xoves, 3 de agosto de 2023

 

PETADORES DE PORTAS: OS DEVANCEIROS DOS TIMBRES

Hoxe en día poden ser considerados reliquias dun tempo no que a expresión “chamar á porta” se facía de xeito literal. En Melide se conservan numerosos exemplos destes elementos, elaborados en distintos materiais (latón, bronce, fundición e de forxa), e cun amplo abano de modelos: os máis habituais en fundición son as mans asindo unha bola e que efectúa o movemento que faríamos coa nosa propia man para petar na porta.

 


 


 


 


 


 


 


 



E en latón e bronce o modelo máis frecuente é o de forma de balaustre (imitando os dos balcóns ou varandas de pedra).

 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 



Pero tamén podemos ver outros modelos máis ou menos elaborados: dende as máis sinxelas argolas ata os que imitan elementos vexetais ou mesmo animais como lagartos que semellan trepar pola porta ou formas xeométricas propias do modernismo, eclecticismo e racionalismo.

 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


Os petadores, por outra banda, acostumaban poñerse nas casas urbanas non atopándose estes modelos nas vivendas rurais tradicionais agás que se trate de Casas Grandes. Isto pode ser debido a que nos ámbitos máis urbanos as portas das casas acostuman a estar pechadas e para acceder a elas compre “anunciar” a chegada, petando na porta.

A continuación deixamos unha escolma de imaxes de diversos petadores que podemos ver en Melide, atopándose espallados por toda a vila: dende as casas do Cruceiro, pasando polo Casco Vello ata as estradas de Lugo e Agolada, pasando tamén pola rúa do Progreso ata a Codeseira, e tamén amosamos algún do Campo Grande e de Priorada.


Artigo e fotos elaborado por Xurxo Broz Rodríguez e Cristina Vázquez Neira

  SIMBOLOXÍA, MITOS E RITOS NA TERRA DE MELIDE A BALANZA DO CRUCEIRO DE MELIDE Certamente o Cruceiro de Melide, o decano dos cruceiros gale...