Amosando publicacións coa etiqueta artesáns. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta artesáns. Amosar todas as publicacións

sábado, 5 de decembro de 2015

Artesáns de Melide

Nesta ocasión queremos realizar un artigo co fin de renderlle homenaxe, de maneira agradecida, ós artesáns de Melide, por contribuír a manter a nosa esencia cultural material, e evitar que esmoreza o legado dos vellos artesáns e dos obradoiros tradicionais. Por iso escribimos este artigo centrado nos artesáns que existen actualmente en Melide, e que desenvolven os seus oficios como actividade propiamente profesional e non como afeccionados.


Por tal motivo centrámonos nos artesáns en activo e non nos xubilados e desaparecidos, aínda que estes foron os vellos mestres ou inspiradores dos artesáns actuais. Polo tanto hai que resaltar o papel que desenvolven os artesáns de hoxe na perpetuación das vellas prácticas de produción manual, que procura a calidade, o emprego de materia prima natural e realiza a súa produción conxugando deseños tradicionais en harmonía coas demandas estéticas dos novos tempos.

  SANTOS, DEFUNTOS, MAGOSTO, SAMAÍN E HALLOWEEN: ENTRE A CONFUSIÓN DAS TRADICIÓNS E OS MITOS DO ALÉN GALEGO. Co gallo das celebracións de Sa...