De símbolo de poder franciscano a fito referencial da vila de Melide.
Debuxo de X.M. Broz, ano 2007. |
¡Canto se podería falar dela!. Da
Torre do Convento existen moita
información, estudos da súa arquitectura, fábrica e historia e unha
incontable cantidade de debuxos, todo
elo da autoría de Xosé Manuel Broz.
Nos libros “A Vila de Melide”, “A
Terra de Melide” e no Boletín nº 6 do Centro de Estudios Melidenses-Museo da
Terra de Melide, Broz describe case todos os seus pormenores. Aínda que nesta
entrada so imos incidir nalgunhas curiosidades e aspectos chamativos da mesma,
parte dos que se contan nas visitas guiadas que organiza o Museo. En base a súa
importancia neses roteiros ponse moito énfase en varios deses aspectos, que
aquí non imos comentar todos para deixar algo “en suspense”.
Debuxo de X.M. Broz, ano 2007. |
A altura total e
exacta coñecímola fai catro anos cando se substituíu o pararraios que coroa a
cruz do cumio, e que contando esta érguese un total de 42 metros. Unha altura
moi considerable, pois estamos a falar do equivalente a un edificio de 13
plantas.
Fotos da substitución
do pararraios. Ano 2014.
Fotos onde se pode comprobar a grande altura da Torre do Convento
- Outro aspecto a comentar é o de que o primeiro corpo ou inferior (que chega ata o remate do primeiro piso da Casa Reitoral), correspóndese cun corpo sólido ou macizo, o que lle da un gran apoio e estabilidade á edificación. A partir de aí, coincidindo co segundo piso da Reitoral, o interior é oco e conta cunha escaleira de pedra con chanzos empotrados nos lenzos da torre, alternantes en tramos comprendidos entre os cinco e os seis escalóns e con descansiños intermedios.
Contabilízanse preto de 80 chanzos que bordean un oco de luz amplo, no que ían suspendidos os pesos do reloxo situado baixo o corpo de campás.
- Outro dato particular, que se corresponde cunha realidade facilmente verificable, e que non se trata dunha lenda urbana (como a de que o billete de 10 € reproduce a portada da Capela de San Roque, cousa que non é verdade) é que Melide conta cunha torre inclinada, cun acentuado declive cara ó norte, como pode comprobarse doadamente se a observamos dende a Praza das Universidades (antigamente do Instituto), ou dende Sabián, posto que dende eses puntos pode verse dende os flancos leste e oeste respectivamente.
Tense especulado que o motivo de tal inclinación puido deberse a un movemento sísmico, chegando a aludirse ó famoso Terremoto de Lisboa. Aspecto bastante improbable posto que dito sismo tivo lugar no ano 1755, e nesa data posiblemente non estaría edificada a torre actual. Como xa se dixo anteriormente por eses anos de mediados do século XVIII, aínda tiña que estar erguida torre antiga. Por outra banda tamén son manifestos os graves danos que sofre o alzado dos muros na nave da igrexa, que tiveron que ser reparados a finais do século XIX, como pode verse nunha estampa de Melide do ano 1904, na que se aprecia a reparación do muro oeste (frontis), na zona na que se adosa á torre. Para corrixir diversos problemas de estabilidade situáronse uns tirantes tensores baixo a bóveda de canón, de parede a parede.
- Unha falsa teoría (ou lenda urbana) é que para erguela construíuse unha gran rampla de terra que chegaría ata o Cruceiro ou cruce coa estrada de Toques. Como é sabido no século XVIII, e moitísimo antes (en época medieval, en época romana e incluso en momentos e culturas anteriores), o sistema construtivo estaba moi desenvolto, en base a andamiaxes, grúas e grandes roldanas e tornos de madeira con elementos de fixación e articulación de ferro, polo que esa teoría dunha rampla de terra é moi fantasiosa, porque costa imaxinar a cantidade de metros cúbicos de terra necesarios para levar a cabo semellante rampla, que por outra parte tería que ter unha base moi, pero que moi ancha, para contar cuns taludes estables e cun derrame progresivo, a proba de posibles corrementos. De ser así sería máis titánica a realización desa rampla que a da propia torre conventual.
Bibliografía:

Debuxo do interior da Torre onde se ve o entramado das escaleiras. Extraído do libro “A Vila de Melide” de X. M. Broz, páx 157. |
-
Para acceder ó corpo interior da torre
existen dous accesos, un dende a tribuna ou coro da nave da igrexa, ó carón do
órgano; e outro dende o faiado da Casa Reitoral. Tamén existe unha pequena
porta que serve de acceso ó tellado da nave da igrexa dende un dos últimos tramos
da escaleira da torre, previo ó corpo de campás.
Debuxo de X.M. Broz. Coro da Igrexa do Convento,
onde se ve a porta de acceso á Torre, ó lado do órgano.
Publicado no Boletín nº 6 do Museo da Terra de Melide, páx. 56. |
- Outro dato particular, que se corresponde cunha realidade facilmente verificable, e que non se trata dunha lenda urbana (como a de que o billete de 10 € reproduce a portada da Capela de San Roque, cousa que non é verdade) é que Melide conta cunha torre inclinada, cun acentuado declive cara ó norte, como pode comprobarse doadamente se a observamos dende a Praza das Universidades (antigamente do Instituto), ou dende Sabián, posto que dende eses puntos pode verse dende os flancos leste e oeste respectivamente.
