polo que muda a gorra de prato pola boina, a garabata polo pano no pescozo, e o calzado de diario pola bota militar), un grupo alcumado popularmente segundo recolle o xornal “El Correo Gallego” como o “policía de la noche”, ou, “los negros”. A propia axente manifesta no citado rotativo como era a encargada de realizar os cacheos a mulleres, tanto no acuartelamento da Policía Local, coma na comisaría da Policía Nacional, ó non contar o corpo estatal con mulleres por aquel entón. A mesma circunstancia se ten dado en Melide, onde se ten solicitado a comparecencia de María por parte da Garda Civil, para o exercicio do mesmo cometido, ante a inexistencia de axentes mulleres no cuartel, nos anos previos á incorporación ó posto da axente que xa leva bastantes anos no mesmo. E tamén foi naqueles primeiros anos 90, concretamente no 1992, cando ingresa na Policía da Cidade do Apóstol a terceira axente do corpo, Begoña del Río, quen destacaba pola súa estatura e esvelteza. Tamén resultaba habitual vela, ó igual que a Belén Santos, regulando o tráfico en horas punta, coincidentes coa saída dos colexios, co conseguinte enorme trafego de coches e buses urbanos da Compañía Trapsa. Dende hai varios anos, dende o 2014, Begoña troca o uniforme de Policía Local polo de Protección Civil, ó ser nomeada Xefa da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago de Compostela, en calidade de técnico responsable ou xefa do servizo.


Foto: Comezos da década de 1990. Vemos as tres primeiras axentes da Policía Local de Santiago de Compostela, Belén Santos, Lourdes Grobas e Begoña del Río. Belén e Begoña formaban parte da Sección de Tráfico, e Lourdes da de Seguridade Cidadá. Foto extraída de elcorreogallego.es 16 de xaneiro de 2018.


As primeiras axentes de Policía no estado español:

Curiosamente foi nun corpo municipal onde irrompe a muller nos Corpos e Forzas de Seguridade. Estamos a falar do corpo de Policía Municipal de Córdoba, Municipal que non Local, sinalando que os corpos dependentes das administracións municipais ata os anos 80-90 non se lles denomina “Policía Local”, e ós axentes do corpo se lles recoñecía coma “guardias municipales”, “policías municipales” e, fundamentalmente e sinxelamente coma “municipales”. Tamén era común en moitos corpos de Cataluña o nomenclator de “Guardia Urbana”, que aínda se mantén na actualidade en moitos corpos, tal é o caso do corpo da Guardia Urbana de Barcelona, entre outros.

Pois ben, foi na “Local” de Córdoba, “Municipal” naqueles intres de hai 5 décadas cando se fai un proceso de oposición restrinxida para mulleres, cando ingresan as 10 primeiras uniformadas no Estado. Nunha histórica data do 27 de abril do ano 1970, hai agora 52 anos, ingresan no corpo cordobés as irmás Lola e Delfina Tapia, xunto a outras 8 mulleres máis, nunha convocatoria restrinxida unicamente a mulleres. Aínda tratándose dunha oposición concibida unicamente para a incorporación de 10 mulleres, unha vez que vestiron o uniforme tiveron que padecer críticas, insultos e improperios, nos que se lles afeaba que lle estaban quitando o pan a “pais de familia”, cando en realidade a convocatoria do concurso- oposición non deixaba lugar a dúbidas de que estaba restrinxido ás mulleres.

Como se extrae de numerosas entradas que falan do acontecemento na prensa dixital, e que resulta moi doado consultar, os comezos non foron nada doados. Entre outros temas un dos primeiros a abordar era o asunto da uniformidade, que daquelas (e mesmo ata entrados os anos

90) se pensaba que debería diferir da dos homes, polo que se primaba a estética mal entendida coma feminina respecto á funcionalidade. Así pois vemos na prensa dixital como nese caso cordobés, ó igual que acontece en sucesivos municipios onde comezan a incorporar mulleres, non estaba recollido nos marcos normativos vixentes a uniformidade feminina. No caso cordubense botouse man dun modisto local para elaborar catro deseños diferentes, e tocoulle a Delfina Tapia desfilar ante o Pleno municipal, integrado so por homes, para que optaran por un deles. Finalmente aprobaron un, cunha aparencia máis asemellada á dunha azafata ca á dunha axente dun corpo de policía. Como se pode ver nas fotos que amosamos consistía nunha uniformidade pouco acaída para a función. Comenta Delfina que lle mandaron sentarse para comprobar se á falda, de tendencia longa, deixaba os xeonllos á vista (entendida tal cousa como inapropiada), e que aquela primeira promoción de policías optou por subir as saias por riba do xeonllo, por causa de estilismo e por reafirmación e intención contestataria.

O emprego obrigado da saia e zapato de tacón supuña un tremendo atranco para un correcto desenvolvemento do traballo. Delfina refire como nunha ocasión, estando de servizo cun compañeiro tivo que acudir a un parque no que unhas persoas estaban a cometer actos vandálicos na zona de aparataxe de xogos infantís, e que para tal efecto se viran obrigados a ter que saltar unha tapia, coa dificultade que supón ter que facelo con faldra e zapato de tacón. O compañeiro puido facelo sen dificultades, pero a ela resultoulle complicado. Ó día seguinte expuxo as súas queixas ó mando xerárquico correspondente e, unha vez máis, so foron queixas ó aire.


 

Foto: Podemos ver ás irmáns Delfina e Lola Tapia. Dúas das dez primeiras mulleres da Policía Municipal de Córdoba, pertencentes á primeira promoción de mulleres policías do Estado Español. Foto extraída do Diario Córdoba, 15 de novembro de 2020 

 Foto: Acto de toma de posesión no ano 1970 das dez primeiras axentes de Policía Municipal de Córdoba. As primeiras policías que houbo en España. Foto extraída de Diario Las Provincias, 10 de outubro de 2017.

