martes, 20 de decembro de 2022

 APROXIMACION OS CRUCEIROS DO CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA).

TERRA DE ABEANCOS. NA OBRA DE XOSE M. BROZ REI DO ANO 1983.

LIMIAR.

Angel Utrera.



A presente publicación pretende continuar coa revisión iniciada no Boletín num. 34 de Nadal do pasado ano 2021, do Museo Terra de Melide, no que iniciamos a serie centrándonos nos Cruceiros do Concello de Melide exclusivamente,  e usando como punto de partida tanto na primeira revisión efectuada  coma na actual o traballo desenvolvido por Xose M. Broz, no ano 1983.

De seguido, con esta nova entrega, a segunda da serie,  imos analizar a situación actual dos cruceiros no concello de Santiso.

Na actualidade censamos, visitamos e fotografamos un total de  20  cruceiros, dous  deles particulares o resto de titularidade publica.

Varios  deles inventariados outros non e cunha moi variada situación e estado de conservación, en algún caso en claro perigo, polo que cumpre cas autoridades competentes na preservación do noso patrimonio tomaran as medidas oportunas, antes de que resulte irremediable. E un deles, da parroquia de Pezobre, (San Cristovo), desaparecido lamentablemente.

 

PALABRAS CLAVE.

Cruceiros, Santiso, Cruz, Capitel, Fuste, Base, coordenadas de localización, Broz.

 

INTRODUCCION.

Na primavera-verán do ano 1983 o investigador Xosé Manuel Broz Rei, publica no Boletín do Centro de Estudos Melidenses, Museo Terra de Melide, nº 2  de Novembro,  o  seu traballo sobre Os Cruceiros da Terra de Melide, no que se recolle descrición detalla, situación, historia e estado dos Cruceiros existentes nas terras de Abeancos: Santiso, Toques e Melide.

Este actual traballo,  continuación do que xa publicamos o pasado ano 2021 no que presentamos a revisión dos Cruceiros de Melide, pretende agora proceder a unha nova actualización pormenorizada da situación  dos Cruceiros do concello de Santiso, concello da “Terra de Abeancos”, a partiren dos datos daquela, compartidos por Broz.

Terras circundadas de camiños, corredoiras, congostras e sendeiros polos que aparecen espallados aquí e alá os nosos característicos Cruceiros, coma mostra do sentir, a relixiosidade, a espiritualidade e porque non dicilo, tamén o medo ao descoñecido e á represión da santa nai Igrexa, e o seu interese en rematar e erradicar todo o que conserve ese cheiro pecaminoso de vella relixión, ocultismo, meigas ou cultura castrexa.

CARACTERISTICAS E ASPECTOS TÉCNICOS.

Os Cruceiros están compostos de varios  elementos ben diferenciados como son:  A Plataforma sobre a que se levanta, sempre  de unha ou varias gradas. O Pedestal, normalmente cuadrangular, liso ou con inscricións ou símbolos. O Fuste, tamén denominado por algúns autores como varal,  que pode ser cuadrangular, octogonal ou cilíndrico, liso con motivos diversos tales como; escalas, martelo, teazas, caveiras, serpes,  representacións de santos e outros motivos relixiosos. O Capitel que varia entre os mais sinxelos cadrados sen adornos, ós que representan figuras, anxos, ou adornos xeométricos, e florais, como volutas   e complexas variantes de representacións da morte e a salvación, o ceo, os  querubíns alados, entre outras figuras. E finalmente a Cruz, tanto cruz simple, como con representacións de cristo crucificado no anverso e diferentes virxes; dolorosa, inmaculada, a piedade, virxe do Carme, etc.

Hai Cruceiros Santificadora de camiños, encrucilladas, corredoiras e congostras. Protectores contra meigas e demos así como a acción dos feitizos e meigallos. Outros indican dirección ós  peregrinos.  Algúns teñen misión de reconforto e  descanso para os camiñantes que toman asento sobre as  plataformas que lles serve para descansar. Tamén podemos falar de Cruceiros que indican ou anuncian a proximidade dunha igrexa, un santuario, unha capela ou ermida, así como os lugares de culto ou recordo de feitos lutuosos e mortes de seres queridos.

E dende logo non podemos esquecer os que compren con promesas  realizadas e pagan débedaspolo paso do tempo.





                                                           Ilustración 1.PARTES E ELEMENTOS DUN CRUCEIRO

 

A representación en Melide dos nosos típicos cruceiros, e variada e múltiple e non resulta nada difícil atopar unha boa mostra de todos eles en razón das súas características especificas, sen ao señor, ou levantados en gratitude, ou fe, ou como recoñecemento de algunha gracia outorgado por Deus, e tamén como cumprimento dunha penitencia polos pecados cometidos, agardando o perdón divino. Así como os que sinxelamente representan feitos históricos, ou lendas, que normalmente quedan gravadas no baseamento do mesmo, en moitos casos ilexible

dubida algunha, tanto dos que presentan Cruz, como nos que se representan figuras, de Cristo e a Virxe María, no anverso e reverso dos mesmos, ou unicamente a Cristo Crucificado.

Igualmente hainos nos que base se presenta con gradas, de varios chanzos, e os que carecen dela. O de Zas do Rei e quizais o mais significativo.

Tamén temos Cruceiros con mesa, (O de Campos, ou o de San Cosme de Abeancos entre outros), e sen ela e  cruceiros co fuste biselado, ou liso, e o capitel simple ou con volutas e diversos tipos de adornos. (O de Baltar é un bo exemplo do que estamos a falar).

No Seu libro JM Broz, Os Cruceiros da Terra de Melide, do no 1983, xa nos deixou unha interesantísima tabula coas características da cada un deles,; plataforma, ( gradas ou altar),

Pedestal, (Piramidal, Moldurado, cúbico), Epígrafes, con inscrición ou datas, Fuste (Renacentista, ou octogonal, ou cadrado), Capitel; (Composto ou  Moldurado), e a Cruz, (con Cristo e Virxe, ou sen algún deles).

Igualmente detallou a súa situación; no adro, no campo da festa, nunha encrucillada ou camiño. A Historia, lendas folclore, costumes etc. de cada un deles, así como a conservación e estado de todos eles, que hoxe  case corenta anos mais tarde imos proceder a revisar.

Na publicación que estamos a analizar, no ano 1983 JM Broz, visitou en Santiso, e fixo unha detallada descrición de 18 cruceiros localizados no e torno de 18 Parroquias do mencionado concello.

Broz establecera unha clasificación fundamentada nas características tecinas da figuración e do seu tempo  dos cruceiros do seguinte xeito:

Tipoloxía A-B-C-D-E-F. En función dos elementos necesarios para considerar como tal un Cruceiro, esta é: Plataforma, Pedestal, Fuste, Capitel e Cruz.

Ademais coma valor engadino o investigador deixaba constancia no seu estudio de aspectos tales como; a existencia de inscricións ou non, a localización do cruceiro, historia coñecida e estado de conservación dos mesmos, aspectos todos eles nos que imos tratar de corroborar e expoñer actualizado no  presente noso traballo.


                                            Ilustración 2.MAPA HISTORICO DO CONCELLO DE SANTISO.

 

 ASPECTOS XEOGRAFICOS E FUNDAMENTOS HISTORICOS.

 O Concello de Santiso forma xunto co de Melide e Toques a coñecida como “Terras de Abeancos”.

No corazón de Galicia e entre ríos estendese o Concello de Santiso, cunha orografía quebrada e formada por pequenos vales á beira dos regatos que desembocan no Ulla. Santiso ten una gran relevancia na historia da cartografía galega. En concreto, Santa María de Vimianzo foi un dos puntos nos que Domingo Fontán – ilustrado matemático, político e xeógrafo galego – fixo medicións para elaborar a súa carta xeométrica, considerada o primeiro mapa de Galicia.

O Concello de Santiso se localiza no extremo sur da provincia de  A Coruña, facendo límite xeográfico con Pontevedra, co Concello de Agolada,  e as Cruces ao outro lado do río Ulla, e o encoro de Porto de mouros, e no noroeste coa Provincia de Lugo, co Concello de Palas de Rei. 

Os actuais concellos de Santiso, Sobrado e Toques formaron durante moitos séculos a terra e xurisdición de Abeancos, xa nomeada no 747 no Testamento do bispo Odoario de Lugo facendo referencia a “Sacto Joanne de Besntoña”.

Aproximadamente 68 quilómetros cadrados de pequenas poboacións, repartidas entre lugares, aldeas e parroquias, na que viven uns 1550 habitantes, segundo o ultimo censo, perfectamente integrados no  seu medio, fundamentalmente rural e agrario na que a principal actividade económica resulta ser a gandería e a produción láctea.


   

                                            Ilustración 3.RESTOS DA DESAPARECIDA PONTE DA PENA E O SEU MUIÑO.


Aquí nos encontramos, recorrendo estas terras  de prados, grandes extensións de pastos e ultimamente plantacións e explotacións agro forestais no que manda o Eucalipto, con vales relativamente  pouco profundos, pequenos regos e regatos que como veas dun corpo vivo,  insuflan e levan a vida ata o ultimo lugar das mesmas, xenerosamente,  Boente, Rego do Muíño, Rego de Beseña, o río Furelos, o Ulla.  

Tampouco imos atopar montañas, moi elevadas, nin tan sequera cimas de mais de 5oo metros de altitude, destacándose os Monte de Moldes (458), Roda (447), Lamas (432) y Gandareira (404 metros).

O topónimo Santiso está considerado como un vocábulo de tipo léxico e orixe relixioso, que o mesmo fan referencia a un lugar, un mosteiro baixo cuxo mandato está o mesmo, ou ben un santo ou patrón da igrexa local.

Por iso algúns autores consideran fundado que o topónimo Santiso, proceda e faga referencia ao termo latino Sanctus Thyrsus (san Tirso),

As primeiras anotacións documentais que fan referencia a Santiso, datan do ano 1214 no que o rei Alfonso IX concede a propiedade destas terras ao Arcebispo de Compostela.

A xurisdición de Abeancos (Melide, Santiso e Toques),  cedeuse por este á casa de Ulloa (Palas de Rei, Monterroso e Antas de Ulla). Algunhas das parroquias de Santiso, as máis occidentais, quedaron fóra dela e pertencían á xurisdición de Boente, da casa de Altamira.

