mércores, 31 de outubro de 2018

O MUSEO DA TERRA DE MELIDE: 1978-2018

40 ANOS DUNHA INSTITUCIÓN dedicada ó estudo, conservación e divulgación do Patrimonio Cultural da Comarca



5ª Etapa: NOVA SEDE. 2001-2005. NOVA INAUGURACIÓN DEFINITIVA.

O día 26 de maio de 2001 inaugurouse a nova sede do Museo da Terra de Melide, pero o interior do edificio aínda non estaba completamente rematado, faltaban moitas cousas por puír. Os chans das salas seguían estando en formigón e as escaleiras tiñan a varanda de obra e as fiestras da parte traseira non tiñan persianas.
A configuración das salas, aínda que xa estaba trazada dende o primeiro momento non contaba con todas as vitrinas nin con todas as pezas expostas.



A planta baixa xa lucía cos paneis de fotografías do Camiño que seguen hoxe en día no mesmo lugar, pero tiña un aspecto máis diáfano e baleiro, incluso non contaba coas portas automáticas de acceso entre o recibidor e a sala 0. A planta 1ª dedicada á arqueoloxía mantiña aínda as antigas vitrinas nas que se exhibían os obxectos prehistóricos cando comezou nos baixos do Concello. Na 2ª planta, a sección dedicada ó Ferreiro e o Zapateiro (no mesmo sitio onde hoxe están), xa contiña moitas das pezas actualmente expostas (como o barquín), pero carecendo de vitrinas. Na sala 5 (agro e carpinteiro) neses momento colocouse tamén a escola, pois aínda non formaban parte dos fondos do Museo, o banco de carpinteiro, as ferramentas deste oficio así como tampouco o torno das gaitas; si que estaban expostas moitos dos apeiros do agro e útiles de albardeiro.
Na planta 3ª na sala dedicada ó tear, este xa formaba parte da exposición, e tamén unha pequena mostra dos traxes que hoxe temos. E na última sala, hoxe dedicada á escola, casa e relixiosidade, xa estaban expostos o cunqueiro e a alacena, así como algunhas das obras artísticas que hoxe forman parte da colección permanente.
Nestes primeiros anos fóronse incrementando paseniñamente os fondos do Museo, así como a mellora das salas e infraestruturas do local. Grazas as achegas da Deputación da Coruña e despois de estar pechado un curto período de tempo por mor das obras de mellora, o día 30 de novembro de 2005 reinaugurouse de novo o Museo da Terra de Melide coas súas instalacións xa rematadas, pois se colocaran os chans de madeira en todas as plantas (excepto na planta baixa), pasamáns de aceiro e madeira con balcóns acristalados, persianas nas fiestras posteriores, nova iluminación,... Instálanse novas vitrina de seguridade na planta de arqueoloxía e se colocan vitrinas acristaladas nas salas de etnografía. Unhas melloras e acabados que lle dan o aspecto definitivo e de Museo moderno, limpo e de claridade visual.
Pero non estaba todo feito, aínda quedaban flocos por rematar, como a instalación dos salvaescaleiras que se puxeron nos anos 2008 e 2009 e a remodelación do discurso expositivo que tivo lugar nos anos 2013 e 2014.
Pero iso forma parte da 6ª e seguinte etapa.


Recepción do Museo no ano 2005. Aínda lle faltan as portas automáticas, o mostrador da entrada e moitas das pezas que hoxe componen a sección de Historia do Museo.
Recepción do Museo, ano 2018.

Planta 1ª, Sala 1 de Arqueoloxía, aínda contaba coas vellas vitrinas xa empregadas nos baixos do Concello. Vese o chan en cemento e as fiestras sen cortiniñas.

Sala 2 de Arqueoloxía, na 1ª planta. Obsérvanse os vellos armarios (que hoxe senguen formando parte do noso mobiliario, pero na sección da Casa, planta 3ª).
Ó fondo podemos ver a varanda todavía en carpintería de obra.


1ª planta do Museo dedicada á Arqueoloxía, na actualidade. Dispón de vitrinas de seguridade e luz indirecta que crea un ambiente apacible para a visita.
Conta cun espacio de proxeccións audiovisuais ó fondo, e vense xa os chans en tarima de madeira.
Loce un aspecto moito máis profesional.

Acceso entre a Sala 1 e a Sala 2 no primeiro andar, mediante un sistema de rampas, que fan o pase entre salas máis cómodo. Vemos os pasamáns en aceiro, madeira e cristal.


Nesta foto anterior ó ano 2005 podemos ver os pasamáns de obra provisionais (máis con todo aínda botaron varios anos en uso), así como o chan en cemento das diferentes plantas.

Foto do ano 2018. Observasen os pasamáns de cristal, aceiro e madeira, e cos acabados xa rematados.



Planta 2ª, Sala 3. Exposición dos oficios de Carpinteiro (hoxe na Sala 4), Ferreiro e Zapateiro. Xa contan coa mayoría das pezas das que dispoñemos hoxe en día, pero aínda non contan con vitrinas, nin rematados os chans, nin cortiniñas na fiestra.

Sección do Carpinteiro e tamén do Ferreiro sen rematar, tal e como lucía ata o ano 2005.