 Foto: Acto de toma de posesión no ano 1970 das dez primeiras axentes de Policía Municipal de Córdoba. As primeiras policías que houbo en España. Foto extraída de Diario Las Provincias, 10 de outubro de 2017.

 Foto: Axente da Policía Municipal de Córdoba regulando o tráfico rodado. Apréciase a diferencia claramente diferenciadora entre os uniformes de muller e o de home. Foto extraída de “El Correo de Andalucía”, 25 de maio de 2020.

Foto: Axente da Policía Municipal de Córdoba regulando o tráfico con luvas brancas e bolso. Foto extraída de “El Correo de Andalucía”, 25 de maio de 2020.

Foto: Cupón da ONCE do 16 de novembro de 2020 conmemorando os 50 anos da incorporación da muller á Policía da cidade coa Catedral de fondo.

Aquelas 10 primeiras axentes tiveron que padecer toda caste de improperios e exabruptos, escoitar frases de que se foran a fregar, irse para a cociña, ou mesmo ir a zurcir calcetíns. A unha compañeira mesmo chegaron a tirarlle tomates dende unha furgoneta mentres estaba a dirixir o tráfico. As autoridades políticas acostumaban a botar man delas a xeito de “muller floreiro”, optando por situalas en cometidos onde estiveran expostas ó público o máximo posible (regulación do tráfico, nas entradas ó campo de fútbol ou á praza de touros, etc ), basicamente por un mero afán de propaganda e populismo do máis barato.

Nun principio estaban abocadas a vestir de azafatas, traballar en solitario e non en binomios, non dispor nin de equipo de transmisión, nin de arma, nin de vehículo (entre outras cousas porque os pouco que había estaban para uso exclusivo dos mandos). E, cando unha quedaba embarazada tiña que seguir a regular o tráfico, incluso ata o mes, sen apenas poder abrochar a saia (cando se queixaban ás autoridades a única resposta é que colleran unha baixa, como se dunha doenza se tratara).

Dezaseis anos máis tarde, e por ironías ou malfados do destino, quixo a desgracia que a Policía Local de Córdoba volvera ocupar a portada de moitos xornais e encabezar partes de Telediario..., no ano 1996 a situación da muller no corpo da Policía Local apenas tiña nada que ver coas do comezo, as axentes xa portaban revólveres, ó igual cos seus compañeiros, patrullaban en parellas (independentemente de se eran mixtas ou non) e movíanse en vehículos, en suma, nada que ver coa situación dos anos 70, pero de novo encabezando rotativos, pero, ¿cal foi o motivo?. O motivo foi que nunha fatídica xornada do día 18 de decembro de 1996 caen en acto de servizo, acribilladas a balazos dun subfusil de asalto, dúas axentes e compañeiras de patrulla, converténdose nas primeiras axentes de policía española que falecen no exercicio da profesión. Na mañá daquela xornada, despois de perpetrarse un atraco violento nunha entidade do Banco de Santander, por parte dun grupo de catro antisistemas formado por tres italianos e un arxentino, e estando de servizo de patrulla as axentes María Soledad Muñoz Navarro e Mari Ángeles García García (que formaban parte da “Unidad de Seguridad de la Policía Local de Córdoba”) comezan a persecución a bordo dun patrulleiro Citroen ZX, ata que un dos atracadores, nunha parada nun paso de peóns, descende do vehículo disparando unha refacho de munición do subfusil, sen tan sequera ter elas a oportunidade de desenfundar os seus revólveres. Así pois a Policía Local de Córdoba volve a ser noticia, e por unha desgraza en maiúsculos, por mor do asasinato das primeiras axentes de policía en acto de servizo.

 Foto: Marisol Muñóz e Mari Ángeles García primeiras axentes caídas en acto de servizo, asasinadas o día 18 de decembro de 1996. Foto extraída do diario dixital El Español, 12 de decembro de 2021

Falando de caída en acto de servizo vénsenos á cabeza o desafortunado episodio acontecido nunha noite do ano 2017 no termo municipal de Carballo (A Coruña), cando resulta atropelado mortalmente o axente da Policía Local carballesa José Luis Varela Vales, cando estaba a realizar un control e resulta embestido por un condutor bébedo e irresponsable. O axente Garea previamente fora axente na Policía Local de Cerceda (A Coruña), onde exercera a xefatura, e que era moi coñecido nesta zona debido ós seus vínculos melidaos, vínculos que mantivo sempre, chegando a plantexarse prestar servizo na Policía Local de Melide, mediante a solicitude dunha comisión de servizo, arela que nunca chegou a cumprirse.

Despois da incorporación da muller á Policía de Córdoba no ano 70 séguelle no ano 1971 a primeira promoción de axentes da Policía Municipal de Madrid.

O día 2 de outubro do ano 1971 ingresan 51 mulleres ó corpo da Policía Municipal de Madrid. Así pois, non foron as pioneiras, pero si as primeiras na regulación do tráfico rodado. Tamén na capital tiñan que vestir de faldra e zapatos con tacón (no inverno con bota campeira alta) e portar bolso sen cruzar, aspectos que lles resultaban de todo incómodos e inoperativos no decurso do traballo a desenvolver, e do que non se cansaban de expoñer as pertinentes queixas. 


Foto: Axente da Policía Municipal de Madrid regulando o tráfico. Vemos a uniformidade de entretempo na que luce gorra de prato, levita, bolso bandoleira e botas campeiras con tacón. Foto extraída de Diario de Madrid, 6 de xullo de 2021.



