O Museo publica cada ano un Boletín onde se recollen estudios sobre a arqueoloxía, historia, arte, tradicións, costumes, festas,... da Comarca de Melide. Aberto a todos, con artigos e estudios de calquera persoa interesada en publicar as súas investigacións sobre a Terra de Melide.
Ademais este Boletín sirve como anuario da actividade do Museo ó longo de todo o ano. Se inclúe ó final de cada número un apéndice documental extraído dos archivos históricos.
Normas de publicación:
- Debe ter como tema fundamental a Terra de Melide. Calquera temática, sempre que teña como referencia a nosa Comarca.
- Pode incluir fotografías, debuxos, esquemas,...
- A poder ser en galego.
Se queres publicar o teu artigo no Boletín envíanolo o noso correo e-mail: museomelide@telefonica.net
O Museo conta con outras publicacións periódicas como son:
- Serie de CD, DVD's sobre o Patrimonio histórico artístico da Terra de Melide, e sobre os Camiños de Santiago na Terra de Melide.
O CD conta cun conxunto de fotografías dos Camiños de Santiago (Primitivo e Francés) o seu paso polas Terras de Melide. (Para ver no ordenador).
Os DVD's son documentais de producción propia de máis de 3 horas de duración cada un.
Ademais publicáronse unha serie de Guías visuais do Patrimonio da Vila de Melide, e de festas e tradicións da Vila de Melide; así como tres cuadernos de fichas orientadas á didáctica sobre o patrimonio histórico-artístico e sobre o Museo.
O Museo conta tamén con 12 trípticos sobre os Camiños de Santiago e sobre diversos aspectos culturais e artísticos da Vila.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
SAN RAMÓN NONATO DE GROBAS: FONTE, IGREXA DESAPARECIDA, DEVOCIÓN E RITOS Fonte de San Ramón de Grobas No lugar de Grobas de Abaixo gárdase...

-
APROXIMACION OS CRUCEIROS DO CONCELLO DE SANTISO (A CORUÑA). TERRA DE ABEANCOS. NA OBRA DE XOSE M. BROZ REI DO ANO 1983. LIMIAR. An...
-
O Poder da gata-fouce: lobos e ánimas en pena Neste relato ou ensaio ímonos referir a algo máis ca unha ferramenta indispensable no ámbi...
-
FESTIVIDADE DE SAN SILVESTRE: DÍA DE CARREIRAS E NOITE DE BRUXAS. O 31 de decembro celébrase a festividade de San Silvestre, que foi o 33º...