AS FONTES PÚBLICAS DE MELIDE:
Debuxo de Xosé Manuel Broz Rei da Praza do Convento,
onde se pode ver a antiga fonte instalada a finais do século XIX.
Nestes días, que por mor dos descubrimentos
arqueolóxicos no Cantón de San Roque relacionados coa vella rede de sumidoiros
e aproveitamento dos excedentes de caudais das fontes públicas (instaladas a
fins do século XIX), e que posteriormente (na segunda metade dos anos 50) ían
ser aproveitados para abastecer de auga ó recén construído lavadoiro público,
estase a falar moito sobre o tema en cuestión.
Pois dende o Museo de
Melide consideramos que se trata dunha moi oportuna ocasión para falar do máis
importante, que non é outra cousa que lembrar a enorme importancia que supuxo
para a nosa vila a instalación das primeiras fontes públicas para o
abastecemento das casas, posto que ata o ano 1889 tíñase que botar man de
pozos, tanto de titularidade pública coma privada.
Así pois imos falar sobre este tema e compartir fotos antigas, así como amosaremos as particularidades das primeiras fontes de abastecemento público urbano, das orixes do lavadoiro, e tamén da chegada da traída para as casas, e como os habilidosos latoeiros artesáns de Melide se converteron en fontaneiros, posto que eran os únicos profesionais capaces de facer soldaduras das cañerías de chumbo.
Así pois imos falar sobre este tema e compartir fotos antigas, así como amosaremos as particularidades das primeiras fontes de abastecemento público urbano, das orixes do lavadoiro, e tamén da chegada da traída para as casas, e como os habilidosos latoeiros artesáns de Melide se converteron en fontaneiros, posto que eran os únicos profesionais capaces de facer soldaduras das cañerías de chumbo.
Tamén se falará de sellas,
das longas reas de xente, e dos tempos de espera nas fontes para ir pola auga,
dos augadores "profesionais", ou tamén das trasnadas que facían os
nenos na Fonte do Pilón.
XORNADA DE INAUGURACIÓN DO LAVADOIRO PÚBLICO DA VILA DE MELIDE.
Mais imos comezar polo
desaparecido lavadoiro municipal, a foto de arriba, datada na metade da
década dos 50, foi tomada o día en que se inaugura este novo e fundamental servizo
público.
Nesta foto pode verse a unha nutrida representación
de autoridades, precedida polo alcalde Don Ricardo Porto Rodríguez (que foi
alcalde de Melide entre os anos 1956 e 1960). A comitiva diríxese polo Campo de San Roque
ata o emprazamento do lavadoiro, situado ao carón do Camiño de Santiago, na
encrucillada onde na actualidade se atopa a Pizzería Atenas.
No grupo ademais do alcalde poden verse distintas autoridades políticas e sociais, tanto de Melide coma doutras localidades do país. Tamén se distingue na cuarta fila a un garda civil, tres cregos con sombreiro (alomenos dous deles relixiosos pasionistas, como pode verse polo emblema que levan no peito) ou tamén ó axente municipal José Mosteiro Pampín.
No grupo ademais do alcalde poden verse distintas autoridades políticas e sociais, tanto de Melide coma doutras localidades do país. Tamén se distingue na cuarta fila a un garda civil, tres cregos con sombreiro (alomenos dous deles relixiosos pasionistas, como pode verse polo emblema que levan no peito) ou tamén ó axente municipal José Mosteiro Pampín.
AS FONTES PÚBLICAS DE MELIDE
En relación ós recentes descubrimentos da antiga
canalización de augas no Cantón de San Roque, imos facer un percorrido
histórico e fotográfico polas fontes públicas de Melide, instaladas no ano
1889, polo entón alcalde Antonio Ron Varela.
A FONTE DA PRAZA DO CONVENTO
Comezaremos falando da Fonte da Praza do Convento.
Actualmente trasladada ó Castelo, tratábase dunha fonte monumental que pasou
por varias etapas de remodelación. Foi feita ex
profeso para este fin: unha fonte para subministro público de auga, colocada na
Praza do Convento, e que traía as augas do manancial situado no lugar de
Castro, a diferenza da fonte do Pilón ou dos Catro Canos que é posible que
pertencera a un dun dos claustros do Mosteiro de Sobrado dos Monxes.
Hoxe incluímos as fotos da
etapa máis antiga da que temos documentación, pois non dispoñemos de datos para
saber se na súa orixe xa era tal e como se ve nestas fotos dos anos 20, ou si
xa fora modificada nalgún momento. Nestas fotos podemos observar como a fonte
presenta un altar traseiro de pedra, e sobre el está colocada unha grande cruz
de madeira, froito das numerosas misións que os P.P. Pasionistas realizaron na
vila, ata os anos 60.