Tense especulado que o motivo de tal inclinación puido deberse a un movemento sísmico, chegando a aludirse ó famoso Terremoto de Lisboa. Aspecto bastante improbable posto que dito sismo tivo lugar no ano 1755, e nesa data posiblemente non estaría edificada a torre actual. Como xa se dixo anteriormente por eses anos de mediados do século XVIII, aínda tiña que estar erguida torre antiga. Por outra banda tamén son manifestos os graves danos que sofre o alzado dos muros na nave da igrexa, que tiveron que ser reparados a finais do século XIX, como pode verse nunha estampa de Melide do ano 1904, na que se aprecia a reparación do muro oeste (frontis), na zona na que se adosa á torre. Para corrixir diversos problemas de estabilidade situáronse uns tirantes tensores baixo a bóveda de canón, de parede a parede.
Imaxe de Melide
de 1904.
Publicada no Boletín nº 10 do Museo da Terra de Melide, páx 46-47. |
Foto dos anos 90
dende a Praza das Universidades. Vese a Torre cunha evidente inclinación cara ó norte. Foto de X. M. Broz. Publicada no Boletín nº 10 do Museo da Terra de Melide. Páx 149. |
- Unha falsa teoría (ou lenda urbana) é que para erguela construíuse unha gran rampla de terra que chegaría ata o Cruceiro ou cruce coa estrada de Toques. Como é sabido no século XVIII, e moitísimo antes (en época medieval, en época romana e incluso en momentos e culturas anteriores), o sistema construtivo estaba moi desenvolto, en base a andamiaxes, grúas e grandes roldanas e tornos de madeira con elementos de fixación e articulación de ferro, polo que esa teoría dunha rampla de terra é moi fantasiosa, porque costa imaxinar a cantidade de metros cúbicos de terra necesarios para levar a cabo semellante rampla, que por outra parte tería que ter unha base moi, pero que moi ancha, para contar cuns taludes estables e cun derrame progresivo, a proba de posibles corrementos. De ser así sería máis titánica a realización desa rampla que a da propia torre conventual.
Foto da Igrexa
parroquial dende o Castelo, anos 30, Publicada no Boletín nº 10 do Museo da Terra de Melide, páx 49. |
- Un dato que lle da notoriedade á torre é
que xa no ano 1822 o célebre xeógrafo e matemático Domingo Fontán, autor da
“Carta xeométrica de Galicia” (coñecido como "Mapa de Fontán" presentado no ano 1834 á Raíña Rexente María Cristina), bota man da torre como estación topográfica para levar a cabo
as súas triangulacións matemáticas, de feito refírese á “Torre de Mellid” como
un dos seus fitos referenciais. Tamén é sabido que bota man igualmente, dunha
das torres do Mosteiro de Sobrado para tal fin, en concreto a torre noroccidental.
- Xa nos últimos tempos, quen non lembra
na década dos 80, cando un famoso funambulista italiano (Renato Bordini), e
membros da súa compañía estenderon un longo cable dende o corpo das campás ata
o Cruceiro, e subiron polo cable a pe mantendo o equilibrio mediante unha pértega
longa, ou como tamén subiron nunha bicicleta e nunha moto sen pneumático, é
dicir, apoiándose directamente nas llantas. E todo elo sen empregar rede de
seguridade. Daba xenio, e vertixe, contemplar ós equilibristas e tamén ós asistentes dos artistas
esperando a súa chegada na cornixa voada que serve de base do corpo
de campás.
Noutra ocasión
na que se fixeron traballos de retirada de vexetación e silvas na segunda
cornixa, a que precede ó corpo ochavado que serve de base da cúpula, puido
verse como os valentes operarios se movían por ela sen elementos de fixación e
como daban pasado entre os pináculos en forma de copas e os muros de dito
corpo, sen dificultade.
- Xa por último outros aspectos referidos
a súa posible autoría (arquitecto), patróns e pautas estilísticas e decorativas,
en que obradoiro se elaboraron as campás e quen foi o artesán das mesmas e as inscricións nos seus muros, detallaranse nos
roteiros guiados organizados polo Museo da Terra de Melide.
Debuxo da Igrexa
parroquial de Melide. Do Colexio de Arquitectos da Coruña. Publicada no Boletín nº 22 do Museo da Terra de Melide, páx. 58. |
Debuxo da publicación: "Arquitecturas da provincia da Coruña. Melide, Santiso, Sobrado e Toques”. páx 50. Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, |
Bibliografía:
-“Arquitecturas da provincia da Coruña.
Melide, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques”.
Escola Técnica Superior de
Arquitectura da Coruña. Editado pola Deputación da Coruña, ano 2007.
- Boletín nº 6 do Centro de Estudios
Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1991.
- Boletín nº 10 do Centro de Estudios
Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1997.
- Boletín nº 11 do Centro de Estudios
Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 1998.
- Boletín nº 22 do Centro de Estudios
Melidenses-Museo da Terra de Melide, ano 209.
- Santispiritus de Melide”. De Xosé
Manuel Broz. Ano 2004.
- “A Vila de Melide”. De Xosé Manuel Broz.
Ano 2015.
Artigo elaborado por Cristina Vázquez
Neira e Xurxo Broz Rodríguez.