A constitución de 1812 supuxo a caída do Antigo Réxime e a implantación da administración municipal. Neste momento nace o municipio de Vilar de Ferreiros, que volverá desaparecer coa chegada ao poder de Fernando VII.

Non sería ata o ano 1833  cando ía nacer o Concello de Santiso, situándose a casa consistorial na casa da Pedreira, coñecida como Casa do Bachiller. Despois mudouse a Liñares onde comeza o Rexistro Civil no ano 1871. Tamén estivo na Casa de Outeiro de Pezobrés e na casa de Pena, na Brea, habilitada actualmente coma aula de exposicións, de conferencias e axencia de lectura do Concello de Santiso.


                                               Ilustración 4.VISTA DO LUGAR DE SANTISO DENDE VILAR.


Algúns dos elementos máis relevantes da historia de Santiso teñen que ver coas comunicacións. O camiño vello ou camiño dos arrieiros de Santiso, entraba nas terras baixas deste concello polo lugar da Cornella, zona pola que cruzou a raíña Urraca co seu exército camiño de Santiago no 1115.

A primeira referencia a este camiño atópase nun tombo da Catedral de Lugo datado no 897. Neste documento, no que se trazan os límites do coto de Boente, fálase dunha “vereda” que pasa ao lado dunha pequena pena illada e una corrente de auga, ascendendo despois cara “Sancti Iacibi”, é dicir, Boente.

Trátase polo tanto, dun camiño xa documentado na alta Idade Media e que circula entre túmulos prehistóricos, seguindo un trazado que o caracterizou durante séculos.

Outro fito decisivo no concello foi a construción do encoro de Portodemouros entre 1964 e 1967 coa finalidade do aproveitamento hidroeléctrico. A súa enchente provocou o asolagamento das aldeas de Brocos en Agolada e Ribadulla en Santiso.


                                                            Ilustración 5.ENCORO DE PORTODEMOUROS.

En maio do 1975 e tras unha orde ministerial, mandou poñer en funcionamento unha barcaza que unise as parroquias de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso), que segue en servizo na actualidade.

Esta foi a alternativa ofrecida aos veciños despois das protestas que estes, en plena ditadura franquista, emprenderon para que se solucionasen os problemas de incomunicación xurdido co encoro.

No afastado pasado prehistórico, mais que probable na idade do Bronce, estas terras deberon estar moi poboadas, se nos baseamos na cantidade de restos arqueolóxicos atopados en forma de mámoas, como as de Serantes preto dos muros e do foxo do seu castro. Ou os de Quinzán, en Niñodaguia, ou o de Belmil en Pezobres non que aínda se poden ver os seus dous recintos amurallados  e escalonados que tiña como defensa, e tampouco podemos esquecer os de Beigondo, o de as Seixas, de Ribadulla, e mesmo o de Coto da Aurela de Vimianzo, entre outros varios.

En cuanto a arte e edificacións tanto relixiosas, igrexas , ermidas e capelas, fundamentalmente, como civís en forma de casas pacegas, Pazos, ponte e outras, temos que destacar entre as primeiras, os templos de  San Estebo de Pezobres e San Pedro de San Roman, de fábrica románica datadas no século XII e XIII.  

 Destacamos aquí e agora o cruceiro de Visantoña, aínda que mais adiante falaremos del polo miúdo, cruceiro no que a basamenta en grada moi ben traballada destaca sobre maneira xunto co pedestal con gravados e símbolos da paixón; caveira, serpe, osos, tenaces, etc.

A hora de falar dos Pazos de Santiso, resulta obrigado referirnos antes de nada ao Pazo de Vilar de Ferreiros, grandioso na súa decoración e construción.

Como contrapartida non podemos esquecer a existencia das ruínas de moitas destas casas nobres, e mesmo Pazos, como as de Belmil, o pazo de Vilasoa.

E xa como remate recordamos outro dos modelos de obra civil, e arquitectura rural, típica do interior do noso Pais, como é o Pazo da Pena, que antano controlaba o vello muiño, hoxe en ruína  a carón da ponte desaparecida do mesmo nome, que unía o lugar de Sexo (Agolada), con Santiso, neste punto.   

                                         Ilustración 6. NA PONTE ARCEDIAGO. LUGAR DE A CORNELLA.

Parroquias.-

Santiso está conformado por 17 parroquias, mai ou menos  ao redor de 118  aldeas o lugares de maior ou menor tamaño:

Arcediago (San Juan), Barazón (Santa María), Beigondo (San Cosme), Belmil (San Pedro), Liñares (Santiago), Mourazos (San Jorge), Niñodaguia (San Paio), Novela (Santa María), Pezobre (San Cristobo), Pezobrés (San Estebo), Rairiz (Santa Eulalia), Ribadulla (San Vicente), San Román (San Pedro), Santiso (Santa María), Serantes (Santa Eulalia), Vimianzo (Santa María), Visantoña (San Juan).

1.Parroquia de Arcediago (San Xoán)

Arcediago, ou como tamén é denominado, San Juan de Arcediago oficialmente San Xoán da Ponte Arcediago, é practicamente o corazón do Concello, no coñecido como Lugar de Chao.

Limítrofe coas terras veciñas do concello de Agolada, (Pontevedra), das que a separa as frías augas do río Ulla, logo de recoller en Barazón as do Furelos de Melide.

Os seus lugares mais importantes son: A Cruz, Agro do Chao, Pontenovo (A Pontenova), Raxacendes, Seaone, A Silva, O Souto, e Talín.


                                                           Ilustración 7.CRUCEIRO DE ARCEDIAGO.

Limita ao norte con San Paio de Niñodaguia, ao Oeste con Santaia de Rairiz e San Xurxo de Mourazos, e ao Este con Santa María de Barazón en tanto que no sur atopámonos na outro marxe do río Santa María de Berredo (Agolada, Pontevedra).

Por Arcediago  tradicionalmente transitaba  na idade media o  camiño que ía dende Santiago de Boente a Agolada, salvando as augas do Ulla, na vella Pote de Arcedigo. Se trata dun sedeiro moi antigo xa citado por Alfonso III no ano 897, nunha demarcacións do coto de Boente.

Lamentablemente da orixe desta ponte non temos datos de fábrica xa que non foi posible atopar a súa pedra fundacional ou inscrición de ningún tipo, tal e como ocorre a outra ponte mítica da zona, en Mourazos por onde continuaría o camiño.

Aquí podemos visitar a súa igrexa parroquial, que aínda conserva restos da súa fábrica románica, logo de que fora  reconstruída por mor de arranxar os danos que lle causara unha tormenta,  esta  xunto cos templos  de Santaia de Rairiz e san Xurxo de Mourazos, formaban parte e eran propiedade do padroado do Conde de Lemos.

No atrio, se conservan dúas laudas nas que a pesar da erosión se pode contemplar o escudo dos Señores de Monterrei, en tato que hai quen indica que na outra se observa o que semella so os atributos dun arcediano que deu orixe ao topónimo do lugar.

1.A.-Cruceiro que foi clasificado por X.M. Broz como de tipo (E). Isto é de pedestal  cúbico moldurado, con Fuste cadrado ou octogonal, e Capitel moldurado.

O Cruceiro o atopamos preto da igrexa parroquial nun cruzamento de camiños.

Se apoia sobre unha grada formada por tres chanzos.

Destacar a existencia de mesa ou pousadoiro para depositar o féretro nos enterros en tanto o crego reza e oficia o ritual. Este se asenta sobre dúas pedras laterais.

Sobre a basamenta en grada se coloca o pedestal cúbico e peaña moldurada  sobre o que se levanta un varal de un dous metros de altura cadrado no inicio e remate octogonal.

O capitel e cadrado con molduras e sobre o mesmo se ergue Cruz, latina achaflanada, sen arestas e sen imaxes.

Se trata de  un cruceiro procesional.


                                                                  Ilustración 8.C.DE ARCEDIAGO. STA.CRUZ.

1.B.-Cruceiro da Cruz de Arcediago.

Cruceiro que atopamos na estrada que atravesa o lugar, preto do Concello, e practicamente enfronte da vella Capela de Santa Cruz, na carballeira onde se celebran as festas.

Cruceiro de pequenas dimensións,  de devoción, tal e como se recolle na inscrición existente no seu pedestal e que reza deste xeito:

Año Santo Mariano. 1954. Recuerdo de un Devoto.

Tamén o podemos encadrar dentro dos cruceiros procesionais, xa que o día da Santa Cruz, o 14 de setembro se realiza procesión dende a igrexa parroquial ata o cruceiro e regreso ao templo.

Cruceiro que carece de basamenta, se eleva sobre un pedestal cúbico , o seu orixe segundo nos indicaba Broz no seu libro que nos ocupa,, está na desaparecida Cruz de madeira que fixeran os Padres Pasionistas, no ano 1897 en lembranza dunha das súas “Santa Misión”, das moitas que se conservan aínda hoxe en día nos muros e paredes dos templos das nosas igrexas e parroquias.

Capitel en tronco de pirámide invertida con molduras.

Sobre o capitel se eleva unha sinxela e pequena  cos brazos circulares, que empeza en rectangular na base que se apoia no capitel. cruz na que se representa no anverso a Cristo crucificado coroado de espiñas.  Cabeza reclinada sobre o lado dereito e o pé dereito sobre o esquerdo. Tres cravos e non ten a lenda do INNRI no extremo superior da cruz.

No reverso non hai imaxe.

1.C.- Cruceiro particular no  patio interior de acceso a unha vivenda no lugar de Souto fronte á caseta de parada do bus.

Se trata dun pequeno e curioso cruceiro de cruz, sen imaxes, no que figura placa conmemorativa do mesmo aínda que ilexible.

Incluímos a efectos de rexistro e censo, sen especificar as súas características particulares, ao tratarse dun cruceiro privado, de recente fábrica.

                                                                 Ilustración 9.CRUCCEIRO DE BARAZON

2.-Barazón.(Santa María).

Cruceiro que se atopa no campo da Festa do lugar, preto da súa igrexa parroquial e do foxo e muralla do desaparecido castro, do que apenas se adiviña o seu contorno circular e parte da croa.

Coordenadas (WGS84): 42°51'35.6"N 8°01'06.9"O  (42.859896, -8.018576).

Se trata de Cruceiro procesional. Ata el ía a procesión o día de festa da Santa Mariña, o 15 de Agosto e polo día do Corpus Christi.

Se levanta sobre unha grada con dous chanzos, a modo de basamenta a que se apoia mesa pousadoiro, con dous pes de pedra que se apoia no varal.