Destaca tamén sobre
maneira, a beleza decimonónica da Praza do Convento, cun pavimento de pedras e
toda ela flanqueada por árbores. Trátase dunha estampa da Praza, fermosa e
bucólica (e incluso semella máis grande polas árbores) que nos lembra a prazas
como a de As Bárbaras ou a de Santo Domingo na Coruña ou a da praciña da
Madalena en Ourense. Prazas adoquinadas ou en pedra miúda, con árbores
centenarias dando sombra e cobixo, en recunchos que invitan ó sosego (mágoa que
se perdera esa esencia na nosa Praza do Convento).
Esta fonte, como xa se dixo, sufriu remodelacións co paso dos anos.
Esta fonte, como xa se dixo, sufriu remodelacións co paso dos anos.
Foto dos anos 20 ou 30. Nesta foto pódese ver claramente o pavimento da Praza, con cantos e pedras, así como as árbores flanqueando todo o conxunto, o que lle confire un aspecto rústico, antigo e señorial ó conxunto. A fonte, monumental tamén, sitúase no centro da praza. Apréciase claramente o altar colocado tras a fonte así como a cruz de madeira que os pasionistas puxeron nunha das súas misións. Vense diante da fonte mulleres con sellas.
Estampa irrepetible da praza, que nos amosa a súa antigüidade e soleira.
Fotos dos anos 20 de José Fuciños Buján. Trátase dunha procesión pola Praza do Convento. E podemos ver a fonte co altar e coa cruz das misións. Chama a atención o pavimento do chan así como as árbores polo medio e polos laterais da praza.
Polos documentos gráficos (fotos), sabemos que esta fonte
da Praza do Convento a finais dos anos
30 sufrira xa unha remodelación: retiróuselle o altar que tiña adosado pola
parte posterior, pero nun primeiro momento aínda conservaba a cruz das misións,
que nas fotografías dos anos 40 xa non aparece.
Nesta remodelación aprécianse con claridade os pinos ou
pivotes que tiña flanqueándoa, e que se utilizaban para apoiar as sellas ó ir
buscar a auga á fonte.
Xa se pode apreciar tamén a Praza sen árbores, con un aspecto máis semellante ó actual e que lle resta monumentalidade, aínda que gaña en visión do conxunto. Deixa de ser un recuncho acolledor e romántico (no aspecto artístico do termo), para converterse no espazo, case diáfano, que temos hoxe.
Xa se pode apreciar tamén a Praza sen árbores, con un aspecto máis semellante ó actual e que lle resta monumentalidade, aínda que gaña en visión do conxunto. Deixa de ser un recuncho acolledor e romántico (no aspecto artístico do termo), para converterse no espazo, case diáfano, que temos hoxe.
Pero aínda tivo máis
cambios.
Nesta foto do ano 1978 vese como era ese banco corrido colocado ó redor da fonte. Con el, este elemento adquire novamente un aspecto monumental. Foto do arquivo da familia Neira.
Foto cedida grazas á cortesía de Pili
Sánchez Sánchez, propietaria da mesma, e que lla deu a Pili Urrutia para que
nola fixera chegar. Está tomada no ano 1967 ou 1968, e xa podemos apreciar como
os dous pinos dianteiros aparecen fragmentados. Posteriormente se lle colocou o
banco corrido.
Nesta foto do ano 1978 vese como era ese
banco corrido colocado ó redor da fonte. Con el, este elemento adquire
novamente un aspecto monumental. Foto do arquivo da familia Neira.
Podemos ver nela, tamén, ó moi recordado párroco da vila Don Antonio Mourelle.
Foto da primavera do ano 1980, na que
pode verse concentrados na fonte da Praza do Convento ós integrantes da Sección
de Arqueoloxía do Instituto de Estudios Galegos "Padre Sarmiento"
xunto ós fundadores do Museo da Terra de Melide. Imaxe para ó recordo, e
lembranza imborrable das figuras de Rafael Mejuto, Fernando Acuña e Carlos
García Martínez, para sempre na memoria.
O EMPREGO DAS SELLAS
Amosamos unha imaxe que parece sacada doutra época, aínda
que así é. Dun tempo no que en moitas casas aínda non tiñan traída de auga e
víanse obrigados a ir ás fontes a buscar a auga para o consumo diario e para a
hixiene (bañarse, lavar a louza...). E para ese menester, por outra banda hai
que pensar que bastante engorroso, utilizábanse as sellas.
