O MUSEO DA TERRA DE MELIDE: 1978-2018
40 ANOS DUNHA INSTITUCIÓN dedicada ó estudo, conservación e divulgación do Patrimonio Cultural da Comarca
4ª Etapa: ADQUISICIÓN E RESTAURACIÓN DO ANTIGO HOSPITAL DE PEREGRINOS DE SANCTI SPÍRITUS PARA ACONDICIONALO COMO SEDE DO MUSEO SA TERRA DE MELIDE.
Pódese considerar tamén esta fase como a etapa dos veciños de Melide e dos socios do Museo, xa que foron eles (ou sexa vós), os que contribuíron a que o Museo se ampliase, reformulase o seu compromiso coa sociedade e se convertese no que hoxe é: unha institución dedicada á custodia, estudio e divulgación do patrimonio cultural (material e inmaterial) da Terra de Melide.
Polo tanto esta cuarta etapa do Museo imos dedicala á adquisición e restauración da actual sede, e a todas as persoas que contribuíron a que hoxe este Museo exista.
Debido a grande cantidade de fondos acumulados que tiña o Museo de Melide, facíase necesario ampliar o espazo expositivo, xa que o inmoble onde se atopaba ubicado non resultaba suficiente para acomodar todos os materiais que xa se custodiaban e almacenaban nel.
A casualidade quixo, que por aquel entón estivera en venta un vello inmoble sito na Praza do Convento, unha pequena casa, con unicamente 4 metros de fachada, pero con suficiente fondo para poder edificar nel. Amosaba ademais dous escudos bastante ben conservados que nos falaban xa da súa orixe. Tratábase do que quedaba, despois das partixas motivadas polas herdanzas, do antigo Hospital de Peregrinos de Sancti Spíritus, refundado no ano 1502 polo 1º Conde de Monterrei Don Sancho Sánchez de Ulloa.
Pero era necesario mercar o inmoble e edificar un novo edificio para albergar nel a sede permanente do Museo de Melide, algo doado no maxín, pero inviable economicamente por parte de dita institución. Tomouse entón unha difícil pero emprendedora decisión: adquirilo mediante subscrición popular. Decisión ardua e complicada de levar a cabo, pero que tivo un éxito sen precedentes, xa que se conseguiu recadar en apenas tres meses o diñeiro necesario para mercar o inmoble. Con isto non se adquiría só, un solar edificable para poder instalar nel o Museo, senón que se recuperaba un edificio histórico de Melide, e polo mesmo unha parte importante da historia do pobo.
Cumpría agora reedificalo e restauralo, para o que facían falla máis cartos, e deste xeito coa axuda novamente de socios e veciños, máis a importante aportación económica das institucións públicas (Xunta de Galicia e Deputación da Coruña), conseguíronse os fondos necesarios para proceder á restauración do antigo inmoble, máis á edificación das novas plantas do mesmo. Estas obras prolongáronse ó longo de dous anos, nos que paseniñamente, pero con compromiso e gañas de rematar, conseguiuse levantar o esbelto e acolledor edificio que alberga hoxe a sede do Museo da Terra de Melide.
Inaugurábase o novo Museo da Terra de Melide o 26 de maio de 2001. Unha nova etapa chea de expectativas e con gañas e ilusión de seguir traballando en prol da cultura e da salvagarda do patrimonio histórico-artístico e arqueolóxico da nosa bisbarra.
Pero aínda quedaban moitos fíos por rematar, xa que o interior do Museo carecía das comodidades e do acondicionamento das salas coas que conta hoxe, xa que os fondos económicos eran escasos para concluír unha obra desta magnitude.
E iso lévanos a 5º etapa do Museo de Melide.
Hospital de Peregrinos de Sancti Spíritus. Así lucía a casa antes de ser mercada para instalar nela o Museo. Vese como tras o enlucido aparecen as doelas do arco. |
Detalle das doelas do antigo arco da porta do Hospital, utilizadas como sillares para o acondicionamento da fachada, unha vez utilizado este edificio como vivenda particular. |
Fotomontaxe da recolocación das doelas no seu lugar orixinal. Na restauración do inmoble, colocáronse definitivamente, recompoñendo de novo o arco orixinal. |
Primeiros traballos de edificación do novo Museo da Terra de Melide. |
Primeiros traballos de edificación do novo Museo da Terra de Melide. Vese xa, parte da estrutura alzada. |
Primeiros traballos de edificación do novo Museo da Terra de Melide. Vese nesta foto a realización da orixinal cuberta do Museo, en forma curvada. |
Traballando na realización da nova cuberta do edificio do Museo. |
Traballos de recebo das paredes exteriores do edificio do novo Museo. |
Nova fachada do Museo da Terra de Melide, aínda ser rematar. Pódese ver o interior deseñado con placas de formigón e sen utilizar ladrillos. |
Colocación da grande cristaleira da fachada principal do novo Museo de Melide. |
Parte traseira do Museo da Terra de Melide. O edificio ocupa todo o solar para aproveitar todo o espazo da propiedade como salas musealizables. |
Porta de entrada principal polo interior. Vense os grandes sillares orixinais, aínda no seu sitio. |
Porta principal do Museo, polo interior. Vese o oco deixado o retirar as doelas do exterior, para proceder a recolocalas na súa ubicación orixinal, formando de novo o arco. |
Proceso de retirada das doelas, para posteriormente reubicalas na súa situación primitiva. |
Interior do arco da porta de entrada, unha vez recolocadas as doelas no seu lugar de orixe. |
Traballos arqueolóxicos no limiar de entrada ó novo Museo. |
Traballos arqueolóxicos no limiar de entrada ó novo Museo. Deron lugar a aparición do antigo limiar do Hospital de Peregrinos fundado en 1502, onde tamén apareceron as ménsulas da porta de entrada. |
Aparición do piso de asento do antigo limiar do Hospital de Peregrinos de Sancti Spíritus, fundado no ano 1502. |
Aparicón do piso de asento do antigo limiar do Hospital de Peregrinos de Sancti Spíritus, fundado no ano 1502. |
Encofrado da placa da bóveda curvada do Museo. |
Encofrado da placa da bóveda curvada do Museo. |
Colocación de pedra encintada na parede. |
Colocación das ventás no lucernario de acceso á terceira planta do Museo. |
Vista da Praza do Convento dende as obras do tellado do novo Museo da Terra de Melide. |
Fachada traseira do Museo en fase de edificación. |
Fachada traseira do Museo en fase de edificación. |
Fachada traseira do Museo en fase de edificación. |
Transporte do escudo da Casa de Sivil de Melide ó Museo. Debido ó peso de dita peza foi necesario transportala cun transpalé. |
Colocación, durante a obra de montaxe do Museo, do escudo da Casa de Sivil de Melide, nunha parede da planta baixa do Museo, onde no futuro se albergará a sala dedicada á Historia Medieval e Moderna. |
Escaleiras que conducen ó primeiro piso, practicamente ó remate das obras no interior do edificio. |
Proceso de edificación interior. Vemos as escaleiras que conducen ó terceiro piso, feitas tamén dunha soa peza en formigón, como o resto da estrutura. |