O fuste  de uns 20 a 26 cm. de sección, empeza e remata en cadrado, é dos de tipo octogonal, sobre o que sostense o capitel moldurado en tronco de pirámide invertida.

O Crucifixo de dos de tipo de  Cruz, sen imaxes, achaflanada nas arestas e florenzado nos remates dos extremos.

Sobre a pedra horizontal do pousadoiro hai inscrición: NT18.

Que tal e como nos indica Broz, se refire a nivelación tipográfica. 

Cruceiro de tipoloxía (E), que se pode datar entre finais do século XVIII e principios do XIX.

Con altura entre dous metros sen alcanzar os tres metros.


                                           Ilustración 10.DETALLE DO CRUCIFIXO DO .C. DE BARAZON.


Luis Martín, na súa obra "Cruceiros na provincia da Coruña" nos indica la existencia de los seguintes cruceiros en esta parroquia:

Medos - campo da festa .(Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.02.1, Vol. IV, páxina. 2202.

3.- Parroquia: Beigondo (San Cosme). 

Cruceiro que atopamos no lugar de A Eirexe.   Coordenadas (WGS84):  42°51'14.0"N 8°08'49.5"O  (42.8539, -8.14709).

Cruceiro que igualmente figura relacionado no libro, "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.03.1, Vol. IV, páx. 2203.

Visitado por Broz, figura na paxina 70 da súa publicación indicándonos que se atopa no adro da igrexa parroquial.

Se levanta sobre unha grada a modo de basamenta formada por dous chanzos cadrados de pedra escura, sobre o que se coloca o pedestal, cadrado.

O seu fuste é cadrado no extremo inferior derivando a octogonal, que remata sostendo un capitel moldurado en tronco de pirámide, sobre o que se coloca Crucifixo, sen imaxes, dos de tipo de cruz latina sinxela,  florenzada. Broz se refire a ela como ochavada, con cara de cristo.

Broz indica no apartado de historia deste cruceiro, que é de cemento, construído seguindo os gustos e tradicións da época  e que ten uns trinta anos de antigüidade naquel momento de 1983.

 

4.- Parroquia de Belmil (San Pedro).

O cruceiro o atopamos diante da casa reitoral da parroquia preto da igrexa, no lugar denominado como igrexario a poucos metros da propia parroquia . Coordenadas (WGS84):    42°51'35.4"N 8°04'12.5"O  (42.859845, -8.070149).

Cruceiro incluído en la obra "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.04.1, Vol. IV, páx. 2204.

Foi visitado e descrito no estudo de XM Broz, na paxina 64 da súa publicación.

Se trata de un típico cruceiro de Cruz, dos moitos existentes, sen particularidades especificas.

Se asenta sobre unha basamenta formada por grada de dous chanzos e pedestal de pedra de granito en tronco de pirámide, ochavado nas arestas verticais e horizontais.

De aproximadamente tres metros de altura.

O seu fuste é cadrado e octogonal con capitel moldurado de tronco de pirámide invertida, con arestas.

                                                                Ilustración 11.CRUCEIRO DE BELMIL.

A cruz do crucifixo sen imaxes, é achaflanada e presenta remates con media  bola (circunferencia), raiada, segundo a describe Broz, de tipo florenzado.

Se trata dun cruceiro procesional, ata o que se ía en procesión os días de festa grande e de `patrón, sobre todo polo San Pedro, levando o santo en andas, o mesmo na festa do xoves do Corpus.

5.- Parroquia: Liñares (Santiago).



 

 

 

 

 

 








 

 

                              Ilustración 1O.CRUCEIRO DE LIÑARES.

 Cruceiro que se atopa en Liñares. Coordenadas (WGS84) 42°53'14.0"N 8°03'31.7"O  (42.887212, -8.058803). Preto da igrexa parroquial diante dun galpón ou nave agrícola, e preto da casa grande de Liñares, e a súa fermosa portada.

Cruceiro relacionado en la publicación "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.05.1, Vol. IV, páxina. 2205. Que ten pasado por diversas roturas e derrubes, tal e como se podía ler, no artigo publicado pola Voz de Galicia do

 3 de Marzo do ano 2020 de N.Noguerol que reproducimos literalmente en castelán tal e como foi publicado no seu día:

El cruceiro de la parroquia de Liñares, en Santiso, se quedó sin la pieza principal: la cruz. El golpe accidental de un vehículo contra la base de la estructura provocó su caída, poniendo de relieve el peligro al que, por falta de protección, están expuestos estos elementos patrimoniales cuando se encuentran en un cruce de caminos, un emplazamiento que no deja de ser el original de los cruceiros, pero que favorece su funcionalidad como rotonda circulatoria.

El de Liñares no es, ni mucho menos, el único cruceiro que en la comarca de Melide está expuesto a sufrir daños por su emplazamiento y falta de protección. Hay sobre una decena en igual situación de peligro. Son los cruceiros de O Leboreiro, O Meire, Zas de Rei y Gondollín, en el municipio melidense; los de Vilamor, Vilouriz y San Martiño, en Toques; y otros tres en Santiso: el recientemente dañado de Liñares, así como los de Serantes y Visantoña, que también sufrieron desperfectos de distinta índole, debido al impacto de vehículos en la base de las estructuras, que regulan el tráfico rodado entre caminos y pistas de ajustadas dimensiones que, a su vez, dificultan las maniobras de vehículos de considerable tamaño como son los de uso agrícola, tan frecuentes en el rural.

Del incidente en el cruceiro de Serantes dieron cuenta a la Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, de la Consellería de Cultura, desde el museo etnográfico de Melide, en el seno del que insisten en la necesidad de adoptar medidas que protejan los cruceiros. Son conscientes de que Patrimonio «non é partidario de valalos, pero o certo é que están caendo seguido», afirma Cristina Vázquez Neira, arqueóloga de la galería. También en el Concello de Santiso se interesaron por lo sucedido, aun a sabiendas de que carecen de margen de maniobra para actuar, al no ser patrimonio municipal.

O Cruceiro visitado por Broz no ano 1983 se levanta sobre grada de pedra de granito formada a modo de basamenta por dous chanzos.

Sobre a basamenta colocan pedestal, de tipo moldurado con media cana.

Fuste de tipo cadrado e octogonal, con volutas a modo de ornamentas no chafrán, e no extremo inferior do mesmo, por riba do capitel, presenta unhas protuberancias, como espiñas ou a modo de tronco de arbore.

                                                           Ilustración 11.CRUCEIRO DE LIÑARES DESCABEZADO.

Capitel moldurado octogonal, resulta exclusivo, e nunca vimos un deste tipo, xa o mencionaba Broz, como capitel único. Recorda os adornos que puidemos apreciar no cruceiro de Vimianzo, o que nos fai pensar que puido ser esculpido polo mesmo mestre canteiro, xa que non coñecemos ningún outro cruceiro con este tipo de adorno no capitel.

O Crucifixo, en forma de cruz sen imaxes, é segundo indica Broz, “Recrucetada”, polas dúas caras, e con remates florenzados nos extremos dos brazos da mesma.

Temos que matizar a denominación que lle deu Broz, de cruz “Recrucetada”, xa que para algúns autores, unha Cruz como esta non pode ser definida deste xeito, senón como Cruz Incisa; (Cruz dentro de outra), a recruceteada sería a que forma cruces nos extremos dos brazos da mesma cruz orixinal.

Sexa como sexa, resulta un cruceiro mais que interesante de visitar polas súas características intrínsecas e diferentes dos demais do mesmo tipo de cruceiro de cruz.

O Cruceiro sería dos de procesión, xa que polo Santiago (O Santo Patrón da parroquia), o costume é sacar o santo en andas sobre os ombros dos devotos, ir ata o cruceiro e regresar, con salmos, oracións e cancións dos devotos.

6.-Parroquia de Mourazos. (san Xurxo).

6.A.--Cruceiro que se atopa no adro da vella capela do lugar, hoxe practicamente baleiro de veciños, onde era costume celebrar as festas do patrón os dias grandes a sombra das arbores. Coordenadas (WGS84):  42°50'04.1"N 8°03'10.8"O  (42.834468, -8.053011).

En Mourazos atopamos os restos dunha das pontes míticas do concello, da que aínda os días de verán no que o caudal do río Ulla baixa, é posible ver a súa pedra fundacional.

Cruceiro incluído no libro de Luis Martin Ruiz "Cruceiros na provincia da Coruña" publicado pola  (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.06.1, Vol. IV, páxina. 2206.

Tamén descrito e visitado por Broz, na obra da que nos estamos a ocupar do ano 1983 xa mencionada reiteradamente.

                                                        Ilustración 12.CRUCEIRO DE SAN XURXO DE MOURAZOS.

Se levanta sobre basamenta en grada de un chanzo, con pedestal en cubo que remata con arestas achaflanadas, sobre o que o varal se alza alcanzado os dous metros de altura aproximadamente.

Fuste de tipo octogonal cadrado, que sostén un pequeno capitel moldurado en tronco de pirámide invertida que sostén o crucifixo en forma de cruz  latina sen imaxes.

Cruz florenzada e achaflanada con remates nos estremos dos brazos, como case todas as que vimos no concello.

Se trata de cruceiro procesional, ao redor do que os devotos sacaban o santo patrón, en andas e dábanlle voltas ao mesmo para regresar ao templo, os dias grandes. San Xurxo, e polo Desamparados.

Na parroquia de Mourazos atopamos restos de varios dos seus vellos muíños. Así como da súa curtiduria e das pontes varias que acercaban xentes e pobos de un e outro lado 

 Unha  destas Pontes míticas, desgraciadamente desaparecidas baixo o peso do tempo, que unía ambalas dúas marxes do río, entre Santiso e Agolada é A Ponte da Pena.

A Ponte da Pena no seu tempo daba paso e unía Santiso (A Coruña), con Sexo, lugar de Agolada (Pontevedra), na outra banda, salvando as frías e furiosas augas do Ulla que se transforman ao chegar aquí nun río salvaxe de fortes  torrentes aínda que non tanto como as de Mácara e Ramil, logo de recoller as augas que traen  outros moitos regos e regatos, antes de someterse ao rigor do encoro de Porto de mouros, que o domestica entre comportas de cemento e ferro.

No seu discorrer, o río supuxo o longo da historia, unha importante barreira  natural, cos homes salvaban usando enxeño e pericia, ou ben con barcas ou con pontes, paso obrigado de camiñantes, viaxeiro, arrieiros e comerciantes que a pé ou en carruaxes, carros ou bestas e cabalaria, se facían os camiños.