A forma das sellas apenas varía dun lugar a outro, son recipientes con forma cónica máis anchos na base e cunha tapa para evitar que se derrame o líquido (tanto auga como leite), pero o que si é diferente é o material co que están elaboradas. En Melide as sellas eran de cinc, mentres que noutros lugares vemos sellas de madeira con aneis de metal, ferro ou latón (como os pipos do viño).
A forma das sellas apenas varía dun lugar a outro, son recipientes con forma cónica máis anchos na base e cunha tapa para evitar que se derrame o líquido (tanto auga como leite), pero o que si é diferente é o material co que están elaboradas. En Melide as sellas eran de cinc, mentres que noutros lugares vemos sellas de madeira con aneis de metal, ferro ou latón (como os pipos do viño).
Certo é que as mulleres
(pois case sempre eran mulleres as que ían buscar a auga ás fontes),
demostraban unha grande destreza no seu transporte, pois eran capaces de levala
apoiada na cabeza sobre unha molida e sen asila coas mans, pois moitas veces
estas ían ocupadas levando outras cousas en cada unha.
Hoxe en día non valoramos
a importancia do consumo e control moderado da auga, nin tampouco o valor que
ten poder dispoñer dela en tempo inmediato, pero ata non fai moitos anos era
necesario ir por ela ás fontes. E temos que pensar que sendo un ben necesario
de consumo diario, todos os días había que saír da casa para ir buscar a auga,
chovera, nevara ou venteara. E para coller a auga na fonte era necesario facer
cola, pero o tempo que se agardaba para encher a sella , era moi ben aproveitado
pois daba para coñecer os contos, dimes e diretes de cada día, falar cos
veciños e comentar as novidades da vila.
Existían tamén augadores e
augadoras, que case podía considerarse un oficio, pois había quen cobraba por
facelo e se dedicaba a “meter a auga nas casas”. Nalgunhas incluso había un
depósito onde se ía almacenando, e tamén había quen con inxenio preparaba unha
carreta para poder transportar varias sellas dunha vez.
Coa chegada da traída ás
casas, o ir a fonte deixou de ser unha necesidade e un pasatempo social, e
dende ese momento aínda houbo algúns que ían buscar auga para beber, pois
estaba máis fresca (aínda hoxe, moita xente vai pola auga á fonte dos Catro
Canos para ter auga fresquiña na casa, para consumir durante o día). Tamén o
feito de crear un subministro permanente de auga nas casas motivou que un dos
oficios tradicionais e necesarios, os latoeiros, se reciclasen e pasasen a
converterse nos primeiros fontaneiros da vila, xa que eles sabían traballar
coas tubaxes e soldalas.
Foto dos anos 40. Vemos a unha augadora coa sella na cabeza, que viña de buscar a auga da Fonte da Praza do Convento.
Sellas do Museo de Melide elaborada en cinc, era válida tanto para a auga como para o leite.
Exposta na Sala 6, planta 3ª do Museo dedicada á casa tradicional, a escola e á relixiosidade popular.
Nesta foto dos anos 30 vemos a un grupo de mozas posando diante da Fonte dos Catro Canos. Podemos observar como sobre o pilón hai pousada unha sella (de cinc, típica desta zona).
Foto do ano 1957. Vemos a un grupo de mozos pousando na Fonte dos Catro Canos, e apoiadas no pilón varias sellas para recoller a auga, elaboradas en cinc.
Foto dos anos 30. Día de nevada. Vese como a xente vaia a fonte a buscar a auga para levar para a casa. Mulleres con sellas na fonte e outras agardando a vez. Estes momentos eran propicios para poñerse a falar e botar contos entre os veciños. Nesta estampa irrepetible e irrecuperable de Melide, podemos ver tamén á vella Capela de San Roque, na súa ubicación orixinal.
Foto dos anos 20 do fotógrafo José Fuciños Buján. Vese a un grupo numeroso de xente diante da fonte do Convento e podemos observar como unha muller está a piques de colocarse unha sella na cabeza, para transportala, ademais dunha sella pousada nun dos pinos, ou piares, que flanqueaban á fonte.
AS ORDENANZAS MUNICIPAIS DO ANO 1928.
No ano 1928 establecéronse as “Ordenanzas municipais da
vila de Melide”, asinadas polo entón Alcalde Ramón Romero Abeijón, nas que se
regulaban entre outras moitísimas cousas o funcionamento das fontes públicas,
para un correcto uso das mesmas. A continuación reproducimos literalmente o
capítulo onde nos fala das Fontes públicas da vila de Melide.