Foto: Axente da Policía Municipal de Madrid regulando o tráfico. Nesta ocasión vemos a uniformidade de verán na que luce gorra de prato, camisa de manga longa, saia curte por riba do xeonllo, bolso bandoleira e zapato salón con tacón. Foto extraída de Diario de Madrid, 6 de xullo de 2021.

 Foto: Ano 1971. Academia de Policía Municipal de Madrid, coa primeira promoción feminina que incorporaba 51 mulleres. Foto extraída de Diario de Madrid, 6 de xullo de 2021.

   Foto: Ano 1976. Desfile da sección feminina da Policía Municipal de Madrid, na Praza Maior. Extraída do blog ellasparatodos.home.blog.

 Foto actual dunha a xente da Policía Municipal de Madrid vestindo a uniformidade que se levaba na década de 1970, con sombreiro bombín, bolso e saia. Extraída do xornal ABC, 24 de xuño de 2021.

 Foto: Axentes da Policía Municipal de Madrid cunha mostra de algúns dos diferentes uniformes cos que contou o corpo. A segunda pola esquerda correspóndese coas promocións dos 70/80, e o da dereita é o uniforme actual do corpo. A excepción do segundo, coa saia, os demais que se poden ver na foto son unisex sen distinción de xénero. O uniforme actual non está claro canto se vai manter no tempo, posto que xa se está a desenvolver un decreto lei de uniformidade unificada para todos os corpos de Policía Local da Comunidade de Madrid, e non está claro se na propia capital van a adoitar a normativa marco. Extraída da web 65ymas.com, 26 de xuño de 2021.


Foi no ano 1972 cando se incorporan 13 mulleres ó corpo da Policía Municipal de Zaragoza ocupando o terceiro posto do podio, Estas pioneiras son adscritas á “Unidad de Tráfico, Sección de circulación a pie”, que debían vestir saia e levar bolso, pero non portar armas nin utilizar os coches patrulla.


Foto: Primeira promoción de mulleres da Policía Municipal de Zaragoza, do ano 1972. Nas fontes consultadas refiren que foron 13 as pioneiras, aínda que a foto amosa que deberon ser 14. Foto extraída do xornal “Heraldo de Aragón” do 6 de xuño de 2022, celebrándose así os 50 anos da incorporación da muller ó Corpo.



Foto: Axente da Policía Municipal de Zaragoza regulando o tráfico ó carón da Basílica do Pilar. Foto extraída do xornal “Heraldo de Aragón” do 6 de xuño de 2022.


Podemos ver outra temperá irrupción de uniformadas no corpo de Policía Municipal de Valladolid (curiosamente tanto no caso da Policía de Madrid, como no da capital do Pisuerga, aínda se mantén na actualidade o nomenclator de “Policía Municipal”, a diferencia do habitual na meirande parte dos corpos que dependen das corporacións locais, no conxunto do estado). En Valladolid acceden o 1 de xaneiro do 1973 as primeiras 15 mulleres á Policía (á Escala Feminina), despois de asinar unha cláusula obrigatoria conforme renunciaban a contraer matrimonio, cláusula que foi revocada a raíz de que unha das axentes incumprira o asinado e que, tras xudicializarse o asunto, o tribunal resolvera favorablemente a favor da axente. Tamén tiñan a obrigatoriedade de levar o pelo recollido e a prestar servizo unicamente nas oficinas.


 Foto: Catro da promoción das quince primeira mulleres da Policía Municipal de Valladolid. Visten uniforme de “azafata” para prestar servizo en oficina. Foto do arquivo da Policía Municipal de Valladolid.

 

Foto: Manequín do Museo da Policía Municipal de Valladolid coa uniformidade para o servizo na rúa na década de 1970. Foto do arquivo da Policía Municipal de Valladolid.

 

Incorporación ás outras Forzas e Corpos de Seguridade:

En resposta ó artigo 104.2 da Constitución Española, que determina as funcións, cometidos, principios básicos de actuación e os estatutos das Forzas e Corpos de Seguridad” promúlgase a Lei Orgánica 2/1986 do 13 de marzo das “Fuerzas y Cuerpos de Seguridad, no que se crean as pautas e parámetros do modelo policial español, en base á existencia de diferentes corpos de seguridade:

-Do Estado: enténdendose como tales a Garda Civil e o Corpo Nacional de Policía.

-Das Comunidades Autónomas: Ertzaintza, Mossos D´Esquadra, Policía Foral de Navarra (“Nafarroako Forunzaingoa”) e o Cuerpo General de Policía de Canarias (sen contar as catro autonomías que contan con Unidades Adscritas, do Corpo Nacional de Policía: Andalucía, Aragón, Comunidade Valenciana e Galicia). Un caso singular é o do corpo de Miñones (Policía Foral de Álava, ó servizo da Deputación Foral de Álava e na actualidade integrado organicamente na Ertzainzta).

-Das Corporacións Municipais: Policía Local/ Policía Municipal/ Guardia Urbana (son estas es tres denominacións máis recorrentes nos corpos de Policía das entidades municipais).

Todos eses corpos de raigame moi antiga (a excepción da Policía de Canarias, creada no 2010, e as diferentes Unidades de Policía Adscritas, que se inician no primeiro lustro da década dos 90, agás a de Aragón que se formaliza hai tan 17 anos) foron incorporando mulleres no seu cadro, pero sempre serodiamente e aínda na actualidade cunhas ratios moi descompensadas.