                                                                    Ilustración 13..RIO ULLA EN MOURAZOS.

Pola ponte os labregos de Sexo cruzaban cos seus carros, e bestas cargadas con sacos de grao, cara o  Muiño da Pena, que xa non garda recordo na súa memoria, porque hoxe xa tan so quedan os muros de pedra, entre as ruínas as silvas e o abandono daquelas vidas, vividas ao limite, de  picardías e amores de mozas e mozos que as pretenden, de traballos e suores, de penas e sen sabores, de xogos de nenos na poza das Pías, onde se non sabías nadar, aprendías ou afogabas, alí onde os rapaces reuníanse as tardes de verán para ir os peixes, e de tanto en tanto a por troitas, que daquela había ben delas.

Foi nunha destas pozas onde pasou mesmo, aquel capitulo escuro de afogados, como recolle na memoria dos vellos a  historia daquel ano oitenta, cruento final dunha xornada de pesca coma tantas outras antes. Accidente desgraciado, ou quen sabe se por rencillas entre ambas as dúas beiras do río, dos ríos; O Ulla, limite e fronteira as veces, e tantas nexo en común de xentes e pobos, coma fonte de disputas as veces.

Alí fora onde moitos dos nenos, hoxe adultos de Agra e Sexo, probaran por primeira vez as augas do río, ao compás da musica e os bailes os días de festa grande, dos Gaiteiros da terra que foron quen de manter o longo dos tempos o "Requinto", Requinta do Ulla,   coma instrumento propio de seu, a voz calada dos montes e vales e o berro libertario e furioso das augas entre as penas, torrentes e fervenzas, pola que o río escapa.

A Ponte da Pena tiña catro piares de mampostería rematados en pico triangulares a xeito de tallamar, piso de vigas e táboas, con varanda nos laterais, tal e como o describe Xose M. Broz, no seu libro; "Santiso na terra de Abeancos . Foi derrubada por unha enchente do rio e xa non se volvera a reconstruír posiblemente ao existir xa pistas e por esmorecer a actividade do seu muiño, cuxo ultimo muiñeiro fora o Sr. Xosé, que morreu sen fillos, polo que o traballo da moenda, case que sempre por un cuartillo do que fora,  quedara ao cargo de dous dos seus sobriños. Este vello Muiño pertencía a Casa da Pena, fundada no ano 1711 por Don Juan Varela de Barrio, cura da Ponte Arcediago, Rairiz e Mourazos.

Non puidemos obter datos fidedignos da sorte que correu a Ponte definitivamente. Para uns foi por mor dunha enchente do rio que pasou por riba dela e levouna, para outros foi perdéndose de pouco a pouco, e deste xeito;  Cando quedaran tan so as vigas porque xa podreceran as táboas, a xente e as mulas pasaban polas vigas, amodiño e con coidado de non caer, por aquel entón era o tempo do estraperlo e había que fuxir da garda civil, e andar polos camiños as agochadas, por onde cadrara.


                                Ilustración 14.RESTOS DOS PIARES DA PONTE DA PENA ENTRE SEXO DE AGOLADA E                                                                                               SANTISO NO PAZO  DA PENA.

No catastro de Ensenada, figura recollido a existencia do Muiño da Pena, coa denominación de Muiño de Sexo, cunha ponte que comunicaba con esta mesma aldea polo outro lado do río Ulla. Foi o cura Don Juan Varela de Barrio, quen no seu testamento o cita e deixa constancia documental da súa propiedade..."Casa y lugar da Pena, con su palomar y heredades y montes, chousas, prados y molino, aguas de riego, arboles y plantados, cuia casa la hizo y fabricó el otorgante que tubo un coste de tres mil reales de vellón......en los molinos que hizo y fabricó en el río, junto a la puente vieja de Arcediago con sus canales (Protocolo 1825 del año 1704)".Informaciòn e datos recollidos no libro de Xose Manuel Boz "Santiso na terra de Abeancos".

Da Ponte Arcediago, que separa San Xoan de Ponte Arcediago(Santiso), de Santa Maria de Berredo, en Agolada, podemos contar que existe documentación escrita da existencia no ano 897 dun camiño que vía Melide, e Arzúa, levaba os camiñantes a Compostela. Posiblemente a súa data de fabricación foi no ano 1228. Hai que recordar que alí mesmo o Furelo se une ao Ulla.

No Lugar da Ponte  Cornella, significamos os pasos de pedra para salvar as augas do rio, xa que aínda que hoxe en dia existe unha horrorosa ponte de cemento, non hai constancia histórica de que nunca existira calquera tipo de paso ou ponte.

E finalmente A Ponte Mourazos, outra das míticas pontes que unen e non separan pobos e xentes. Construción do ano 862, sen dubida unha das pontes mais antiga de cantas existen documentadas no Pais. A súa pedra fundacional, que se atopa cara abaixo no leito do río indica:

Era DCCCC ET TU IT PERFECTA X KLS M (AIAS).......construíron esta ponte no ano 862 e rematouse o 22 de Abril.


 



                   

             PEDRA FUNDACIONAL PONTE MOURAZOS. FOTO. ALBERTO PLATERO.

A importancia desta pedra resulta extraordinaria, xa que tan so podemos falar doutras tres pontes, nas que existe constancia da súa fábrica orixinal deste xeito; Na Ponte Taboada, entre  Lalín e Silleda, no camiño de inverno a Compostela, e nas pontes de Toiriz, e Losón, en Vila de Cruces, todos eles pontes medievais, sen dubida como ben recolle no seu estudio; Los Caminos Medievales de Galicia", a investigadora Elisa Ferreira Priegue, imprescindibles nas rutas e vías de comunicación daqueles tempos, e herdeiros das vías romanas.

Por certo que no lugar de Mourazos, entre o Muiño e a Ponte, existiu un "Mazadeiro" de liño, que era propiedade da casa de Talin, que tiña un canle polo que corría a auga e roda de tres orgos, onde se mazaba o liño despois do encorgado, ao parecer existiu tamén outro na Cornella, pero desafortunadamente non hai restos de ningún deles .

 

6.B.-CRUCEIRO DO PAZO DA PENA.-

Se trata dun fermoso Cruceiro de propiedade particular, pertencente ao propio Pazo. O único cruceiro de propiedade privada que puidemos ver en todo o Concello e que non foi visitado nin recollido no libro de X.M Broz, que nos ocupa, alá polo 1983.



                                                                    Ilustración  15 Cruceiro do Pazo da Pena

 

A pesar de ser privado, o incluímos a efectos de censo e rexistro, fundamentalmente pola súa beleza e características mais que interesantes.

O cruceiro se atopa á entrada ao pazo, próximo ao pombal que atopamos  sobre un pequeno outeiro marcando a vella capela do mesmo.

Se levanta sobre basamenta en grada de dous chanzos., alcanzando uns catro metros de altura total.

O fuste é a modo e semellanza dun tronco de arbore, con polas cortadas e rugosidade propia dos troncos das arbores, ás que imitan.

Presenta escultura no medio do mesmo coa representación da Verónica e o pano con que secou o sangue e suor de Cristo na paixón.

O Pedestal é cúbico e o capitel mo0ldurado, e con volutas nas caras que presentan e sosteñen o remate do mesmo en cadrado.

O Crucifixo, presenta imaxes, de Cristo na Cruz, e Virxe., no anverso e reverso respectivamente, e representa un descendemento de Xesús logo da súa paixón e morte, xunto con anxo e un santo que van recoller o corpo morto de Cristo.

 7.- Parroquia: Niñodaguia (San Paio).

Cruceiro que atopamos no  adro da igrexa parroquial, preto do muro que circunda o mesmo.         Coordenadas (WGS84): 42°51'52.0"N 8°01'38.3"O  (42.864436, -8.027299).

Un novo cruceiro mais dos típicos de procesión, o día do santo, día grande das festas patronais de San Paio, aínda que segundo contan os veciños, e corrobora Broz na súa publicación, este cruceiro anteriormente se atopaba no interior da aldea de San Paio, marcando dirección ao templo. Foi cambiado de lugar para o emprazamento actual no adro da igrexa, no pasado século, aínda que non se poido datar con exactitude cando foran realizados os traballos de traslado.

Cruceiro con basamenta en grada de un chanzos pequeno sobre o que se coloca o pedestal, de tipo cúbico achaflanado e con arestas.



                              Ilustración 16.CRUCEIRO NO ADRO DA IGREXA PARROQUIAL DE NIÑODAGUIA.

Apoiado no pedestal e arrimado ó varal, presenta pousadoiro para a celebración dos ritos sagrados, relixiosas e enterros, que apoia sobre dous pés de pedra de granito.

O fuste de uns dous metros e medio aproximadamente, é octogonal, empeza e remata en cadrado liso.

O capitel en tronco de pirámide invertida con molduras sostén un crucifixo sen imaxes, de cruz latina, ochavada con arestas e remate nos extremos a florenzada.

Cruceiro incluído na obra "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.07.1, Vol. IV, paxina. 2207, como case todos os que temos ata agora descrito.

Ase mesmo incluído por Broz, na paxina 62 do seu libro sobre os Cruceiros da terra de Melide, dos que nos estamos a ocupar nesta revisión.

 

8. Parroquia: Novela (Santa María).

Cruceiro sito no campo da festa do lugar. Un dos mais fermosos de todo o Concello. Coordenadas (WGS84): 42°52'25.3"N 8°03'21.1"O  (42.873688,-8.0558741).

Entre a capela e o templo da igrexa parroquial, no medio dunha alameda de arbores a cada lado.

Cruceiro incluído no seu libro "Cruceiros na provincia da Coruña", por Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.08.1, Vol. IV, páxina. 2208.

Tamén figura no traballo que nos ocupa "Os Cruceiros da Terra de Melide" de Xosé Manoel Broz Rei. Boletín do Centro de Estudos Melidenses, Museo Terra de Melide, nº 2 Novembro, 1983, editado por el Centro de Estudos Melidenses, na páxina 45.

Se trata dun impresionante cruceiro procesional no que os devotos levaban en andas o santo, os días de corpus e da festividade de Santa María, patroa da parroquia. Nos indica Bros, que tamén había procesión os días do Rosario, `primeiro domingo de outono, e polo Vilabade, o luns e martes seguintes de Pentecostes.