Título 10º
Capítulo I
FUENTES, PASEOS Y ARBOLADO
Art. 228.- Se prohíbe lavar ropas, arrojar basuras,
bañarse y echar a nadar perros u otros animales, en las fuentes públicas.
Art. 229.- Se prohíbe también, abrevar ganados en las
fuentes, permitiéndose únicamente en el pilón de la que está situada en el
campo de feria de esta villa.
Art. 230.- Se prohíbe dejar debajo de los caños de las fuentes, cántaros, cubos, sellas o cualquier otro recipiente, después de estar lleno, y en las fuentes se guardará el respectivo turno para provistarse de agua, sin dar lugar a disputas.
Art. 230.- Se prohíbe dejar debajo de los caños de las fuentes, cántaros, cubos, sellas o cualquier otro recipiente, después de estar lleno, y en las fuentes se guardará el respectivo turno para provistarse de agua, sin dar lugar a disputas.
Art. 231.- Se prohíbe tomar agua de las fuentes públicas,
para regar, bañarse o para el surtido de obras en construcción, siempre que
haya vecinos que hayan de sacarla para otros menesteres más perentorios y solo
podrán tomarse para dichos usos cuando nadie aguarde el turno, para recogerla
para otros de mayor necesidad.
Art. 232.- La cañería general será escrupulosamente
vigilada por todos los agentes de la autoridad. Todo el que deteriorase las
fuentes públicas de cualquier modo o con objeto de sustraer aguas y todo aquel
que causare algún daño en las arquetas o en los caños, se le impondrá la multa
máxima que la ley permita, sin perjuicio de pagar los daños que cause y de someterlo
a los Tribunales Ordinarios.
Debuxo de X. M. Broz da fonte do Convento e que foi trasladada ó Castelo (como se aprecia no debuxo), onde pode verse a día de hoxe.
A FONTE DO PILÓN OU DOS CATRO CAÑOS
Esta fonte foi instalada aquí, tamén entre o ano 1889 e
1890, xunto coa do Convento, impulsadas polo entón alcalde Antonio Ron Varela,
para subministro de auga á vila de Melide, xa que ata ese momento as augas para
consumo humano proviñan de pozos públicos e privados e dos mananciais da fonte
do Castro (nos Tagarros- Santa María) e de Sabián.
Esta fonte dos Catro Caños ou do Pilón foi instalada no Cruce de Melide. Nese momento xa estaban trazadas e en funcionamento as dúas estradas xerais (Lugo-Santiago e Ourense-Betanzos, dende o ano 1861 e 1867 respectivamente), pero o seu ancho era menor que na actualidade polo que a fonte estaba situada máis preto do cruce do que se atopa na actualidade.
Non se coñece a procedencia exacta desta fonte monumental de estilo Barroco; unha das posibilidades máis aceptadas (pero aínda non corroborada) é que a súa orixe estivese nun dos claustros do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, desamortizado no ano 1834-1835, e no momento da instalación da fonte en Melide, aínda permanecía abandonado.
Esta fonte dos Catro Caños ou do Pilón foi instalada no Cruce de Melide. Nese momento xa estaban trazadas e en funcionamento as dúas estradas xerais (Lugo-Santiago e Ourense-Betanzos, dende o ano 1861 e 1867 respectivamente), pero o seu ancho era menor que na actualidade polo que a fonte estaba situada máis preto do cruce do que se atopa na actualidade.
Non se coñece a procedencia exacta desta fonte monumental de estilo Barroco; unha das posibilidades máis aceptadas (pero aínda non corroborada) é que a súa orixe estivese nun dos claustros do Mosteiro de Sobrado dos Monxes, desamortizado no ano 1834-1835, e no momento da instalación da fonte en Melide, aínda permanecía abandonado.
Como comentamos, a fonte é de estilo Barroco, monumental
e fermosísima. Non dispoñemos de fotos anteriores ós anos 20, pero é de supoñer
que ata ese momento non sufrira as reformas ás que foi sometida ó longo do
século XX. Polo tanto, nesas fotos podemos case comprobar como era a fonte na
súa orixe, unha vez instalada en Melide (aínda que non sabemos si esa era a súa
composición orixinal no lugar do que proviña).
