martes, 23 de decembro de 2025

 VALORIZACIÓN DO DECANO DOS CRUCEIROS DE GALICIA (2ª parte)


Continuamos amosando particularidades e compartindo novas que teñen que ver con este singular ben do patrimonio cultural. Esta serie de entradas forman parte da sección do Facebook do Museo que, cunha periodicidade mensual, imos amosando paseniañamente aspectos tanto a nivel artístico, estilistico e interpretativo, como da utilización deste elemento como emblema e icona para múltiples facetas e actividades da vida de Melide. Así podemos ver como a súa imaxe é utilizada en portadas de pubñicacións, como logo e escudo de equipos deportivos ou mesmo formando parte da decoración de bombos dos grupos folclóricos. Continuamos nesta entrada amosando diversas particularidades, sendo a segunda parte da que iniciamos no mes de xuño neste blog.

venres, 19 de decembro de 2025

 A MÁMOA DO REI (VILABOA, PONTEVEDRA) 

E O FORNO DOS MOUROS (A MORUXOSA, TOQUES). 

DOUS EXEMPLOS MOI SEMELLANTES DE ARQUITECTURA MONUMENTAL MEGALÍTICA

Nesta entrada imos amosar o exemplo dunha anta (ou dolmen) de cámara e corredor, moi semellante ó caso do Forno dos Mouros situado na Serra do Bocelo, na divisoria entre Toques e Sobrado dos Monxes. Concretamente estamos a presentar a espectacular “Mámoa de Rei” situada na Chan de Castiñeiras, no Concello de Vilaboa (Pontevedra).

Mámoa do Rei

mércores, 29 de outubro de 2025

 PUÑAL DE ESPIGO DO MONTE DAS PENAS (TOQUES) NO PARQUE ARQUEOLÓXICO DA ARTE RUPESTRE DE CAMPO LAMEIRO



No Centro de interpretación da Arte Rupestre de Campo Lameiro (Pontevedra) atópase exposto nunha vitrina un puñal de espigo procedente do Concello de Toques. O achado do puñal é o resultado dun dos traballos arqueolóxicos realizados dentro do proxecto de “Arqueoloxía da Paisaxe na área Bocelo-Furelos”, un proxecto de amplo espectro dirixido e coordinado polo profesor Felipe Criado Boado, e subdirixido por diversos especialistas na arqueoloxía galega dende o Paleolítico ata a Idade Media.
Entre os anos 1987 e 1989 desenvólvense no Concello de Toques diversas intervencións para afondar no sistema de poboamento e de interacción das sociedades prehistóricas, protohistóricas e históricas no medio, é dicir, na adaptación das comunidades ó medio físico e, por ende, na correlación entre os grupos humanos e a paisaxe física (tanto no eido de asimilación, como no plano de “domesticación” da mesma).

xoves, 9 de outubro de 2025

 MODERNISMO EN MELIDE: CASA DO NOTARIO


Esta formidable casa é un dos tesouros artísticos da vila de Melide. Edificada a principios do século pasado, responde ás pautas decorativas propias do novo movimento artístico que estaba a desenvolverse en toda Europa, aínda que as pautas construtivas sexan ás dunha casa urbana tradicional.

martes, 23 de setembro de 2025

 Penas míticas e sacras da Terra de Melide (1ª parte).



Neste artigo imos falar dos monumentos naturais, destacados na paisaxe e recollidos na cartografía como elemento notorio á par de referencial. Recollemos nesta primeira entrada catro grandes penedos que son un fito referencial na paisaxe da bisbarra: A Pena Grande de Pezobrés; O Penedo do Hospital de San Nicolao; a Cheminea dos Mouros do Rechinol; a Pena Moura da Moruxosa; e as Pías de San Xurxo de Mourazos.

mércores, 3 de setembro de 2025

 O ESCUDO DE MELIDE.
(A significación do emblema municipal).


Nesta entrada de hoxe imos falar do escudo de armas de Melide, posto que consideramos que hai diversos aspectos descoñecidos, que compre sinalar.
Primeiramente imos parafrasear senllas descricións que sobre el fan dous estudosos da heráldica.
Así na entrada sobre Melide na “Gran Enciclopedia Gallega” Jaime Bugallal y Vela, reputado xeneloxista, fai unha descrición formal e iconográfica do mesmo, nos seguintes termos: “El Ayuntamiento de Melide trae por armas: de azur, la tiara pontificia, que es una mitra o bonete ovoide de plata, enfilado de tras coronas ducales de oro, sumado de un mundo o globo de oro, centrado y cruzado de lo mismo, con dos ínfulas de plata pendientes, franjadas de oro y sembradas de cruces de sable; la tiara brochante sobre dos llaves puestas en aspa, la de la diestra de oro y la siniestra de plata, y acompañada en punta de tres estrellas de oro. Al timbre, corona real cerrada.”.

martes, 12 de agosto de 2025

 OS CRUCEIROS DA TERRA DE MELIDE (1ª parte)


BALTAR, UN DOS MÁIS FERMOSOS EXEMPLOS

Amosamos unha estampa idílica, nunha carballeira de plantación, nun entorno natural, onde se conserva, alleo á vista de curiosos e visitantes (salvo aqueles que, motivados por unha paixón ou un profundo amor polo coñecemento do patrimonio se achegan a recunchos alonxados do noso concello) un dos cruceiros máis fermosos do termo municipal de Melide, datado no ano 1667, ademais de ser o máis relevante (despois do de Melide) en canto á súa tipoloxía, estilismo e figuración (sen menoscabo dos demais, xa que todos teñen a súa singularidade sobre todo en canto á súa idiosincrasia e sentimento). Obviamente, como decano de todos eles, dos máis de 50 cruceiros que temos en toda a bisbarra, destaca o Cruceiro de Melide, mais non por elo os demais carecen de beleza. Este cruceiro de Baltar, que comparte tipoloxía co de Santa María de Ordes (Toques) e Santa María de Novela (Santiso), é un dos máis elegantes e fermosos cruceiros. Os tres, á razón dun exemplo por concello da comarca, responden á Tipoloxía A, determinada por Xosé Manuel Broz no seu traballo sobre os “Cruceiros da Terra de Melide” e publicada xa no ano 1983, no boletín nº 2 do CEM-MTM, describíndoos da seguinte maneira que aquí reproducimos de xeito literal:

  VALORIZACIÓN DO DECANO DOS CRUCEIROS DE GALICIA (2ª parte) Continuamos amosando particularidades e compartindo novas que teñen que ver con...