Cruceiro con inscrición no pousadoiro no que aparece 1882 o que podemos entender logo como o seu ano de fábrica.

A súa basamenta se levanta sobre grada con catro chanzos de bo tamaño en pedra de granito.

Como remate colocan un pedestal en tronco de pirámide no que se esculpen os símbolos da paixón, caveira como símbolo da morte, tenaces, escada, etc. Que se distribúen do seguinte modo.

                                                               Ilustración  17.CRUCEIRO DE NOVELA.

Na cara norte aparecen gravados, as tenaces, os tres cravos da paixón, martelo e unha píntega, que as veces tamén aparece representada noutros cruceiros da zona.

Na cara sur do pedestal, non apreciamos nada, ademais a tapa os pés do pousadoiro.

No lado este, se pode observar un sapo, outra píntega e unha folla de palma.

No lado oeste, a coroa de espiñas, unha escada e un hisopo.

Sobre o pedestal se levanta un fermoso fuste, ou varal de mais de dous metros e medio, de tipo renacentista, circular  acanalado con estrías, e boceles moi marcados.

O capitel é outra das particularidades deste cruceiro xa que no concello non hai ningún similar, e de tipo dos derivado do composto. Presenta adornos en forma de volutas, molduras e follas moi estilizadas, e rematadas con caras de querubíns.

O Crucifixo é recto coas arestas achafranadas e presenta no anverso, na cara que mira a igrexa, a cristo crucificado ollando cara a dereita, con tres cravos e coroado na cabeza coa coroa de espiñas. Sobre o extremo da cruz, o INRI.

Indica Broz no seu traballo, que a imaxe segue a escola de canteiros e imaxineiros de Ordes, do escultor Ferreiro.

No reverso se presenta unha virxe apoiada sobre unha peaña, con anxo, en actitude orante. Mans xuntas polas palmas. Tocada con manto no que se distinguen perfectamente so pregues do mesmo. 


                                      Ilustración 18 Cruceiro de Pezobre.San Cristovo. No adro da Igrexa parroquial.

9.- Parroquia: Pezobre (San Cristovo).

9.A.-Cruceiro que se atopa na proximidade do cemiterio e igrexa parroquial de  Pezobre. Á  man esquerda á entrada do lugar.  Coordenadas (WGS84):  42°52'30.5"N 8°05'00.1"O  (42.87513, -8.08335).

Cruceiro incluído na obra "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.09.1, Vol. IV, páxina. 2209.

Se trata dun cruceiro bastante raro, de nova e recente factura, que foi visitado por Broz no ano 1983, e descrito no seu libro, na páxina 70, non hai que confundilo co que naquel entón Broz o sitúa a beira do río Beseña e nos indica que non é un cruceiro parroquial se non un cruceiro erguido en lembranza dunha santa misión, tal e como indica a inscrición que nosoutros non puidemos ver, tal vez desapareceu no proceso de traslado ó seu actual emprazamento.

Nesta inscrición se indicaba;

Santa Misión PP Mercedarios por dona Dolores Barreiro; año de 1899....Indulgencias.

Que describe na paxina 65.

Este Cruceiro do Adro da Igrexa  carece de basamenta, e se levanta sobre un pedestal dobre, cubico biselado cona restas achaflanadas e outro enriba deste esférico.

 


                                                      Ilustración 19. Detalle do crucifixo do C. de Pezobre.

 

Sobre o pedestal se levanta de uns dous metros aproximadamente, fuste liso octogonal, cadrado nos extremos inferior e superior.

Presenta capitel en tronco de pirámide invertida sobre o que se levanta unha pequena cruz, cos extremos  da mesma en forma de punta de lanza redondeada que recorda as follas da flor  do lis,  con  crucifixo no anverso,  na que se representa un cristo de moi reducido tamaño, branco de pedra de mármore  adosada a mesma. Apoia sobre unha peaña, coroado de espiñas, e con tres cravos.

Claramente semella que a cruz non é a orixinal, e dende logo o cristo resulta moito mais moderno que o resto.

 

9.B.- Cruceiro da parroquia de Pezobre (Sa Cristobo).

Cruceiro que se atopaba á beira do río Beseña, preto das casas do lugar e a pequena ponte que salva as augas deste regato e que hai anos desapareceu do lugar, ao caer e resultar moi danado.

Segundo nos indican os veciños do lugar, os restos do Cruceiro foron retirados pola familia propietaria do mesmo, “Casa dos Salgados”, e durante algún tempo estivo á entrada da súa casa, preto dun hórreo. Hoxe resulta totalmente imposible localizar os restos do mesmo, dado que a casa está abandonada e en estado ruinoso, e o que pode quedar daquel cruceiro de devoción está baixo terra, malas herbas, silvas, restos de ladrillo e pedra etc. resultando imposible localizar minimamente indicios do mesmo .

No é un cruceiro parroquial e un cruceiro de devoción en lembranza dunha Santa Misión, como xa dixemos mais arriba.

Hai que recordar que as Santas Misión, foron un instrumento creado e impulsado pola Igrexa Católica para afondar nese proceso de re-cristianización, dende o medo, a represión e o inmenso poder acumulado pola “santa madre iglesia”  e os seis representantes na terra, a curia eclesiástica, que puido contar ao remate da guerra civil  co amparo do paraugas do poder político e militar do exercito vitorioso.

Dende o Vaticano, se apoia e usa sen limites un dos definidos como piares do poder fáctico do Estado, xunto co exercito e a gran banca que financia a economía e a vida política e social do Pais.

                                     Ilustración 20. Cruz sobre muro dunha igrexa en conmemoración dunha Santa Misión.

Nesa refundación moral e social na que a igrexa mergulla buscando os seus propios intereses, deseñaron este tipo de misións con el propósito de reforzar a evanxelización do pobo español, que acatou sen cuestionarse nada, unhas veces por fe e outras por medo a mensaxe que estas santas misións transmitían intencionadamente, antes e despois da Guerra Civil.

Para o investigador e académico Darío Villanueva, no artigo publicado na prensa local el 19 de Septembro del año 2007, co gallo da inauguración da exposición ca Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales,  sobre as Misiones Pedagógicas (1931-1936); foi a raíz dun Decreto da República en Mayo de 1931, cando se crea o Padroado de Misiones Pedagóxicas.

Na súa orixe se distingue polo traballo de uns seis centos misioneiros voluntarios, novos e idealistas que percorren o Pais, levando de pobo en pobo á xente, na súa maioría totalmente analfabetos, o ensino, a cultura en forma de teatro,  cine. Musica, libros en bibliotecas ambulantes, facilitándolles a educación que lles permitirá ir saíndo da miseria e a pobreza.

Este inmenso traballo chegou a mais de seis mil pobos, vilas e aldeas nos que a xente pensaba ca educación era algo inútil, de señoritos e ricos, de señores de pazos, “cortijos” señoritos e servidores, facendo valor aquel dito popular de que; Pasa mais fame cun mestre de escola.

En Galicia esta campaña alcanzou as catro provincias durante algo máis de seis meses baixo a dirección de Rafael Dieste, que contou coa inestimable axuda de reitor da universidade Compostela: Alejandro Rodriguez Cadarso.

A labor  desenvolvida por estas "Santas Misiones", conviviu non obstante en Galicia, coa impagable labor que dende as Américas, realizaban xenerosamente os coñecidos Indianos, en defensa dos seus pobos e as súas xentes a través das sociedades e irmandades creadas  mais alá do océano.

A partir de 1942 a igrexa se afana en conseguir levar ata o ultimo confín do noso País, a vida cristiá, en forma de ideoloxía católica, apostólica y romana, con exercicios espirituais, apostolados, consagracións ao sagrado corazón, e as Santas Misións, obrigándose na práctica con bandos militares e ameazas máis ou menos veladas, á asistencia da xente a tales actos revestidos de gran solemnidade e relixiosidade, as que sobre todo as mulleres respondían masivamente.

A nulidade de matrimonios civís e divorcios formalizados durante o período republicano, a obrigatoriedade do bautismo, para conseguir calquera documento público, os certificados de boa conducta os avales de párrocos e cregos e autoridades locais, terratenentes e señoritos incluído, ou a obrigatoriedade do ensino relixioso no  colexio e escolas  tan so foron unha pequena mostra do que a realidade obrigou a maioría dos españoles daqueles tempos, sobre todo para os que perderon a guerra.

As Santas Misións, tan so foron un vehículo máis  no adoutrinamento, na transmisión do ordeno e mando, do temor, a represión, o pecado ou o cárcere para os derrotados, os que non acataran o novo orde establecido, e as súas consecuencias practicas..

De aí a importancia ca  igrexa e os poderes públicos confiren a aquelas primeiras Santas Misións de 1942 a 1947 Os muros das nosas igrexas e parroquias, sonche testemuñas daquela febre evanxelizadora.

Aquel desaparecido Cruceiro tiña  inscrición na que  como xa dixemos podíase ler:

SANTA MISION PP MERCEDARIOS .POR DONA DOLORES BARREIRO; AÑO DE 1899...POR DEVOCION.

Fuste cadrado octogonal, con pequena cruz achaflanada nas arestas e florenzada nos estremos da mesma.

A súa basamenta está conformada por un chanzo de granito exclusivamente e con pedestal cúbico con arestas achaflanadas

 

10.- Parroquia de Pezobrés (Santo Estevo).

Cruceiro situado na carballeira, onde o campo da festa do lugar, preto da igrexa parroquial que aínda conserva restos da súa fábrica románica. Coordenadas (WGS84): 42°52'16.1"N N8°02'39.6"O  (42.871133, -8.044322).

Cruceiro incluído na obra "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruiz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.10.1, Vol. IV, páxina. 2210.

Cruceiro procesional. Os devotos o 11 de xullo, festividade de San Benito, levan o santo patrón en andas dende o interior do templo ata este lugar agora usado como aparcadoiro de coches, antes segundo relataba Broz, carballeira para celebrar as festas.

Cruceiro que foi derrubado en varias ocasións, e que sufriu importantes cambios e modificacións como consecuencia destes derrubes.

                                                              Ilustración 21.CRUCEIRO DE PEZOBRES.

Da fábrica orixinal conserva tal e como nos relataba Broz, na súa visita do ano 1983, parte do pedestal en forma de tronco de pirámide, sobre o que hai pousadoiro de curiosas características, xa que está totalmente pechado por todos os seus lados e empotrado no pedestal.