A fonte consta dun gran pilón de granito, de planta
circular, no que están colocadas de xeito perpendicular (a modo de radios do
círculo) uns listóns metálicos para permitir o apoio das sellas ó ir coller a
auga. Do centro érguese unha columna traballada con follas de acanto e sobre
ela un corpo decorado con cabezas de león que presentan uns tubos de ferro
colocados nas bocas dos animais para permitir a saída das augas. O fuste ou
columna que soporta esta estrutura é oco no seu interior para permitir o paso
das augas cara arriba (cara ás bocas vertentes dos leóns), e nalgún momento
posterior á súa colocación foron tapadas ditas bocas e se lle practicaron catro
aberturas no fuste para permitir a saída das augas máis abaixo mediante uns
tubos de ferro. Isto foi motivado por que as augas caían con forza dende as
bocas dos leóns, e co vento sempre presente na nosa vila, mollábase a xente ó
ir buscar a auga, por iso adoptaron esta solución. A fonte na súa orixe fora
construída para a súa utilización como ornamento, pero non para servir de
acopio de augas, por iso foi necesaria esa remodelación.
Sobre o corpo de leóns sitúase un pináculo rematado neses momentos por unha cruz de ferro.
Sobre o corpo de leóns sitúase un pináculo rematado neses momentos por unha cruz de ferro.
Como se pode ver nas fotos desta época, a fonte, como xa
dixemos, estaba situada un pouco máis preto da estrada do que está hoxe.
Pero co paso dos anos sufriu outra serie de reformas.
Postal de Arribas do ano 1945. Nesta foto, idílica onde ademáis de verse perfectamente como a fonte estaba situada máis cara ó cruce de estradas, podemos contemplar tamén a alameda desaparecida. Vense os longos canos de ferro situados no fuste da fonte, por onde manaba a auga. Obsérvase tamén a cruz do remate, situada sobre o pináculo superior.
Fotos dos anos 30. Arquivo fotográfico da familia Landín. Nesta foto do cruce, nun día de gran nevada, vemos como a fonte está máis metida na estrada, obsérvase tamén o pináculo coa cruz situada xusto enriba. Apoiadas no pilón, podemos ver varias sellas, con mulleres agardando a quenda para recoller a auga. !E todo iso a pesar do intenso frío que tiña que facer!.
Foto dos anos 20-30 de José Fuciños Buján. Podemos ver a Fonte dos Catro Canos situada un pouco máis adiantada cara ó cruce. Destaca nesta foto tamén a Casa de Mazaira, que aínda non contaba co segundo piso.
Postal de Arribas do ano 1945. Obsérvase a fonte dos Catro Canos situada máis preto do cruce de estradas do que está na actualidade. Pódese ver tamén como a auga mana do fuste, polo que as cabezas dos leóns xa foran tapadas para evitar as molladuras dos augadores.
Gran nevada en Melide. Vemos ó fondo á esquerda a fonte dos Catro Canos, lucindo un aspecto moito máis esbelto e monumental, xa que estaba configurada tal é como debía ser orixinalmente: unha fonte de claustro de carácter ornamental.
Foi a partir dos anos 50 cando se remodelou parte da fonte. Eliminóuselle o
pináculo orixinal que a coroaba, colocado sobre o tambor ( corpo dos leóns) e
substituíuse por un faroliño.
A súa ubicación no cruce seguía sendo a mesma, aínda non fora trasladada ó lugar que ocupa na actualidade.
A súa ubicación no cruce seguía sendo a mesma, aínda non fora trasladada ó lugar que ocupa na actualidade.
E en canto a súa configuración, aínda seguía co corpo dos leóns sobre a
fuste, e deste último manaba a auga polos buratos efectuados xa anteriormente,
para evitar as salpicaduras producidas por verquer a auga das bocas dos
animais, situadas máis arriba.
Habería que esperar ó seu traslado ó lugar que ocupa hoxe para que mudara o seu aspecto e intercambiar a columna ou fuste co corpo dos leóns.
Habería que esperar ó seu traslado ó lugar que ocupa hoxe para que mudara o seu aspecto e intercambiar a columna ou fuste co corpo dos leóns.
Nesta foto
pode verse como no cumio sitúase o faroliño en substitución do pináculo
orixinal que a coroaba. Tamén podemos apreciar como os leóns seguen colocados
sobre o fuste.
Foto do ano 1957 pertencente ó arquivo
de Xosé Rodríguez Vilas. Nesta foto vemos o faroliño colocado
sobre a fonte en substitución do pináculo orixinal. Apréciase tamén que aínda estaba colocada máis
preto da estrada do que está na actualidade. Na foto tamén se pode ver como
eran as sellas típicas de Melide, feitas en cinc e non en madeira.
