Os socios

O Museo é un organismo privado que conta cun número sen límite de socios, que pagan unha cota anual e teñen dereito a voto nas sesión e nas asambleas. Ademáis reciben gratuítamente as publicacións que fai o Museo.
Os socios poden participar activamente nas actividades que organiza o Museo, así como colaborar no seu Boletín, que por outra banda está aberto a todo aquel qeue teña algún artigo relacionado coa Terra de Melide, e que quera publicar.

Hai tres tipos de socios:

Socio Protector: cota anual de  150,00 €.  Recibe 4 exemplares do Boletín que se publica cada ano, así como o resto de publicacións.

Socio Colaborador: cota anual de 48,00 €. Recibe  2 exemplares do Boletín que se publica cada ano, así como o resto de publicacións.

Socio Ordinario:  Cota anual de 30,00 €. Recibe 1 exemplar do Boeltín que se publica cada ano, así como o resto de publicacións.


 Se queres facerte socio do Museo podes facelo dos seguintes xeitos:

  1. cubre o seguinte formulario e envíanolo o noso e-mail. Formulario
  2. chama por tlf o número 981 507 998
  3. ou pásate polo Museo

 A forma de pago pode ser por Domiciliación bancaria ou o contado nas oficinas do museo.

MELIDE NOS RELATOS DOS VIAXEIROS DA IDADE MEDIA E MODERNA A CIDADE DESTRUÍDA NO CAMIÑO DE HERMAN KÜNIG A COMPOSTELA e NICOLA ALBANI E O S...