Non se aprecian aínda que se intúen gravados os símbolos da paixón, no pedestal.

Ten inscrición ilexible.

Fuste dos de tipo renacentista, que foi derrubado e rompeu, polo que tan so queda parte do orixinal, e circular, acanalado con arestas.

O capitel  derivado a composto semella o de a parroquia de  Santa María de Novela presenta adornos e ornamenta no estremo inferior anel, circundando  todo a circunferencia do fuste.

Presenta follas, e anxos como ornamentación así como volutas.

A cruz sen imaxes, na actualidade é de cemento, xa que a anterior rachou ao ser derrubada, xa tampouco era a orixinal.

Ilustración 22 A VELLA `PONTE DE RIBADULLA, HOXE DESAPARE3CIDO BAIXO AS AUGAS DO ENCORO DE PORTODEMOUROS.

11. Parroquia de Ribadulla (San Vicenzo).


Cruceiro que se atopa no adro da igrexa. Coordenadas (WGS84):  42°51'36.3"N 8°05'54.4"O  (42.860089, -8.098439).







 

 

 

 

 

 

 

  

                                                               Ilustración 23.Cruceiro de Ribadulla.

 

Os veciños mais vellos deste  lugar de Ribadulla de apenas cen habitantes a carón das augas do encoro de Portodemouros, que encorseta artificialmente o río Ulla, aínda recordan a vella igrexa, a ponte pequena  ponte de pedra sobre o río que levaba as terras de Agolada e as casas de cachotería e muros de pedra  nos verán mais secos coma fantasmas saen do fondo de lama e barro cuarteado do leito do río.

Moitos marcharon, pero os  de mais idade que se negaron a marchar recordan como a finais do ano 1960 a hidroeléctrica Moncabril, inundou as súas terras, e deixou casas e facendas baixo este encoro de Portodemouros que hoxe podemos ver.

 

Os traballos de construción da nova igrexa foron realizados polos propios veciños os que lle pagaron 400 pesetas das de aquel entón ao día.

Estas terras foron as mais ricas, fértiles e poboadas de todo o concello no seu tempo. E aquí había es cola unitaria e taberna, ademais da  súa pequena igrexa, de corte decimonónico xa comentada.


Agora queda o embarcadoiro ao pé do encoro, para facer a viaxe e cruzar ata o embarcadoiro de  Arnego, en As Cruces, afortunadamente de balde, compromiso que tivo que acadar a concesionaria do encoro, para coa xente da zona para evitar ter que dar un rodeo de varios quilómetros se se quere pasar de Ribadulla a Vila de Cruces. 









 

 

 

 

 

                                                            Ilustración 24. Detalle da Cruz do C. de Ribadulla.

 Aquí atopamos este cruceiro no adro da nova igrexa, que semella unha nave industrial mais que un templo, e que foi trasladado dende a vella igrexa antes de que as augas do Ulla asolagaran toda a aldea para sempre.

Sinxelo cruceiro de basamenta formada en gradas de tres chanzos.

Pedestal moldurado, fuste octogonal con remate e inicio con sección cadrada, capitel e cruz con remates florenzados cun anxo en baixorrelevo no anverso.

No pedestal figuran dúas inscricións, unha antiga, "AÑO 1884" e outra que dá conta da obra do traslado e reedificación "11-1-1968".

Na base do varal tamén consta outra inscrición que di: "ESTE POR DEVOCION DE...".

Cruceiro incluído na obra "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruiz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.12.1, Vol. IV, páxina. 2212.

No ano 1983 foi visitado por XM Broz, e identificado no seu libro na paxina 61.

Na actualidade oficia de Cruceiro procesional, xa que os días de patrón, os devotos van en procesión dende po templo, bordeando o cruceiro e regresando ao interior do mesmo, co santo, San Vicenzo en andas.

12. Parroquia: San Romao.(San Pedro)

Cruceiro que se alza no lugar denominado O Campo da Eirexe, nun cruzamento de camiños. Coordenadas (WGS84):   42°54'02.4"N 8°05'11.9"O  (42.900678, -8.086653).

Cruceiro procesional ao que os devotos bordean en procesión o día do santo San Marcos.

Cruceiro que ha sufrido diversos avatares que fan del na actualidade algo diferente do que debeu ser orixinalmente.

Se levanta sobre basamenta en grada formada por tres lousas de pedra, a modo de chanzos.

Sobre este ultimo se pousa o pedestal cadrado moldurado, en dous tramos, o ultimo mais estreito e con arestas.

Fuste octogonal, cadrado nos estremos.

Capitel moldurado con caveto do que sae unha cruz achaflanada nas arestas con remates lisos e rectangulares.


                                                      Ilustración 25..cruceiro de San Romao.

Temos que matizar que cando no ano 1983 foi visitado e descrito por Broz, na paxina 65 do seu libro de campo sobre os Cruceiros da terra de Melide, a Cruz carecía de imaxes. Era unha cruz latina simple florenzada nos estremos lisa e rectangular.

Na actualidade se nos presenta un crucifixo con imaxes.

No anverso un pequeno cristo na cruz crucificado, apoiado sobre unha pena. Carece de INRI, non ten coroa de espiñas, e tampouco se distinguen tres cravos. Moi erosionado.

No reverso, apreciamos unha virxe en actitude orante, apoiada sobre unha peaña, con manto, e de maior tamaño que o cristo que vemos na cruz.

13. Parroquia: Santaia de Rairiz. 

Cruceiro no Camposanto, onde foi trasladado dende o seu emprazamento orixinal nun cruzamento de camiños preto da igrexa parroquial, onde aínda no ano 1983 o visitou Broz. Coordenadas (WGS84):  42°50'52.7"N 8°02'42.0"O  (42.8479651,-8.0450103).

A tradición marca que se trata de cruceiro procesional ao que os devotos ían en procesión bordeándoo dende a igrexa, os días de patrón o San Antón. Na actualidade xa non se realiza dado que ademais o cruceiro está no interior do camposanto.

Cruceiro na que a basamenta está formada por grada de un so chanzo.

Pedestal cúbico rematado con arestas achaflanadas.

 

                                                                          Ilustración 26. Cruceiro de Rairiz.

 

Fuste de aproximadamente dous metros de altura octogonal e cadrado nos estremos, como practicamente todos os cruceiros de cruz do Concello.

Capitel moldurado dobre, sobre o que se levanta unha cruz latina cadrada con arestas achaflanadas e estremos florenzados, sen imaxes.

 14. Parroquia: Serantes (Santaia).

Cruceiro nun cruzamento de camiños, preto da igrexa no lugar de Serantes, na actualidade parada de bus e aparcadoiro de vehículos o que o pon en perigo de derrube como xa ocorreu en varias ocasións.

Na actualidade Decembro do 2021, volve a estar derrubado, o fuste rachado en varios anacos, a cruz destrozada en pequenos anacos de pedra, e unicamente se conserva intacto  o pedestal.

Coordenadas (WGS84):  42°52'18.0"N 8°02'02.7"O  (42.871672, -8.034094).

Cruceiro incluído no libro mencionado varias veces xa de Luis Martin Ruiz, “Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruiz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.15.1, Vol. IV, páxina. 2214.

 

                                                             Ilustración 27.detalle do crucifixo do C. de Rairiz.

 

Da destrución do cruceiro se daba conta no muro do Facebook do Museo Terra de Melide deste xeito o pasado 20 de outubro do 2021.


                                                       Ilustración 28.CRUCEIRO DE SERANTES

 

ENÉSIMO DANO A UN CRUCEIRO

E por desgraza non será a último.

O pasado fin de semana, mentres faciamos o roteiro polo patrimonio de Santiso cos alumnos do CEIP de Arcediago, achegámonos ata Serantes e puidemos comprobar como o seu crucerio foi tirado unha vez máis, e xa van moitas, por un vehículo


Este tipo de accións, que sufren con frecuencia estes elementos tan vulnerables, deberían ser evitadas con algo tan sinxelo como poñéndolle unha protección perimetral. Algo por outra banda, que non conleva nin esforzo económico, nin físico, nin impide o paso de vehículos ó seu carón, e si facilita o seu coidado e preservación. Poñendo unha simple cadea que circunde o espazo que ocupa o cruceiro utilizando o seu perímetro e sostida por uns pivotes, axudaría a que coches, camións, tractores e demais teñan un punto no que pararse antes de topar co cruceiro.









 

 

 

 

 

 

 

 

                                               Ilustración 29. DERRUIDO CRUCEIRO DE SERANTES.

 

O mesmo acontece en numerosos cruceiros da bisbarra e das comarcas veciñas: Visantoña (que xa foi reparado e vallado para evitar máis atropelos), Zas de Rei (que sufre constantes agresións na súa escalinata), Liñares (e que estivo tempo sen a cruz ata que foi reparada), ou o de Maroxo en Arzúa, (que a día de hoxe despois de ter caído, aínda non se sabe onde están a cruz e o fuste).

O dano causado por destrozar un cruceiro é para todos, pois o patrimonio é un ben común.

Se non o coidamos e protexemos estamos a perder a nosa particularidade como pobo, a nosa propia cultura, única e irrecuperable.

Coidemos o patrimonio cultural e natural, xa que son as nosas raíces.

O Cruceiro de Serantes xa foi derrubado en múltiples ocasións, e na actualidade so conserva orixinal o capitel e a basa, sendo a cruz e o varal (fuste ou columna) de feitura contemporánea, debido ós danos sufridos noutras embestidas. Elaboráronse seguindo o modelo orixinal. Parte do seu varal antigo pode verse colocado ós pes. O feito de non ser o orixinal, por desgraza, non lle quita importancia ó feito en si da agresión, xa que este cruceiro, volto a levantar, representa a importancia que estes elementos seguen a ter nas parroquias e na necesidade de conservar os elementos tradicionais, xa que como nos comentaron os veciños, noutra ocasión anterior, para eles é IMPORTANTÍSIMO o cruceiro e o que significa.

Tal e como o visitamos e fotografamos en Febreiro do ano 2020, o cruceiro  carecía de basamenta levantándose con unha altura aproximada de uns tres metros, sobre un pedestal cadrado de granito, sen basamenta.

O fuste cadrado octogonal rematado nun capitel en tronco de pirámide invertida moldurado sobre o que se levanta unha pequena cruz cadrada florenzada nos estremos, sen imaxes, achaflanada nas arestas.