Foto dos anos 60. Vemos a fonte aínda colocada na súa
ubicación orixinal na que foi instalada no ano 1889. Pero obsérvase que neste
momento xa non contaba co faroliño instalado nos anos 50, e no cumio non loce
elemento algún. Tamén se aprecia como tamén se ía a por auga en porrós de barro
e con pipos de madeira, ademais das típicas sellas de cinc.
Xa para rematar coa fonte dos Catro Canos, e antes de
comezar a falar doutras fontes da vila de Melide que xa desapareceron, imos
amosar unha serie de fotos dos anos 60 en diante nas que pode verse como a
fonte dos Catro Canos xa presenta a fisonomía actual.
Hai que retrotraerse ó ano 1964 para asistir ó cambio de localización da fonte e á reestructuración das súas partes para producirse a imaxe á que estamos acostumados.
Hai que retrotraerse ó ano 1964 para asistir ó cambio de localización da fonte e á reestructuración das súas partes para producirse a imaxe á que estamos acostumados.
O primeiro que se fai é
proceder á súa enteira desmontaxe, para ubicala entre 5 e 6 metros máis ó
norte, posto que antes estaba moito máis adiantada e metida na Rúa do Progreso.
Con este cambio de lugar quedaría comprendida entre a casa de Mazaira e a de
Mera (edificio do Banco Pastor).
E tamén se aproveita, unha
vez que se recoloca, para inverter a orde dos elementos centrais, dese xeito o
tambor no que se representan as cabezas verquedoiras dos leóns sitúase na parte
inferior, e o fuste colócase sobre aquel. Dese xeito procédese a extraerlle os
catro canos de ferro sobresaíntes que ían acoplados nos seus costados, e a
tapar os ocos correspondentes con cemento.
Outra das actuacións que
se leva a cabo é colocar un pináculo de coroamento superior, intentando volver
un pouco á estética inicial da fonte, previa ós anos 60, cando se suprime o
pináculo para colocarlle o faroliño de iluminación, que non resultaba nada
apropiado e acorde coa estética dunha fonte desta tipoloxía.
Con todo, e a pesar de que
a orde lóxica era a precedente (fuste baixo tambor ou corpo dos leóns
verquedores), como é habitual en claustros e tamén nas prazas monumentais,
podemos concluír que se trata dun magnífico exemplo de fonte ornamental, á par
de funcional.
A FONTE DO CRUCEIRO.
Ás primeiras fontes da vila de Melide instaladas
xa no século XIX (Praza do Convento e a dos Catro Canos) sucedéronlle outras
que se instalaron décadas máis tarde (a finais dos anos 50 ou principios dos 60
do século XX).
Unha destas dúas fontes emprazouse no Cruceiro (ó remate
da rúa Mateo Segade Bugueiro), e tamén a da Praza das Coles.
A vella fonte do Cruceiro estaba realizada en cemento,
pero mantiña pautas inspiradas nas antigas fontes
de pedra que adornaban prazas e xardíns.
Constaba dun pilón macizo
de planta circular con moldura sobresaínte, tanto na súa base como no remate, a
modo de aneis, que posteriormente sería reemprazado por outro totalmente liso,
en forma cónica (ou de vaso), xa sen as molduras ornamentais.
E no centro do pilón erguíase un fuste con éntase a media altura e estriado, rematado por un pináculo moldurado .
E no centro do pilón erguíase un fuste con éntase a media altura e estriado, rematado por un pináculo moldurado .
Esta fonte perdurou ata a
década dos anos 90 cando foi reemprazada pola actual fonte, realizada no
obradoiro de Feal.
Anos 60 ou 70. Foto da autoría de Adolfo
Iglesias (Fotos Adolfo). Vese a vella estampa da rúa Mateo Segade
Bugueiro (anteriormente rúa Calvo Sotelo e previamente rúa da Vista Alegre). Vemos a vella fonte de cemento situada
na prolongación da beirarrúa. Na foto pode apreciarse con moita
claridade a acusada inclinación da torre do Convento.
Finais dos
anos 50 ou comezos dos 60. foto da autoría de Adolfo Iglesias (Fotos Adolfo).
Vese a vella
fonte situada no remate da rúa. Ó lonxe podemos ver o desaparecido Convento
Pasionista e tamén se pode observar o perfil dominante da Serra do Bocelo. En primeiro
termo, á esquerda, vense os tellados dos inmobles onde estivo o vello cuartel
da Garda Civil.
A VELLA FONTE DA PRAZA DAS COLES.
No centro da Praza das Coles houbo unha fonte que se
instalou na década 1960, e que foi reemprazada pola que actualmente vemos,
saída do obradoiro de Feal a comezos dos anos 90 e elaborada en canteiría coa
imaxe da Virxe do Carme.