Sección do zapateiro e zoqueiro ata o ano 2005, antes de acondicionar.



Vista da planta 2ª dedicada á etnografía, todavía sen rematar. Vemos como na parede do pasillo de comunicación entre salas aínda non están colocadas as pezas do agro.

Ano 2018. Vista da planta 2ª dedicada á etnografía. Pódense observar as vitrinas xa montadas e os pasillos de comunicación entre salas lucindo os apeiros do agro.


Sala 4ª, dedicada á etnografía. Na parede da esquerda os apeiros de labranza (igual que segue hoxe), e na dereita a sección dedicada á escola. Hoxe no seu lugar está a sección do carpinteiro e a escola exponse na Sala 6ª, xunto á Casa e á Relixiosidade. Vemos como tampouco as salas tiñan iluminación, estando alumeadas mediante lámpadas de folla de lata feitas por latoeiros e que hoxe forman parte dos fondos do Museo.

Vista detalle da sección do agro, sen vitrinas.

Ano 2018. Vista detalle dunha parte da sección do agro. Obsérvanse as vitrinas colocadas e a disposición expositiva dos obxectos.


Acceso á terceira planta do Museo. Obsérvase o estado de obra do edificio, antes da reforma definitiva do ano 2005.

Ano 2018. Acceso á terceira planta do Museo. Obsérvase como os espacios de comunicación son utilizados para exposición de fotografías, formando estes parte da exposición permanente do Museo, e como fito importante no discurso expositivo do mesmo.

Sala 5ª do Museo, dedicada ó tear, á confección e ó traxe tradicional. Hoxe mantén a mesma temática. Aínda que nesta foto apréciase un certo encanto e una boa estética no discurso expositivo, facía falla una vitrina para a correcta conservación de pezas delicadas.


Sala 5ª do Museo, dedicada ó tear, á confección e ó traxe tradicional. Hoxe mantén a mesma temática. Aínda que nesta foto apréciase un certo encanto e una boa estética no discurso expositivo, facía falla una vitrina para a correcta conservación de pezas delicadas.

Ano 2018. Sala 5ª. Vemos a sala do tear coa vitrina dos traxes (hoxe moitos máis cos que se contaba no ano 2005), e outras vitrinas deidcadas ó xastre, á costureira, ó barbeiro e á botica de Don Antonio Taboada Roca.

Sala 6ª. Nesta sala diáfana vemos o xermolo do que hoxe é a sala dedicada á cociña, á casa, á escola e á relixiosidade.

Ano 2018. Parte da sala 6ª onde vemos obxectos da cociña e parte da escola.

Ano 2018. sala 6ª, sección dedicada á casa. Vemos o Cunqueiro e o chineiro no mesmo lugar no que foron colocados nun primeiro momento, a maiores incrementáronse os fondos do Museo coa magnífica artesa e otros obxectos. Hoxe a sala loce máis completa que na fotos de 2005.


Ano 2018. Pasillo de acceso entre a sala 5ª e a 6ª, decorado coas tallas do Mestre Don Nilo Cea.

Ano 2018. Pasillo de acceso entre as salas 3ª e 4ª, no segundo andar, con apeiros de labranza e fotografías de construcións populares.

Ano 2018. Escaleiras do Museo, vemos como serven en certo modo de lucernario difusor de luz entre as diferentes plantas.
Así mesmo pode observarse o aspecto moderno e limpo que ofrece a varanda de aceiro, cristal e madeira.

Ano 2018. Nesta foto podemos observar como nunha simple visuada poden verse tres plantas do Museo.
A disposición arquitectónica do espazo, está moi ben aproveitada e lle confire a un espazo relativamente pequeno unha grande dimensionalidade, bastante ben aproveitada.


Ano 2018. Planta 1ª. Detalle dunha vitrina da sección de arqueoloxía, onde se pode apreciar unha das numerosas recreacións arqueolóxicas de carácter didáctico coas que conta esta sección.

Ano 2018. Panelería informativa e didáctica na sección de arqueoloxía, ademais de cartelas portables en tres idiomas (castelán, francés e inglés).


Ano 2018. Disposición do sistema de comunicación entre plantas (a base de escaleiras con poucos chanzos) e entre salas (mediante sistema de ramplas).
Os poucos metros construtivos cos que contaba o solar, foron moi ben aproveitados para espazo expositivo, descartando un sistema de elevadores que restaría un espazo, por outra banda necesario para exposición, pero esta carencia foi suplida por este sistema cómodo de comunicación, e colocando salvaescaleiras nos lugares onde hai que salvar escalóns, para facilitar a visita ó Museo a todo tipo de público.

Ano 2018. Vista do oco das escaleiras que actúa como lucernario.
ano 2018. Sala 0 do Museo, que actúa como recepción e sección de Historia de Melide.

Ano 2018. Parte da sección da historia de Melide, na planta Baixa do Museo. Amósanse fondos en propiedade xunto a outros correspondentes a depósitos da Xunta de Galicia.


ARELANDO O RETORNO DO CRUCEIRO MÁIS ANTIGO DE GALICIA Ao longo de 13 semanas e 98 xornadas, o Museo elaborou unha serie de artigos para pu...