Segundo nos contaba Broz na súa visita recollida na paxina 64 do seu libro, este cruceiro facía parella co cruceiro de Arcediago.

15. Parroquia: Vimianzo (Santa María).

En Vimianzo atopamos dous Cruceiros.

15.A.- Parroquia: Vimianzo (Santa María) no adro de Eirexe onde foi trasladado cando se constrúe o novo templo. Coordenadas (WGS84): 42°52'54.5"N 8°00'13.8"O  (42.881807, -8.003827).

Cruceiro que non foi visitado no ano 1983 por X.M. Broz, polo que non figura no seu libro, moi posiblemente non existía daquela, o que nos indicaría que se trata dun cruceiro relativamente novo, ou que non soubo del, aínda que esta hipóteses non semella ter moita credibilidade dado que no seu libro na paxina 66 si que fala do outro cruceiro do lugar, que imos mais adiante describir, polo que nos inclinamos a crer que non existía naquelas datas.

Curiosamente nos indicaron algúns dos veciños do lugar que este cruceiro estaba nun cruzamento de camiños mais abaixo, cara a vella capela de Santa María, marcando a dirección ao cemiterio e igrexa, e que nos días de festa se ía en procesión ata o cruceiro dende o templo, e regreso, por iso cando se fixo o novo edificio da parroquia foi trasladado onde el.

                                                              Ilustración 30.CRUCEIRO DE VIMIANZO.

O cruceiro se levanta sobre unha grada de moi bo tamaño, de pedra de granito con tres graos ou chanzas cadrados. A pedra vese relativamente novo, salvo a primeira que está practicamente integrada no terreo de terra e herba na que se levanta.

Pedestal en cadrado liso, sen molduras nin adornos.

Tamaño total do cruceiro uns catro metros de altura.

Fuste cadrado, no medio do varal se nos presenta unha imaxe esculpida dun peregrino, ou quizais queren facer referencia e enxalzar a Santiago mata mouros, cun Santiago peregrino, aínda que ao ter un libro na man esquerda e o báculo na dereita, non nolo parece. Xa é sabido que o libro resultar ser atributo dos evanxelistas e doutores da igrexa, en tanto que o báculo e representación dos bispos na súa labor pastoral. Polo demais semella que sobre a cabeza leva sombreiro, o que o mesmo pode ser un sombreiro de peregrino como unha mitra, mal feita, o que simbolizaría que se trata dun Bispo.

O capitel en forma de tronco de pirámide invertida con gravados de anxos nos lados, volutas e adornos de follas e xeométricos, sostén un crucifixo de bo tamaño con imaxes.

No anverso da cruz mirando de fronte a igrexa, observamos a imaxe de Cristo con coroa de espiñas e tres cravos. Ollos pechados e o pano con que se cubre totalmente diferente dos que vemos representados en calquera outra talla, polo que resulta totalmente singular.

No reverso, imaxe da Virxe, absolutamente singular, xa que se nos presenta con manto, cabeza cuberta con carapucha e sostendo un cristo neno, sobre o brazo esquerdo, con as mans perfectamente esculpidas abertas sobre o seu peito.

Os remarques dos ollos, a boca, o nariz, a cara en suma da virxe, e outros rasgos das imaxes, e esculpidos nos fai pensar nunha peza de cantearía relativamente moderna, xa que non se corresponde coa forma de traballas dos canteiros do século XIX, nin anteriores, o que ven a avalar a súa fábrica mais que nova, e o feito de que Broz nolo visitara, xa que non existía daquela.

15.B .- Vimianzo (Santa María). Igrexario (igrexa vella). Coordenadas (WGS84):       42°52'53.4"N 8°00'07.3"O  (42.881506, -8.002035).

                                                          Ilustración 31..CRUCEIRO DE VIMIANZO.

O segundo dos Cruceiros de Vimianzo o atopamos nun ribado ao final dunha corredoira, hoxe estreita pista que atravesa a aldea, cara a igrexa vella, e cemiterio.

O lugar é francamente perigoso para a integridade e supervivencia do cruceiro xa que se asenta sobre un balado de terra e pedra totalmente invadido e cuberto de silvas, toxos e xestas, que impiden comprobar as características do mesmo e o seu estado actual.

En principio `pensamos, aínda que non puidemos comprobalo feacientemente, que carece de basamenta e se alza sobre un pedestal,  formado por un penedo natural, aínda que para Broz, se trataba dun pedestal cúbico achaflanado.

O seu fuste de uns dous metros de altura é cadrado de tipo octogonal con garras no estremo inferior, en tanto que no extremo superior se adorna en forma de cordón que circunda todo o cadrado do fuste, con algo similar a unha gota ou bágoas. De calquera xeito o adorno en se mesmo resulta absolutamente novidoso, e unicamente apreciamos unha certa similitude co cruceiro de Liñares tanto nestes adornos do fuste no seu estremo superior, como do crucifixo, coa cruz incisa que presenta no anverso. O reverso da mesmo non puidemos pasara vela, por riba do balado, xa que resulta impracticable.

A verdade é que o cruceiro está no fondo da aldea. Sobre unha ribada chea de silvas que impiden observar con nitidez o pedestal, penso que carece de basamenta. Nunha corredoira, hoxe camiño polo que apenas pasa un coche, que remata onde a igrexa vella, na que pódense aínda ver restos do cemiterio. Da a impresión que xa non ten servicios relixiosos dende que se fixo a nova un pouquiño mais arriba no medio do lugar.

O fuste octogonal, remata sostendo un capitel en tronco de pirámide invertido, en cadrado moldurado, con uns artísticos remates traballados na pedra mesma, que semellan colgantes, nunca antes os vira nun varal de cruceiro.

Columna que adapta o reinterpreta os gustos e caracteres clásicos (grego e romano).


        

                                                       Ilustración 32.CAPITEL E CRUCIFIXO DO C. DE VIMIANZO.

 

Nesa adaptación que realiza o artista, o mestre canteiro, en ocasións poden resultar sumamente novidosos e orixinais, tal e como ocorre con este cruceiro.

Para XM Broz este adorno era:

"BONETES DE CREGO, derivación do florenzado" . O que ven sendo o mesmo; remates florenzados con botón central.

Esa palabra "recrucetada" que menciona penso que está mal utilizada. Seguramente refírese a unha cruz que eu chamaría "incisa".

Unha cruz recrucetada como xa dixemos sería unha cruz, que inclúe pequenas cruces nos extremos dos brazos da cruz principal.

No seu traballo Broz, nos indicaba que o Cruceiro estivo policromado de cor azul, verde e siena. E ao parecer foi movido de lugar cando se asfaltou e ancheou parte desta corredoira que baixaba cara a igrexa vella.

Cruceiro incluído no libro "Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruiz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.16.1, Vol. IV, páxina. 2215

16. Parroquia: Visantoña (San Xoán).

Cruceiro nun cruzamento de camiños, practicamente fai de rotonda reguladora de trafico, co perigo que elo representa para a integridade do cruceiro, no lugar coñecido como Seoane, preto dun bar.

Coordenadas (WGS84): 42°51'53.6"N 8°06'46.7"O  (42.864894, -8.112970).

Cruceiro incluído en “Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruiz (Deputación da Coruña, 1999), con el número 80.17.1, Vol. IV, páxina. 2216.

En Novbro do ano 2018 o museo terra de Melide, denunciaba no seu muro do Facebook o os danos sufridos polo cruceiro como consecuencia dun accidente de circulación. 

Posteriormente no 2019 o cruceiro volveu quedar seriamente danado  como consecuencia doutro impacto dun vehículo contra o seu pedestal.

                                                                Ilustración 33.CRUCEIRO DE VISANTOÑA.

Reproducimos textualmente polo que ten de valor os artigos publicados polo Museo Terra de Melide ao respecto en cada momento;

A VULNERABILIDADE DO PATRIMONIO CULTURAL:

Incidente co Cruceiro de Visantoña

En datas recentes o fermoso Cruceiro de Visantoña (Santiso), datado no século XVIII, foi vítima dun desafortunado accidente que lle causou danos (por sorte non irreversibles), e que puxo en evidencia a falta de protección que sofren estes elementos patrimoniais tan expostos a todo tipo de percances. Cabe mencionar, en relación a este suceso, o pouco protexidos que se atopan os cruceiros, casos como o de Visantoña non é difícil que ocorran de igual xeito en Gondollín, Leboreiro e Melide, onde temos a sorte de contar cun incomparable cruceiro datado no século XIV, e que está en risco constante de sufrir un incidente similar.

O acontecido en Visantoña non foi máis que un accidente ou incidente sen ningún tipo de intencionalidade, e en ningún caso se trata dun atentado contra o patrimonio (que quede ben claro este punto), pero non deixa de ser enormemente preocupante que este tipo de accidentes ocorren pola mala ou nula protección que teñen estes elementos protexidos pola Lei de Patrimonio Cultural de Galicia (Lei 5/2016 do 4 de maio) (Título II, Capítulo II, artigo 38-2 a; Título VII, Capítulo III, artigo 91-2 a e artigo 92).

O caso do Cruceiro de Visantoña, pon de manifesto e nos avisa unha vez máis, do risco inminente de sufrir un dano similar por parte de calquera dos cruceiros da nosa terra. Cruceiros coma o de Gondollín ou o Leboreiro, que se atopan “mal situados” na actualidade, aínda que no seu lugar orixinal, posto que foron erixidos no lugar apropiado están en risco vermello, xa que os novos tempos e as ampliacións de camiños e estradas para a circulación de todo tipo de vehículos, fan que estes elementos “estorben” ó tránsito rodado. Quizais  a solución máis axeitada, dende o noso punto de vista, sería protexelos cun valado metálico estable, de maneira que se un vehículo calculase mal a distancia de separación, batería co peche e non contra o elemento patrimonial, cousa que é indudablemente preferible.

Non é este o caso do Cruceiro de Melide, que non se atopa ó carón, nin ó pé, nin no medio de ningunha estrada ou camiño, pero aínda así está en serio perigo, sobre todo durante as festas do San Roque, onde os camións das grandes orquestras aparcan a non máis de 50 centímetros de distancia, ou incluso chegan a colocar cintas de balizar no seu fuste, ou apoiar os puntais do palco na súa plataforma.

O 13 de Xullo do 2019. Se publicaba de novo reseña deste Cruceiro de Visantoña, pola dirección do Museo da Terra de Melide.

 

 


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


                                                         Ilustración 34..CRUCEIRO DE VISANTOÑA.