Aínda que no centro da praza existira xa dende o século
XVI ata o século XIX unha picota ou rolo de xustiza, onde se amarraban ós reos
e condenados para castigo e escarnio público.
A antiga fonte (a dos anos 1960) estaba realizada en cemento, ó igual ca que houbo no Cruceiro ( que foi substituída pola actual de canteiría, realizada igualmente no obradoiro de Feal). A das Coles contaba cun pilón macizo en cuxo centro sobresaía un piar en forma de “obelisco” de sección cuadrangular e artellado en tres corpos, un a modo de basamento, outro facendo de fuste e un coroamento a xeito de remate piramidal.
A antiga fonte (a dos anos 1960) estaba realizada en cemento, ó igual ca que houbo no Cruceiro ( que foi substituída pola actual de canteiría, realizada igualmente no obradoiro de Feal). A das Coles contaba cun pilón macizo en cuxo centro sobresaía un piar en forma de “obelisco” de sección cuadrangular e artellado en tres corpos, un a modo de basamento, outro facendo de fuste e un coroamento a xeito de remate piramidal.
A TRAÍDA DE AUGAS.
A partir do ano 1964, sendo alcalde de Melide Don José
Núñez Souto, comezan os traballos de canalización das tubaxes de fundición
polas rúas de Melide, para abastecer de auga potable ós edificios do casco
urbano. Ditas obras supuxeron un enorme avance, posto que ata entón a xente da
vila tiña que abastecerse de auga en pozos (públicos e privados) e nas dúas
fontes públicas existentes ata o momento (a da Praza do Convento e a dos Catro Canos), posto que as outras dúas
fontes (a do Cruceiro e a da Praza das Coles) tamén foron instaladas
coetáneamente á traída de augas.
A instalación dos tubos de
fundición levouna a cabo unha empresa de Arzúa, cuxos operarios paraban durante
a execución das obras no Bar Cepa, que por aquel entón daba comidas e camas,
estando rexentado por Pilar Freire Peón.
Esta acometida pública
supuxo un avance cara á modernidade, posto que permite subministrar auga ás
casas, acabando paulatinamente coa práctica de acudir con baldes, sellas, tinas
e porróns a buscar auga ás fontes, agardando quenda e longas esperas.
Tamén coincide co ocaso dos obradoiros dos afamados latoeiros artesáns de Melide, quen coa chegada dos recipientes de plástico (que deixa en detrimento a caldeiros, xerras, tinas e demais envases de metal), ademais da electrificación xeneralizada no ámbito doméstico, onde as bombillas reemprazan a candís e farois, ven perigar o seu modo de vida, pero a casualidade fixo que a chegada da traída de auga producira o reciclaxe deses hábiles artesáns en fontaneiros, encargados de levar a cabo os intrincados traballos de instalación de tubaxes de chumbo que se introducían polos chans e tabiques das casas particulares, negocios e inmobles públicos.
Tamén coincide co ocaso dos obradoiros dos afamados latoeiros artesáns de Melide, quen coa chegada dos recipientes de plástico (que deixa en detrimento a caldeiros, xerras, tinas e demais envases de metal), ademais da electrificación xeneralizada no ámbito doméstico, onde as bombillas reemprazan a candís e farois, ven perigar o seu modo de vida, pero a casualidade fixo que a chegada da traída de auga producira o reciclaxe deses hábiles artesáns en fontaneiros, encargados de levar a cabo os intrincados traballos de instalación de tubaxes de chumbo que se introducían polos chans e tabiques das casas particulares, negocios e inmobles públicos.
¿Quen mellor que os latoeiros para encargarse deses
complexos traballos?, posto que para eles non suporía demasiado esforzo
reciclarse e reconverterse en fontaneiros, debido a que eran moi hábiles coas
soldaduras de chumbo e estano e pola fama que os definía como xente especialmente
habilidosa, capaz de amañar calquera cousa do ámbito doméstico, e mesmo eran
quen de facer obxectos de bronce realizando aleacións de estano e cobre, e
mediante fundición con moldes de barro, elaborar pezas como os "ovos de
muíño". O Museo da Terra de Melide ten a sorte de contar cunha exposición
de ferramentas de latoeiro e obxectos saídos dos seus obradoiros (candís,
farois, sellas, tinas, moldes de biscoitos e de galletas, bandexas, selos de
estampar, etc...), e tamén de contar con ferramentas propias do
"novo" oficio de fontaneiro, no que se reconverteron, entre elas unha
chave de cadea para apretar os tubos de fundición da traída, soldadores de
acetileno (de bronce), e un soplete tamén de bronce a gasolina.