Incorporación da muller nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado:

 

Hai que remontarse ó ano 1979 cando se incorporan ó Cuerpo Superior de Policía unha promoción de 42 mulleres (inspectoras). Indicar que o extinto Cuerpo Superior foi unha resultante das políticas gubernamentais derivadas da Transición, na procura de transformacións claramente visibles para o conxunto da sociedade española. Entre as moitas novidades inclúese a Ley de Policía, do ano 1978, impulsada polo ministro de Gobernación Rodolfo Martín Villa. Nesa liña o novo corpo ven a suplir, ou mellor dito a reconverter ó Cuerpo General de Policía, un corpo non uniformado, creado a comezos da Ditadura de Franco, concretamente no ano 1941, ó tempo da creación do Cuerpo de Policía Armada, policía militarizada uniformada, alcumada coma “os grises”, que pasou á fama pola súa acción represiva durante o Réxime. Coa reforma de Martín Villa, en ara de novos tintes de visibilización das políticas da Transición o corpo non uniformado (o Cuerpo General de Policía), trócase no Cuerpo Superior de Policía, e a Policía Armada da paso á Policía Nacional, un corpo reconvertido, que aínda conserva a estrutura militar da súa predecesora (non é ata o ano 1986 cando se fusionen ambos corpos e se formalice a creación do “Cuerpo Nacional de Policía”).

Para entendernos, foi no ano 1941, cando no Réxime da Ditadura de Franco se crean o “Cuerpo General de Policía” (non uniformado), mailo “Cuerpo de Policía Armada y de Tráfico” (militarizado e uniformado, co coñecido uniforme gris, o que lles da o alcume de “os grises”).

No 1978, impulsado pola Transición e por adecuarse ós parámetros constitucionais, o Cuerpo General de Policía pasa a denominarse “Cuerpo Superior de Policía” e a Policía Armada da paso á “Policía Nacional”, que segue tendo estrutura e organización militar, e o uniforme pasa a ser marrón e beig, para arredarse da connotación negativa e represora do uniforme gris da Policía Armada.

No ano 1986 decídese a fusión dos dous corpos, o Corpo Superior de Policía e o da Policía Nacional , con non poucas dificultades de adaptación, e créase o Cuerpo Nacional de Policía, un novo instituto armado de natureza civil, que no ano 1989 adoita o uniforme azul marino, e camisa branca, deixando atrás o marrón e beige

A partir da primeira promoción de mulleres inspectoras de policía (do aquel entón Cuerpo Superior de Policía), a que se remonta ó ano 1979, sucédelle outra no ano 1985, sendo a primeira de mulleres na Escala Básica da Policía Nacional, 53 mulleres, que ó ano seguinte pasarían ó recén constituído Cuerpo Nacional de Policía (CNP).

Un dato para a historia foi a incorporación, igualmente moi tardía, da primeira muller negra no Corpo Nacional de Policía, Carmen Ada Edjang, canaria de pais guineanos, forma parte da “Brigada de extranjería y Fronteras” de Málaga. Entrou no corpo no ano 2008, comezando naquel ano as súas prácticas na Comisaría de Algeciras.

Na Garda Civil a eclosión da muller ó corpo aínda veu moito máis tarde, tan tarde que non é ata o ano 1988 cando ingresen no instituto armado a primeira promoción feminina, integrada por nada menos que 198 axentes, un número significativo, pero que nada ten que ver coas aproximadamente 3700 que hai na actualidade no corpo.


Incorporación da muller ás Policías Autonómicas:

Nas Policías Autonómicas, as de creación antiga, tamén van incorporando mulleres en intres avanzados da Democracia. As primeiras en incorporarse serían na Ertzaintza, no ano 1983, despois virían as primeiras axentes dos Mossos d´Esquadra, no 1985, e sería no 1987 cando se verían as primeiras uniformadas da Policía Foral Navarra. Á Policía de Canarias, “creada hai dous telediarios”, coma quen dí (posto que xurde no ano 2010), e cuxa continuidade sempre estivo na corda frouxa incorporáronse mulleres xa no seu comezo.

Sen entrar en profundidade en ningún dos exemplos autonómicos dicir que non resulta difícil recabar información sobre as dificultades que a incorporación da muller supuña, tanto para as propias administracións, como para as propias estruturas organizativas dos diferentes corpos, ó igual que para a aceptación do axente home respecto ás novas compañeiras, que aí houbo, ó igual ca nos outros corpos, algo de todo.

Un dos problemas era o da uniformidade a adoptar, no caso da Ertzaintza non o tiñan previsto, algo común ós restantes corpos policiais, posto que na mentalidade do momento imperaba o rol diferenciador de xénero, algo que hoxe se entende coma algo anacrónico. Así pois en todos os corpos se cavilou que era preciso o uso da saia ou faldra, e dos diferentes tipos de calzado de muller. As saias resultaban pouco axeitadas para o servizo na rúa, e peor resultaba o uso do zapato con certo tacón. As faldras, como xa dixemos ó falar dos deseños iniciais para as primeiras Policías Locais soían ser polo xeral de corte recto, nos que se procuraba que non deixara á vista os xeonllos. Tratábase dunha faldra axeitada ós canóns morais propios da ditadura, bebedores da moral católica preconciliar (anterior ó Concilio Vaticano II), que foi común nas seccións femininas da Falanxe e nos diferentes grupos de Acción Católica. Así pois, é de destacar o auto de rebeldía daquelas precursoras da Policía Municipal de Córdoba, que decidiron subirlle ás saias, deixando o xeonllo á vista, tal e como se viña impoñendo nas modas daqueles comezos dos anos 70.