 

RESTAURACIÓN DO CRUCEIRO DE VISANTOÑA

Dende o Museo da Terra de Melide queremos felicitar, unha vez máis, a teimuda e infatigable acción dos veciños da parroquia de Visantoña (Concello de Santiso), para conseguir restaurar e protexer o seu cruceiro e mantelo no seu sitio (despois da última embestida provocada por un vehículo ) Todos deberíamos tomar exemplo, e conseguir coidar, protexer, restaurar e dignificar os Cruceiros ou calquera outro ben de interese histórico, etnográfico, arqueolóxico,...

Hoxe publicamos uns debuxos da autoría de Xosé Manuel Broz, feitos fai moitos anos, e onde podemos ver ese magnífico cruceiro e os detalles da súa decoración, e tamén unha foto dos anos 60 na que a ben afamada Banda de Música de Visantoña, posa orgullosa diante desta fermosa obra histórico-artística datada no século XVIII.

Agora compre ver que tipo de protección perimetral se lle vai instalar, para evitar máis atropelos. Un cruceiro é un elemento demasiado fráxil e vulnerable (especialmente os ubicados en cruces de camiños), polo que un sistema de valado perimetral estable e de certa entidade e firmeza pode evitarlle danos irreversibles.

Cruceiro incluído no libro "Os nosos cruceiros". Autor e ilustrador: José M. Laredo Verdejo. Boreal - Xuntanza Editorial, 1993. Vol. I, páxinas. 122-123.

O Cruceiro foi visitado e incluído no libro que estamos a comentar e revisar de "Os Cruceiros da Terra de Melide" de Xosé Manoel Broz Rei. Boletín do Centro de Estudos Melidenses, Museo Terra de Melide, nº 2 Novembro, 1983, editado por el Centro de Estudos Melidenses.

Broz nos indicaba daquela que o Cruceiro "Foi movido de sitio uns metros cando se fixo a estrada na década dos anos sesenta, polo que o Cristo está ó revés de cara a igrexa como é acostumado.".

Posiblemente o cruceiro mais interesante e fermoso de todo o Concello, segundo Broz de tipoloxía B, isto é Basamenta en grada. Pedestal cos símbolos da paixón, fuste de sección cadrada octogonal. Cruz con imaxes, normalmente cristo no anverso e virxe no reverso.

Posiblemente a súa fábrica se pode datar entre finais do século XVIII e principios do XIX.

No caso especifico do Cruceiro de Visantoña a súa basamenta está formada por unha grandiosa grada de catro chanzos abocelados e un pousadoiro de pequeno tamaño.

O pedestal é de tronco de pirámide invertida no que se pode admirar as gravuras de caveiras, unha en cada esquina do mesmo, ase como os atributos da paixón deste xeito:



Ilustración 35.BANDA DE MUSICA DE MELIDE POSANDO DIANTE DO CRUCEIRO DE VISANTOÑA. FOTO MUSEO TERRA DE MELIDE.


Na cara norte do cruceiro, aparece o hisopo, escada, coroa e sapo con óso.

No lateral sur, as tenaces, píntega con óso, tres cravos e un martelo.

Na cara oeste, non aparece nada, se adiviña a existencia de lenda moi erosionada ilexible.

E finalmente no lado este, aparece un lagarto, e a representación dunha palma.

O capitel se apoia no fuste de tipo octogonal, cadrado nos estremos como xa dixemos, é ten representados querubíns, volutas e colarino sogueado. E derivado composto.

No crucifixo se representa sobre o anverso da cruz a figura de Cristo, con coroa de espiñas, tres cravos e cartela do INRI, neste caso, como xa ten pasado en algún outro ao ser trasladado de sitio o cruceiro foi mal colocado e cristo queda de costas a igrexa, cando a tradición establece que tiña que mirar de fronte á súa igrexa.

Erro nada novo, que temos observado en mais dun cruceiro o que nos da referencias de que foi movido, sen dubida.

No reverso a virxe María en actitude piadosa e orante.

 

CONCLUSIONS.

As características xerais mantidas en practicamente todos os cruceiros visitados nos permiten concluír nunha serie de construcións similares que se repiten unha e outra vez nos mesmos.

No Crucifixo practicamente sempre cando hai imaxes, se representa no anverso a Cristo Crucificado, en forma de baixorrelevo, e no reverso a Virxe María en actitude piadosa, orante ou unha dolorosa.

O pedestal case sempre en tronco se presenta en forma cúbica ou tronco de pirámide. En moitos deles con gravados dos símbolos da paixón.

O capitel é en todos os casos visitados composto, moldurado, moitos con adornos que se repiten en case que todos eles, o que significa que se copiaban uns a outros, xa que non hai diferencias nin formas que chamen a atención ou marquen distancia significativas entre eles.  

O varal, é case sempre estriado , ou ben  oval ou en outros casos octogonal, de época mais tardía e case sempre cruceiros de cruz, sen imaxes.

A modo de remate do presente artigo imos facer un resumo da situación actual dos Cruceiros do Concello de Santiso, dos Deza nove  cruceiros de titularidade pública e deixando aparte os dous  privados que puidemos ver, un deles no Pazo da Pena, ímolos clasificar deste xeito:

-Cruceiros en mal estado.- oito.

-Cruceiros desaparecidos.- Un (En Pezobre. San Cristovo).

-Cruceiros en Regular estado que aconsellan intervención a medio prazo.- tres

O resto podémolos considerar como aceptable, si ben consideramos oportuno algunhas intervencións para eliminar elementos arquitectónicos invasoras e non propias dos mesmos, aínda que sabemos das dificultades que elo entraña e  imposibilidade de tales actuacións nestes elementos patrimoniais cargados de simbolismo e relixiosidade cando non historia mesma dos pobos e xentes dende a noite dos tempos.

Tamén sería moi recomendable a sinalización de practicamente todos eles, xa que carecen de marcadores de situación ou localización, o que en moitas ocasións dificulta a visita para os interesados no tema.

Dos  20 Cruceiros visitados e fotografados, mais o desaparecido de Pezobre, para a  presente revisión do traballo realizado por X.M. Broz, que nos ocupa, curiosamente tan so temos información de  dous cruceiros privados ou particulares no Concello,  deixamos constancia da existencia de un total de:

-Cruceiros de Cruz.- Catorce.

-Cruceiros con unha (anverso ), ou dúas (Anverso e reverso da cruz), imaxes.- Seis

-Cruceiros procesionais.-.Once

-Cruceiros con  baseamento en grada (dúas ou mais).-Dez

 -Cruceiros con mesa.-cinco

-Fora do seu emprazamento orixinal.-catro

.-Derruídos, ou con des perfectos ou en perigo.- oito

.-Desaparecido.- Un (O de Pezobre (san Cristovo).

.-De devoción .-  catro

.- Con Inscricións.- oito

E xa como remate final, aínda que sabemos das dificultades que elo entraña na actualidade, seria desexable e sempre que se poida e saiba con certeza, repoñer os nosos cruceiros no seu emprazamento orixinal, xa que un cruceiro fora de sitio tan so produce confusión, e leva ao engano ao camiñante ou peregrino, sen esquecer que como dicía o noso Castela, non hai dubida de que “Debaixo de cada Cruceiro hai agochado un pecado”.

 

BIBLIOGRAFIA.-

-Os Cruceiros da Terra de Melide" de Xosé Manoel Broz Rei. Boletín do Centro de Estudos Melidenses, Museo Terra de Melide, nº 2 Novembro, 1983, editado por el Centro de Estudos Melidenses.

-AS CRUCES DE PEDRA NA GALIZA, Alfonso R. Castelao. Editorial Nós, 1950.

-Cruceiros na provincia da Coruña", de Luis Martín Ruíz (Deputación da Coruña, 1999), Vol. II.

-Os nosos cruceiros. Autor e ilustrador: José M. Laredo Verdejo. Boreal - Xuntanza Editorial, 1993. Vol. I.

-OS CRUCEIROS NOS CAMIÑOS GALEGOS DE PEREGRINACIÓN" presentada por Juan J. Burgoa y publicada en el libro "ACTAS DO Iº CONGRESO GALEGO SOBRE "CRUCEIROS E CRUCES DE PEDRA"". Edita: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2009.

-Cruceiros do Camiño Francés e do Camiño a Fisterra. de Juan J. Burgoa. Publicado en AULAS NO CAMIÑO (DIÁLOGOS NUN CAMIÑO DA CULTURA EUROPEA), 2007, Xosé Neira López, ed.

-GALICIA EN COMARCAS. ARZÚA E MELIDE. Ir Indo, 2005.

Paginas WEB.-

-Cruceiros de Galicia.-

https://cruceirosdegalicia.xyz/1504601.html

-Abeancos Gal.-

https://www.abeancos.gal/elemento/cruceiro-de-melide

-Museo da Terra de Melide.

https://museodaterrademelide.blogspot.com/p/boletins.html

-Concello de Santiso.

https://santiso.gal/

 

 

GALERIA FOTOGRAFICA.-



Ilustración  1..DETALLES DO  POUSADOIRO E CRUCIFIXO DO CRUCEIRO DE BARTAZÓN.

 



Ilustración 2. DETALLE DA CRUZ E CRUCEIRO DE ARCEDIAGO.

 





Ilustración 3. CRUCEIRO DE NOVELA.



Ilustración 4..CRUCEIRO DE SAN XURXO. MOURAZOS.



Ilustración 5.. DETALLES DO CRUCEIRO DE VISANTOÑA.



Ilustración 6. CRUCEIRO DE VIMIANZO.

 


Ilustración 7.DETALLES DO CRUCEIRO DE VIMIANZO.

 

Ilustración 7. CRUCEIRO DE VIMIANZO. DETALLE DO FUSTE E CAPITEL. IGREXA VELLA.

Ilustración 8. CRUCEIRO DE VIMIANZO NA CAPELA VELLA. DETALLE DO CRUCIFIXO.

 

Ilustración 9. CRUCEIRO DE PEZOBRES.

 

Ilustración 10. CRUCEIRO DE BEIGONDO.

Ilustración 11. CRUCEIRO DE LIÑARES.

Ilustración 14. CRUCEIRO DE SERANTES.


 


  SIMBOLOXÍA, MITOS E RITOS NA TERRA DE MELIDE A BALANZA DO CRUCEIRO DE MELIDE Certamente o Cruceiro de Melide, o decano dos cruceiros gale...