Estes obxectos, da colección do Museo foron doados
amablemente por Alfonso González Fernández e polos fillos de Luís Mejuto Mato,
sendo eses dous os últimos latoeiros que houbo en Melide.
Foto da Ronda da Coruña a comezos dos
anos 60. Na marxe dereita vese a casa de Penín, a do Dulceiro e da ferretería
Ares, estas dúas últimas desaparecidas. Na beirarrúa da marxe esquerda
distínguense ben as rozas das gabias da traída de auga, recentemente instalada. Foto do arquivo de F. Somoza.
Foto da Rúa da Cátedra a comezos dos 60.
Distínguese con claridade as gabias da rede de abastecemento de auga, tapadas
con terra apelmazada, aínda sen cementar. Foto do arquivo de F. Somoza.
Foto do
arquivo de F. Somoza.
Foto do
arquivo de F. Somoza.
Na parede pode
verse unha vella chave de cadea que se utilizaba para manipular e enroscar as
tubaxes de fundición da traída de auga, que se canalizaban polas rúas da vila.
Antigo soldador de acetileno para soldadura autóxena, utilizado por latoeiros e fontaneiros. Exposto na sección do Latoeiro na planta 2ª, Sala 3 do Museo da Terra de Melide. Ó seu carón pode verse un soldador que se utilizaba en xoiería para soldar metais nobres (ese soldador ía alimentado por un fol ou barquín a pedal).
A FONTE NOVA DA PRAZA DO CONVENTO
A principios da década dos 90 foi substituída a antiga
fonte da Praza do Convento (a instalada a finais do século XIX), por unha fonte
monumento dedicada á memoria do ilustre arcebispo, nado nestas terras, Don
Mateo Segade Bugueiro, promotor da Obra Pía de San Antón, iniciada no ano 1671.
Esta nova fonte monumento feita "in memoriam",
foi deseñada polo arquitecto melidao Xulio Álvarez
García, coa finalidade de ensalzar á figura do máis destacado persoeiro nado
nesta bisbarra, concretamente en Trasirexe (San Román, Santiso), xa que se
considerou xusto lembrar a súa memoria.
Coa instalación desta nova
fonte faise o traslado da antiga fonte da praza ata o Castelo, ó carón da
Capela do Carme, pero unicamente co corpo principal e coa pía de recollida de
augas, xa que non se lle recolocaron os bancos laterais de canteiría, que a
finais da década dos 60 substitúen ós pinos ou piares que tiña para pousar as
sellas de auga.
Mais hoxe xa non hai fonte
no centro da Praza do Convento, posto que a primeira levouse para o Castelo e a
segunda foi recolocada na Rúa de San Antón, no lateral da Capela, e a efixie do
ilustre prelado está de costas á rúa, polo que xa perdeu a función de gardar a
memoria do fundador da Obra Pía.
Foto nocturna da Praza do Convento do
ano 2003. Pode verse a nova fonte da Praza, que substituíu á instalada a finais
do século XIX. O pavimento da praza era de lousas
rústicas e irregulares, asentadas e encintadas con cemento. Foto de X.M. Broz.
Foto nocturna da Praza do Convento do
ano 2003. Pode verse a nova fonte da Praza, que substituíu á instalada a finais
do século XIX. A nova fonte monumento reproduce o
rostro do arcebispo Mateo Segade Bugueiro, que aparece mirando á Obra Pía da
que foi o seu benfeitor. O pavimento da praza era de lousas
rústicas e irregulares, asentadas e encintadas con cemento. Foto de X.M. Broz.
Foto aérea da Praza do Convento
realizada polo fotógrafo Xurxo Lobato, do ano 1993 e publicada no libro
"El Camino de Santiago desde el aire". A pesar de que non é unha foto
moi vella, vense moitos cambios respecto á actualidade: está nin pe os dous
inmobles do vello cuartel da Garda Civil, o edificio do novo Museo aínda non
fora habilitado para tal fin, a praza estaba pavimentada con lousas rústicas e
no centro emprazábase a fonte monumento en memoria de Segade Bugueiro, na porta
da igrexa había unha cruz de madeira das misións dos P:P. Pasionistas e diante
da Casa do Concello están estacionados os dous primeiros coches que tivo a
Policía Local de Melide (unha Seat Trans e un Suzuki Samurai).
Artigo elaborado por Cristina Vázquez Neira e Xurxo Broz Rodríguez.