Foto: Vemos as primeiras axentes da Ertzainzta na Academia da Policía Autonómica Vasca en Arkaute. Foto extraída do xornal El Mundo, 14 de novembro de 2013


No diario El Mundo recóllese unha nova de prensa que fala da dificultade da irrupción da primeira “fornada” de mulleres no corpo da Policía Autónoma Vasca, a Ertzaintza, aló polo ano 1983. Hai moitos aspectos que resultan moi curiosos, que retratan como era aquela primeira toma de contacto. Nas primeiras promocións vétase a incorporación ás mulleres, xa que se establece como requisito de ingreso o ter cumprido o servizo militar. Unha vez que se anula esa base, e se incorporan as primeiras mulleres á Academia de Policía ubicada en Arkaute (Araba), non tiñan uniforme previsto, polo que se lles dota dunha saia tipo tubo, zapato de tacón e bolso (que segundo unha das veteranas era pouco práctico para levar o arma, como comenta con sorna unha das axentes da primeira promoción, xa que obviamente a pistola non se portaba no bolso). Polas súas declaracións extráese que en Arkaute facía un frío do demo, polo que tiñan que asar patacas nunha cheminea, para comer algo quente e quentar o corpo, e que grazas a un tenente adestrador se lles dota de panties. Tamén fala de que tiveron que saír a prestar servizo no seu período de prácticas, por mor dunhas inundacións graves acontecidas no verán daquel ano, e como algunha axente resultou abucheada na localidade de Bermeo. Mais tamén chama a atención, nos tempos actuais, como aquelas axentes tiñan que aturar as condescendencias dos seus compañeiros de servizo homes, tendo que escoitar cando tiñan que abordar algún caso algo comprometido a expresión: “quédate en el coche, que ya salgo yo”, e como elas obviaban tal ofrecemento “paternal” e saían canda o seu compañeiro.

 

Este é, en resume, un artigo de homenaxe a María López Miguélez, a primeira Policía Local do Concello de Melide, logo dos seus 33 anos no servizo (sendo a primeira e única funcionaria que houbo no corpo), desexándolle unha plena adaptación á sempre reconfortante fase de descanso e despreocupación no eido do profesional. Así pois, desexándolle o mellor.

Pretendeuse tamén render unha pequena homenaxe, de recoñecemento, ás precursoras nos Corpos e Forzas de Seguridade, que nada doado o tiveron, e tamén lembrar a memoria de Marisol Muñoz Navarro e Mari Ángeles García García, axentes da Policía Local cordubense asasinadas no ano 1996, caídas en acto de servizo...Na memoria.


Agora, a continuación reproducimos algunhas novas de prensa, que reflicten a valentía e, tamén as dificultades (mesmo penosidades que tiveron que afrontar aquelas primeiras uniformadas do país).

 

Chus Sáenz, primeira muller policía de A Coruña no ano 1978, primeira cidade galega en ter mulleres no corpo de Policía Local: “Todos los compañeros nos arroparon y nos ayudaron a integrarnos desde el primer momento. El ciudadano también respondió bien, salvo algún vacile típico. Solo a veces me sentí un poco incómoda. Se sentía observada, nada más empezar, nos pusieron a trabajar en el centro de la ciudad. Creo que lo hicieron por ser pioneros en esto, para presumir de «moderno» a su costa. El entonces alcalde Jose Manuel Liaño Flores se planteó emular al Ayuntamiento de Madrid, cuyas calles ya eran patrulladas por agentes del género femenino. «Me pareció necesario hacerlo», explica Liaño. «Además, la ley ya lo permitía». (loretosilvoso.blogspot.com, 23 de febreiro de 2014).


Marina Ledo, unha das tres primeiras mulleres en entrar na Policía Local de Vigo: En la calle mujeres y hombres lo veían mal, no solo los hombres. Nos hacían comentarios como ‘ vete para casa’, ‘vete a fregar’, ‘esto no es cosa de mujeres’, cosas así. Hubo muchos accidentes por alcance porque se te quedaban mirando. Entre los compañeros no tuve problema ninguno. (Atlántico Vigo, 13 de xaneiro de 2017).

 

Lourdes Grobas. Segunda muller en entrar no corpo da Policía Local de Santiago a principios da década dos noventa: “La de policía es una de esas profesiones que durante muchas décadas estuvo arraigada directamente a los hombres, por aquello de que eran los únicos capaces de encarnar la autoridad y la fuerza, aunque en Santiago estos prejuicios desaparecieron hace ya muchos años. As súas compañeiras de profesión Begoña, Ana, Diana e Victoria sosteñen: “que no existe discriminación por el hecho de ser mujeres pero una protección especial por parte de sus compañeros. Nunca existiu unha discriminación negativa na Policía Local, sempre foi positiva, no sentido de que os compañeiros tenden a protexerte", din antes de apuntar que "a integración é estupenda" y que los hombres "sempre nos trataron moi ben". (El Correo Gallego, 3 de xaneiro de 2015).

 

Begoña del Río, terceira muller en entrar na Policía Local de Santiago no ano 1992 : “Fue la tercera mujer en una profesión hasta entonces de hombres y aquel uniforme que tanto le fascinaba tardó en llegar. Se incorporó nada más tomar posesión y no hubo margen para que le hicieran el traje reglamentario a medida. De modo que Begoña empezó de noche y vestida de paisana, un mes de diciembre. «Sin ir más lejos, al poquito de entrar, una furgoneta quiso atropellarme», cuenta. Estaba en doble fila en Doutor Teixeiro y el autobús no pasaba, por lo que Begoña se acercó al conductor a pedirle la documentación. Este no solo se negó, sino que intentó pasar por encima de ella. «Yo me quedé plantada delante de él, decidida a que me diera la documentación sí o sí», asegura. «Las mujeres teníamos que demostrar más en aquel momento, especialmente si eras jovencita; hoy, afortunadamente, ya no es así». (La Voz de Galicia, 25 de agosto de 2014).

