Amosando publicacións coa etiqueta menhir. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta menhir. Amosar todas as publicacións

luns, 20 de xullo de 2015

O menhir máis grande de Galicia

PEDRAFITA DO CASAL (PARROQUIA DE CAMPOS, MELIDE) 

“O MENHIR MÁIS GRANDE DE GALICIA”

Melide pode sentirse moi orgulloso do seu destacado patrimonio monumental, histórico e arqueolóxico, xa que neste concello contamos con elementos únicos de especial relevancia. Nesta ocasión ímonos referir a un deles, á pedrafita ou menhir do Casal, que pode tratarse do menhir de maiores dimensións do territorio galego.

Este exemplar tan monumental apareceu no ano 2012 realizando unhas obras de ensanchamento dunha pista de terra. E foi posta en valor e dignificada gracias á acción desinteresada dos propietarios da parcela na que apareceu. Nestas liñas queremos destacar e agradecer o xesto da familia de Sara Seijas Fuciños, que tivo a sensibilidade de recuperar e deixar á vista este magnífico menhir.

  SANTOS, DEFUNTOS, MAGOSTO, SAMAÍN E HALLOWEEN: ENTRE A CONFUSIÓN DAS TRADICIÓNS E OS MITOS DO ALÉN GALEGO. Co gallo das celebracións de Sa...