 

Nina Sánchez Otero, primeira muller policía local de Oleiros dende 1986: y de las pocas que llegó a una jefatura, aunque para ello tuvo que salvar muchas barreras. «Al principio me ninguneaban en las reuniones, pero un día me dije ''quieren una chica bonita, pues la van a tener'', y me subía la falda hasta dejarla en mini antes de entrar en las reuniones; entonces se me escuchaba». En otra ocasión siguió la broma a un «piropeador» en uno de los cruces más transitados para evitar que el conductor de un descapotable no siguiese interrumpiendo el tráfico. Le costó ganarse la confianza de los superiores del resto de cuerpos de seguridad y que uno de los alcaldes que tuvo como jefe llegó a vigilar si era «seria» con el trabajo. «Un mando de la Guardia Civil me tuvo un año a prueba, aunque al final se convirtió en uno de sus aliados más importantes, aunque al final se convirtió en uno de sus aliados más importantes. «Creo que puedo presumir de que implanté cercanía, modernidad y, sobre todo, lo hice todo con mucho cariño».

 

Ana Rosa Rodríguez, primeira promoción de mulleres policías locais en Lugo, ano 1990: “no es que antes no se hubiese presentado ninguna, pero no aprobaban. No se las quería y no se las tenía. El tallaje exigido, por ejemplo, era muy grande. Esa era una de la formas de asegurar su ausencia. Como en tantos ámbitos no se les decía abiertamente que no, simplemente acababan disuadidas porque se les hacía imposible. Empezó a ejercer en un uniforme que incluía falda, medias y un zapatón salón con tacón medio y que encarnaba la absoluta incomodidad para una agente de calle. Aquello no funcionaba para una labor  que, de vez en cuando, incluía correr     o agacharse para tomar medidas. Con el tiempo se cambió por el pantalón. En su primer día, yendo en un coche patrulla conducido por un compañero, un conductor se paró a su lado en un semáforo en rojo abriendo los ojos y la boca por igual. Para asegurarse de que lo que veía era cierto, dio marcha atrás hasta que las dos ventanillas quedaron exactamente a la misma altura. Entre sus compañeros muy inicialmente había cierto clima de protección que enseguida se demostró innecesario. "Mi marido me dijo que pasaba con el coche por donde yo estaba de servicio a ver cómo me iba. Fue tres veces y le pareció suficiente, vio que no había ningún problema", dijo. Pero Nadie tampoco la mandó a paseo estando de servicio con esas frases de machismo reconcentrado que han tenido que escuchar otras. "Eso que les gritan a las futbolistas, que a ver si se van a su casa a fregar platos, no me lo han dicho jamás", ni qué servicios podía asumir o no, admite”. (Progreso de Lugo, 9 de marzo de 2019).

 

Delfina e Lola Tapia, irmáns e primeiras mulleres, xunto con outras oito, en entrar na Policía Local  de  Córdoba,  o  primeiro  concello  de  España  en  incorporar   mulleres   ó   corpo: “Los conductores se estampaban cuando nos veían, creían que éramos azafatas en mitad de la calle”. Entraron logo de “superar las pruebas de la convocatoria del Ayuntamiento de la ciudad, destinada solo a mujeres. Las plazas para hombres se convocaban aparte. Eran otros tiempos. Al principio, los ciudadanos se sorprendían al verlas. Con su indumentaria -falda y tacón-, más de uno creyó que eran azafatas y más de uno, sorprendido por su presencia en las calles, "se estampó" con el coche. Precisamente, esta policía, ya jubilada, hizo de modelo y  desfiló  ante  el Pleno del Ayuntamiento con tres uniformes distintos -uno de falda pantalón, otro de falda recta...- para que decidieran cuál sería el oficial de las mujeres. Con dos hijos, se fue de excedencia y cuando quiso volver la "política", como ella dice, le puso problemas. Palos en las ruedas que finalmente resolvió la justicia. Mientras, las mujeres del cuerpo lucharon por desterrar del uniforme el tacón y la falda, pero también por poder realizar las mismas funciones que sus compañeros: subirse en las motos y en los coches patrulla. Vivió el machismo, dice. Pero también los celos de las mujeres de sus compañeros, que no querían que sus maridos patrullaran con ellas. Afortunadamente, dice orgullosa, "nuestros maridos confiaban en nosotras". (Diario Córdoba, 15 de novembro de 2020)


 El Correo de Andalucía, 25 de maio de 2020: “Que una mujer le diera órdenes a los conductores de hace 50 años no solo fue una revolución, sino, para los primeros receptores de sus multas, incluso una provocación. Pero que diez mujeres cordobesas se hicieran policías locales con los mismos derechos y obligaciones que sus compañeros, aunque tuvieran que vestir con falda por debajo de la rodilla, fue el mayor gesto contra el techo de cristal y a favor de la igualdad que se recuerda cuando aún estaba lejana la Transición y la Dictadura. ocurrió un 25 de mayo de 1970 en la ciudad de la Mezquita, gracias a un alcalde adelantado a su tiempo, Antonio Guzmán Reina, que decidió convocar diez plazas de agentes locales exclusivamente para mujeres. Pero el caso es que las diez policías cordobesas no solo se convirtieron en un referente a nivel nacional, sino que fueron el reclamo de miles de turistas que las observaban con simpatía y las fotografiaban como un  exotismo  más.  Sus  inicios  no  fueron  un  camino  de  rosas,  evidentemente,  porque tuvieron que soportar el machismo imperante en la época e incluso, en algunos casos, la desconfianza de las esposas de su compañeros.

 

Julia González, Xefa da Policía Local de Valladolid e primeira muller en acadar este posto nunha capital de provincia: También vivió la etapa del tacón, sufrió el machismo de algunos compañeros y las zancadillas de otros a los que ahora dirige y superó los obstáculos que se le pusieron por ser mujer para evitar que consiguiera los puntos necesarios para el ascenso. Se subió a las motos aguantando las bromas de los compañeros y desterró la idea de que las mujeres solo podían estar en la oficina.” (Diario Córdoba, 15 de novembro de 2020).

 

Paloma Morales, primeira muller subinspectora da Policía Local de Madrid no 2002, despois de acceder ó corpo no ano 1980: reconoce que durante su carrera se ha encontrado con muchos obstáculos. “Cuando comencé a trabajar algunos agentes se negaban a que los acompañasen mujeres en la patrulla porque se sentían menos protegidos”. Pero el machismo no solo estaba en la Policía. "Había gente que nos decía a y a mis compañeras que no debíamos ser policías, que mejor estaríamos haciendo calceta”. La subinspectora recuerda que había uniformes diferentes para hombres y mujeres, y también los cupos estaban diferenciados. En su promoción se ofrecían 400 plazas para hombres y 23 para mujeres. Ahora son compartidas. También las tareas que ejercían las agentes eran diferentes. “Antes, las mujeres iban a ordenar el tráfico. A partir de los ochenta ya comenzaba a haber más igualdad, las mujeres iban de patrulla y se les destinaba a secciones a las que antes solo iban hombres”. Pero no a todas, ya que cuando entró en el cuerpo, Morales quería ir al Escuadrón de Caballería pero la ausencia de infraestructuras, como por ejemplo aseos y vestuarios femeninos, le impidieron ir. Uno de los momentos más duros de su carrera fue la oposición de oficial a subinspector, durante la fase de méritos el tribunal no le puntuó méritos que eran objetivos, pese a que era la que mejor calificación obtuvo de todos los aspirantes. La Justicia acabó dándole la razón y los méritos se les reconocieron. A día de hoy creo que hay menos machismo en el cuerpo pero siento que a veces se cuestionan mis capacidades solo por ser mujer”. Para Morales los cambios en el cuerpo de la Policía reflejan los cambios en la sociedad. “La igualdad es un camino en el que estamos empezando pero queda mucho por recorrer”.

 

Paloma Rodríguez, Policía Local de Cádiz dende o ano 1981: Rodríguez atribuye a problemas de conciliación y a la turnicidad que el porcentaje de mujeres en el cuerpo aún sea bajo. Y lo lamenta, porque las policías aportan muchas cosas. Somos más de consenso, más reposadas, más de hablar con los ciudadanos. Ingresó en el cuerpo el 1 de octubre de 1981, pero hasta febrero del año siguiente no tuvo uniforme. Sus compañeros mayores la recibieron bien, querían protegerla. "Nos enseñaron mucho". Por el contrario, los más jóvenes tuvieron actitudes más machistas. Tuvo que pelearse para poder conducir los patrulleros. Las mujeres lo tenían prohibido, pero ella comenzó a manejarlos por la noche y logró que se les autorizara. Rodríguez ascendió, tuvo que escuchar de algún compañero que a él no le daría órdenes y lloró a escondidas, pero consiguió el respeto de todos.” (Diario Córdoba, 15 de novembro de 2020).

 

Inmaculada Fuentes, primeira promoción de mulleres policías locais de Granada en 1981: con su llegada en 1981 al Cuerpo, dio "un paso enorme" para abrir camino después a otras mujeres, aún en minoría en la plantilla”. (El Independiente de Granada, 12 de febreiro de 2022).

 

Declaracións dunha Ertzaina da primeira promoción de 1983: Bueno, ahora ya no es lo mismo que antes. Eso sí, sigue habiendo eso de que aunque hayas superado las pruebas como ellos parece que tienes que demostrar constantemente que vales para esto. Cuando se creó la Ertzaintza, ninguna mujer accedió a la primera promoción. Se vetó la presencia femenina no directamente pero sí exigiendo como requisito el haber superado el servicio militar. A falta de uniforme les dieron falda y 'panties'. El arma la llevaban en un bolso: "No era muy cómodo". «El compañero te decía cuando pasaba algo: 'Tú quédate en el coche, que ya salgo yo'. Y yo contestaba: 'No, no, yo voy contigo'». Al principio todo eran problemas. La academia de Arkaute tuvo que ser remodelada para acoger a mujeres y, en los primeros meses, ellas no tenían uniformes. «Nos pusieron una falda de tubo que bueno...», rememora ahora de buen humor la agente. No sólo les pusieron faldas, sino también zapatos con tacón y hasta bolso. «No era muy cómodo llevar el arma en el bolso que digamos». Era un invierno muy duro cuando se estrenaron se  calentaban  en  una  chimenea  de  Arkaute  asando  patatas-  y  las  agentes  agredecen  al «teniente» Carlos Díaz Arcocha -años después asesinado por ETA- que les facilitara por lo menos 'panties'. «Para mi sorpresa, nos trató muy bien», asegura. En el Ejército (86%) o en los Mossos d'Esquadra (80%). «Las mujeres están distribuidas en las categorías inferiores y, a su vez, dentro de éstas en unidades cuyas principales funciones son las de planificación, coordinación, tramitación de procedimientos administrativos, investigación y gestión. Las unidades con misiones específicas en protección y recursos operativos, por el contrario, están ocupadas casi exclusivamente por varones», concluye el informe 'La situación de la mujer en la Ertzaintza', publicado en 2013. (Diario El Mundo, 14 de novembro de 2013).

 

Na Garda Civil, segundo se recolle na páxina web UNIONGC, podemos ler unha serie de datos que nos axudan a entender esta realidade que é semellante en ambos corpos, así podemos ler os seguintes datos: “Antes de que se aprobara por ley la incorporación de la mujer en la Guardia Civil, ya existían mujeres en la corporación. Fue en la década de 1940 cuando se les conocía como matronas, pero sus funciones eran básicas, se limitaban a hacer registros corporales y controles únicamente a personas del mismo sexo. No podían utilizar en su uniforme emblemas o representativos del Cuerpo, ni llevar armas. Febrero de 1988 se convirtió en una fecha histórica, fue entonces cuando se promulgó el Real Decreto de Ley que permitiría a las mujeres acceder a pruebas para formarse en el Instituto Armado. Se les garantizaba igualdad de derechos y oportunidades para crecer profesionalmente. Tras ser aprobada la ley, en ese mismo año, 2.917 mujeres aspiraban a la Academia de la Guardia Civil de Baeza, Jaén, pero solo 198 lograron entrar al Cuerpo. De esta manera, la promoción del 94 se convirtió en la primera generación en graduar a mujeres guardias como elementos de seguridad, un rol que solo estaban desempeñando los hombres. En el 2019, dos mujeres de la Guardia Civil entraron en el Top 100 Mujeres Líderes de España: La comandante Silvia Gil Cerdá y capitán María José Garrido Antón. Pese a todos estos avances, el porcentaje de mujeres en la Guardia Civil frente a los hombres sigue siendo muy bajo. Actualmente solo representan el 7,27 % de personal activo.


 Carmen Ada Edjang, primeira muller Policía Nacional negra:Se extrañan al ver a una policía negra, pero yo voy al banco y al supermercado y tampoco veo negros. España es más racista que machista. Asegura que nunca ha sufrido discriminación en el trabajo, pero no se atreve a afirmar que no la haya en la Policía. Es la única mujer negra en el Cuerpo. Más de un compañero le ha llegado a preguntar si tiene la nacionalidad española, lo cual le enfada, conozco chicos negros dentro del CNP, pero chicas negras no conozco ninguna. De hecho [mis compañeros] decían que nunca habían visto una chica negra. Mestizas, sí, pero negra negra no. ¿Es duro ser la única? No, pero a veces resulta un poquito raro. Es incómodo que a la gente le sorprenda ver a una policía negra, les choca bastante. Recuerdo que en las elecciones de hace dos años iba vestida de uniforme y un señor que iba a votar me dijo: "¿Pero tú eres policía? Nunca me he sentido ni apartada, ni discriminada, ni atacada. Quizá exista cierto racismo, pero no van a actuar así en mi presencia. En ninguno de mis destinos me he sentido discriminada, ni por mis compañeros ni por los jefes. A veces que hay preguntas que te chocan un poco, como por ejemplo: "¿Tú tienes la nacionalidad española?". Que te lo diga una persona que no es del Cuerpo se puede entender que ignore los requisitos, pero si te lo dice un compañero te sorprende más. Creo que no hay más mujeres negras por miedo a ser rechazadas más que por racismo. No conozco a nadie que me haya dicho: "Es que yo me he presentado tres veces y he suspendido el examen psicológico". Mi marido es de raza blanca y aprobó la oposición a la octava, uno se puede preguntar: "¿Por qué aprobó a la octava, porque no les gusta que tenga los ojos azules?". No. A veces es cuestión de suerte. ¿Qué es más difícil en España: ser policía, mujer o negra? Las tres cosas. Lo peor es si eres negra y has nacido aquí. Si llegas de un país extranjero y la sociedad no te acepta coges las maletas y te vas. Pero los que somos de aquí no. ¿Ser mujer en el Cuerpo Nacional de Policía es difícil? El Cuerpo Nacional de Policía, igual que muchos otros Cuerpos, es más de hombres que de mujeres. Es verdad que yo me he encontrado el camino medio hecho, ya hay muchas mujeres, pero aún se nota el machismo en las personas mayores, aunque poco a poco se vayan yendo. Yo tengo mis zapatos de mujer, mi chaleco de mujer, mi chaqueta de mujer, mi falda de mujer y mi gorra de mujer. Nunca me he tenido que poner un pantalón de hombre ni he visto el caso de que la gente no tenga uniforme. (El Español, 4 de xuño de 2017).


 BIBLIOGRAFÍA:

-  González Clavero, Antonio: “ Atlas ilustrado de la Policía Nacional”. Editorial Susaeta.

-  Martínez Viqueira, Eduardo : “Atlas ilustrado de la Guardia Civil”. Editorial Susaeta.

 -  Vázquez Neira, Cristina e Broz Rodríguez; Xurxo: “Memoria histórica da Policía Municipal de Melide. De Gardas Municipais a Policías Locais”. Publicado no Boletín  26 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 2013.

-  Memoria actividades de coordinación de Policías Locais de Galicia. Ano 2020.

-Abondosas consultas en Internet e na Hemeroteca.

 

ARTIGO ELABORADO POR: Xurxo Broz Rodríguez, coa colaboración de Cristina Vázquez Neira (Centro de Estudios Melidenses- Museo da Terra de Melide.

Fotos da Policía Local de Melide (de fins dos anos 80 e comezos dos 90) facilitadas por: María López Miguélez e por Juan José Mosteiro Sánchez.



ARELANDO O RETORNO DO CRUCEIRO MÁIS ANTIGO DE GALICIA Ao longo de 13 semanas e 98 xornadas, o Museo elaborou unha serie de artigos para pu...